Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.
PROPOSTA DE TRABALLO DE LINGUA GALEGA PARA 4º DE ESO NO PLAN PROXECTA DE PAISAXE E SUSTENTABILIDADE
1. OBXECTIVOS.-
Intentaremos coñecer cales foron os cambios que houbo dende a segunda metade do século XX ata a actualidade na paisaxe do monte comunal das aldeas cesureñas de Grobas e Fenteira. Para isto, partiremos da análise de distintos documentos que incluímos a continuación: un texto expositivo-argumentativo que analiza estes cambios en xeral en Galicia, as fotos aéreas de distintos anos desta zona,
artigos xornalísticos sobre os incendios ocorridos en 2006 neste lugar e os microtopónimos que aínda nomean distintas zonas dese monte.
2. PROCESO.-
2.1. Partiremos do visionado das fotos aéreas do monte de Grobas de distintos momentos dende a segunda metade do século XX ata a actualidade:
1. Realiza un mapa conceptual que resuma o apartado 4.1.
2. Define: MATOGUEIRA e ESTIVADA.
3. Elabora un breve esquema que recolla os dous tipos de matogueiras dos que se fala no apartado 4.2.
4. Con outro esquema, resume os plans de repoboación forestal que houbo a partir do século XIX, seguindo o apartado 4.3.
5. Indica brevemente con ideas separadas por guións cales foron as consecuencias medioambientais e socioeconómicas das repoboacións forestais.
6. Que actuacións critica o autor da política de prevención de incendios en Galicia nos últimos anos?
Elabora unha listaxe cos microtopónimos da zona que estudamos e procura unha clasificación do significado deles
3. ACTIVIDADE FINAL.
A actividade final consistirá na gravación dun documental que recolla eses cambios nos usos e na paisaxe no monte comunal de Grobas-Fenteira.
Para iso, seguiremos estes pasos:
PREPARACIÓN DA VISITA A GROBAS-FENTEIRA E A ENTREVISTA Á SR. ROSA, UNHA VECIÑA DA ALDEA DE QUE SE PRESTOU A COLABORAR NESTA ACTIVIDADE.
1. Elabora a listaxe de preguntas que lle faremos á Sr. Rosa.
2. Elabora unha proposta de guión, que recolla toda a información que fomos extraendo dos textos que analizamos.
SAÍDA A GROBAS.
1. 1. Entrevistaremos primeiro a Sr. Rosa e logo, acompañados do profesor de TICS, que dirixirá a rodaxe do documental e que se encargará co seu alumnado da edición do vídeo, realizaremos un percorrido polo monte comunal de Grobas-Fenteira, onde gravaremos distintas escenas que se incluirán nel.
Este curso participaremos no Plan Proxecta de Paisaxe e Sustentabilidade que se desenvolve no noso centro. Desde a área de lingua galega e do EDLG propomos a recollida, catalogación e análise dos microtopónimos do concello de Pontecesures, baseándonos en traballos xa publicados na web pero engadindo novos datos que complementen esta información. O obxectivo final será a edición dun tríptico que recolla a información máis relevante deste traballo e que inclúa fotos e textos relacionados cos lugares investigados.
Para comezar, esta listaxe de ligazóns será de interese para o noso traballo:
PORTAL DA TOPONIMIA DA XUNTA DE GALICIA
Nel poderás atopar moitos microtopónimos do noso concello.
Este videoclip satírico realizado no CPI de Dodro fainos reflexionar sobre a escasa conciencia colectiva en relación aos vertedoiros incontrolados de lixo:
O TRATAMENTO DO LIXO: O MODELO SOGAMA
Sobre o modelo de tratamento de lixo de Sogama temos os seguintes artigos: