DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

IRMANDADES DA FALA E RAMÓN CABANILLAS



A OBRA TEATRAL O MARISCAL BASÉASE NA FIGURA LENDARIA DE PEDRO PARDO DE CELA. LE ESTA INFORMACIÓN NA GALIPEDIA:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Pardo_de_Cela

PODEDES VER UN FRAGMENTO DA REPRESENTACIÓN QUE FIXO O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO EN MONICREQUES:

Comentarios (0) - Categoría: L. GALEGA 4º ESO - Publicado o 20-10-2011 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
RAMÓN CABANILLAS


Resolve esta caza do tesouro sobre O Mariscal Pardo de Cela:



Neste documental fálase sobre a figura histórica de Pedro Pardo de Cela:

Comentarios (0) - Categoría: L. GALEGA 4º ESO - Publicado o 20-10-2011 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
A DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA NO MUNDO
DISTINTAS SITUACIONS LINGÜÍSTICAS NO MUNDO. ESTATUS LEGAL DAS LINGUAS. EXEMPLOS EN EUROPA

PAÍSES MONOLINGÜES
-Só se fala 1 lingua en todo o territorio.
-Hai moi poucos casos no mundo. Calcúlase que no mundo hai aproximadamente 4.000 linguas distribuídas en 171 países.

LINGUA OFICIAL
-A lingua falada é a que está recoñecida na Constitución dese país.
PORTUGAL-portugués
ISLANDIA-islandés


PAÍSES MULTILINGÜES CON EQUILIBRIO LINGÜÍSTICO

-Dentro do país fálanse varias linguas pero cada unha delas só se emprega nalgunha rexión. Por tanto, o país é multilingüe pero as rexións son monolingües.
-Todas as linguas teñen un uso semellante.

LINGUAS OFICIAIS TERRITORIAIS

-A Constitución do país recoñece como oficiais todas as linguas, cada unha no seu territorio.
SUÍZA: -alemán
-francés
-italiano
-retorromano
BÉLXICA: -flamengo
-francés.


PAÍSES MULTILINGÜES CON DESEQUILIBRIO ENTRE AS LINGUAS

-Hai unha lingua que se emprega en todo o país pero hai rexións que teñen ademais a súa propia.

LINGUA DOMINANTE

-Teñen máis falantes dentro do país.
-Úsanse máis en determinados ámbitos (comercio, ensino, administración...) ou entre as clases altas.
-Aínda que haxa máis linguas no país, esta é a única que se recoñece na Constitución como a de todo o estado.
ESPAÑA- español
FRANCIA-francés
REINO UNIDO-inglés
ITALIA-italiano
ALEMAÑA-alemán
HOLANDA-neerlandés
DINAMARCA-danés
TURQUÍA-turco

LINGUAS AMEAZADAS OU MINORIZADAS

-Corren o risco de perderse se non aumenta o seu uso.
-Teñen menor número de falantes dentro do país cás dominantes (aínda que ás veces son moi faladas noutros países ou poden ser maioritarias na súa rexión).
-Son tan importantes como as dominantes porque cumpren as funcións de calquera lingua: a comunicación e a de identidade cultural.
-Están declaradas cooficiais xunto coa dominante só nunha parte do estado.
ESPAÑA- galego, euskera , catalán
GRAN BRETAÑA:gaélico-escocés, galés


LINGUA TOLERADA

-Non aparece recoñecida na Constitución do país
FRANCIA:bretón, occitano, catalán, euskera, alemán e corso
ITALIA:francés, alemán, esloveno, sardo, ladino, friulano
ALEMAÑA: frisón
BÉLXICA: alemán
HOLANDA: frisón
DINAMARCA: feroés, groenlandés.

LINGUA PROHIBIDA
-Á parte de non estar recoñecida, prohíbese por lei o seu uso
TURQUIA: kurdo


MAPA DAS LINGUAS MINORIZADAS EN EUROPA:

http://www.consellodacultura.org/cdsg/loia/mapas.php?Indice=0&idioma=1
Comentarios (0) - Categoría: L. GALEGA 4º ESO - Publicado o 14-10-2011 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal