DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

BLOQUES E ÁREAS DIALECTAIS DO GALEGO
Para comezarmos, podemos ver este vídeo feito por mozos/as de Dodro no que manifestan unha acendida defensa do galego con seseo e gheada:



Por alusións, outros mozos/as de Ribadeo afondan na idea da reivindicación do galego dialectal:



http://consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia/mapas.php?Indice=3&idioma=1

http://ilg.usc.es/ago/

BLOQUES E AREAS DIALECTAIS DO GALEGO ACTUAL


O galego podemos dividilo en tres áreas dialectais diferenciadas por unha serie de trazos dos cales só o do plural das palabras rematadas en -n é común a todo o territorio de cada unha delas. Á súa vez estes bloques poden ser subdivididos en áreas cando hai zonas con varios trazos comúns moi característicos de alí. Así temos no bloque occidental as áreas fisterrá, pontevedresa e tudense. No central a área mindoniense e a lucu-auriense. No occidental a asturiana, a leonesa e a zamorana.

Bloque Occidental


Comprende as zonas occidentais de A Coruña e Pontevedra. Característica común: Plural en -NS: camións.

-Existencia de gheada (ghato, amigho)que nas vilas costeiras presenta en lugar da aspiración un son semellante ó [x] castelán.
-Seseo parcial en todo o bloque, que é o que se dá só a final de sílaba (lus, des). Ademais, hai seseo total (a principio e final de sílaba) nas zonas máis costeiras ( faser, vesiño)
-Terminación AN(S) para os dous xéneros en formas como. O irmán/ a irmán
-Pronome suxeito TI
-Vocal temática analóxica -E- en formas como colleches en vez de colliches.
-Nalgunhas zonas do bloque (área tudense -Tui, A Guarda- e na fisterrá -Costa da Morte)empregan o ditongo UI como evolución do grupo latino -ULT-: muito, truita, luita
-Cheísmo (na área de Fisterrá) . Utilización do "che" tanto para complemento directo como complemento indirecto: Vinche pola noite.
-Teísmo (na área tudense -Tui, A Guarda) Utilización do TE tanto para o OD coma o OI: Colleute a bicicleta
-A alteración do timbre vocálico etimolóxico (chamada metafonía): dente (con e pechado), hora (con o aberto), sogro (o pechado)
-Formas verbais con -N- analóxico na 1ª persoa nalgunhas zonas como o Salnés: cantín
-Forma "foches" con vogal "O" no radical en vez de "fuches"

Bloque Central


Formado por toda a Galicia Central: falares do nordeste e interior de A Coruña , interior de Pontevedra e as provincias de Lugo e Ourense, agás a súa parte oriental. Característica común: plural en -S: camiós.
-Ausencia de gheada na parte máis oriental do bloque.
-Ausencia de Seseo, agás o parcial (lus, des) na parte da Coruña que pertence a este bloque.
-Terminación AO(S) para o masculino e Á para o feminino en formas como: O irmao/ a irmá¡
-Pronome suxeito TI na parte máis occidental e TU na máis oriental
-Vocal temática analóxica -I- en formas como colliches, partiches
- Ditongo OI como evolución do grupo latino -ULT: moito, troita, loita
-Sufixo número persoal -des na 2ª persoa do plural (cantades) ndes (cantandes). Nalgunha zona oriental podemos atopar a terminación -is (cantais)
-Pronome persoal "il" en lugar de "el" e demostrativos "iste, ise" na área lucuauriense (centro e sur de Lugo e zona central de Ourense)

Bloque Oriental


Constituído polo galego exterior (occidente de Asturias, León e Zamora) e ademais, o falado ao leste de Lugo e Ourense. Característica común a todo o bloque: Plural -IS para os nomes acabados en N: cais, aviois
-Ausencia de gheada
-Ausencia de Seseo
-Terminación IN por iño: camín, vecín (na área asturiana)
-Formas como caxa, baxar... no canto de caixa, baixar
-Pronome suxeito TU
-Formas verbais incrementadas co -n (cantein)
-Ditongo UI/ U como evolución do grupo latino ULT-: muito, muto, mutio
-Conservación do "U" en cua, gua: cuatro, cuando, guardo
-Sufixo -is na 2ª persoa do plural (vós cantais) e -i para o imperativo: cantai, collei

Extraído de: http://www.edu.xunta.es/centros/ieschapela/system/files/BLOQUES%20E%20AREAS%20DIALECTAIS.doc

Sobre a realidade do galego na comarca do Bierzo (León), podedes ler esta noticia do xornal Praza:

http://praza.com/cultura/1403/a-realidade-bilingue-do-bierzo/


Finalmente, cómpre saber que existe unha variedade galega falada nunha comarca do noroeste de Estremadura. Neste vídeo podémonos informar sobre ela:

Comentarios (0) - Categoría: L. GALEGA 4º ESO - Publicado o 12-12-2011 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
AS VANGARDAS POÉTICAS GALEGAS




Nesta ligazón podedes consultar diferentes exemplos de manifestos vangardistas europeos e, entre eles, o manifesto "Máis Alá", de Manuel Antonio e A. Cebreiro:

http://asvangardas.blogspot.com/2008/01/os-manifestos.html
Comentarios (0) - Categoría: L. GALEGA 4º ESO - Publicado o 12-12-2011 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
CASTELAO
Imos comezar escoitando falar ao propio Castelao:

http://www.consellodacultura.org/arquivos/asg/podcast/?cat=2


Presentación moi ilustradora da vida, ideoloxía e obra de Castelao feita polo profesor Román Cerqueiro Landín.



Podedes ver algunhas das Cousas da vida neste vídeo:



Unha das narracións do seu libro Cousas é esta: "O pai de Migueliño".

http://emigracion.xunta.gal/files/biografias_fich/11892_doc18003.pdf

1. Intenta exemplificar nestes dous relatos as seguintes características xerais da narrativa de Castelao:
-Crítica social.
-Lirismo.
-Utilización de numerosos recursos estilísticos.



Miguel Castelo dirixiu unha curtametraxe estreada en 1977 baseada nesta historia de Castelao. Despois de vela, reflexiona sobre estas cuestións:
1. Que elementos son novidosos no filme con respecto ao relato e cales son fieis a este?
2. En canto aos novidosos, que sentido ten que o director os introducira no filme?
3. En que dous fragmentos se retrata a diglosia no filme?




Para leres máis narracións de Cousas:

http://www.manuelrivas.com/cousas/

Agora pasemos á obra teatral Os vellos non deben de namorarse. Podemos visualizar este fragmento escenificado polo CDG:



Nel podemos ver tratado o vello tema literario do triángulo amoroso dende unha perspectiva satírica.

1.Comenta os sentimentos e as condutas que aparecen caricaturizadas en cada personaxe nesta escena.
2. Esta obra de Castelao encádrase dentro do subxénero da FARSA TEATRAL. Baseándote na definición que ofrece galipedia deste xénero, argumenta por que Os vellos non deben de namorarse é un exemplo de farsa.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Farsa
Comentarios (0) - Categoría: L. GALEGA 4º ESO - Publicado o 21-11-2011 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal