DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

"SON D'ALDEA", UNHA ACTIVIDADE DE COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ORAL E ESCRITA


Que é Son d’Aldea?
Son d’Aldea é unha actividade dinamizadora da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala a través dunha xornada de participación activa das persoas que se acheguen a Albá (Palas de Rei, Comarca da Ulloa) nesa xornada festiva.Trátase dunha aproximación ás coordenadas sociais e culturais do rural no pasado, e dunha reflexión sobre novas vías de ruralidade no presente.

Un recoñecemento á súa riqueza e á súa heteroxeneidade a través dun espectáculo teatral que transita por diferentes escenarios e que ofrece unha visión de diversos oficios do rural galego a mediados do século XX; dun Xantar con produtos elaborados por xente que traballa no rural na actualidade e dunha Romaría Tradicional que pechará este evento.

Esta xornada acompáñase dunha Mostra de Artesanía Alimentária e outra de Oficios Artesáns, que pretenden amosar as novas formas da economía na aldea. Unha radiografía subxectiva da situación do rural cargada de emoción e sensibilidade e con vontade de reflectir a filosofía vital do ser humano que habita esa contorna.

O poeta Carlos Negro reflexiona neste artigo de opinión sobre a importancia deste evento:

http://www.sermosgaliza.gal/opinion/carlos-negro/santiago-alba/20160906135906050795.html

Despois de leres o artigo, responde a esta cuestión:

1. Explica por que ás distintas actividades do festival "Son d'aldea" lles acaen estas características:
"recreación etnográfica"
"dignificación cultural"
"manifestación lúdica"
"carácter reivindicativo"
"carácter divulgativo"

2. Pon ao lado de cada característica a actividade do festival que mellor lle acae.

3. Indica cales son as medidas que se sinalan no vídeo para revitalizar o medio rural en Galicia.

4. Redacta un texto no que expliques cales cres ti que son as vantaxes e desvantaxes de desenvolver a vida profesional no medio rural na actualidade. Reflexiona tamén sobre as medidas políticas que se deberían adoptar para que aumente a poboación nas aldeas e, finalmente, explica un proxecto profesional que che parecería interesante para levar a cabo nelas. Lembra que o teu texto debe ter tres parágrafos.

Se queres coñecer máis sobre este evento visita esta páxina web:
https://sondaldea.wordpress.com/
Comentarios (0) - Categoría: L. GALEGA 4º ESO - Publicado o 10-09-2019 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
ROBERTO VIDAL BOLAÑO E O TEATRO A PARTIR DE 1975
Neste telexornal o alumnado do CPI dos Dices de Rois achégannos os datos máis relevantes da obra e vida do dramaturgo:




Completamos a información sobre o autor que nos ofrece esta presentación elaborada polo ENDL do IES Félix Muriel de Rianxo:

Comentarios (0) - Categoría: L. GALEGA 4º ESO - Publicado o 09-04-2015 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
VALENTÍN PAZ ANDRADE
web da Xunta sobre o escritor homenaxeado polo día das Letras Galegas

http://www.xunta.es/linguagalega/espazo_web_valentin_paz_andrade
Comentarios (0) - Categoría: L. GALEGA 4º ESO - Publicado o 26-06-2012 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal