DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

A DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA NO MUNDO
Este mapa conceptual sintetiza a información do texto que aparece na páxina 68. "O plurilingüismo. Situación e status das linguas".

Comentarios (0) - Categoría: TEORÍA 3º ESO - Publicado o 11-11-2015 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
IMPORTANTE DESCUBERTA DE CANTIGAS EN GALEGO POSTERIORES Á LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA
Cando se falaba de que o século XV era un ermo literario para o galego, varios investigadores descobren esta compilación poética nun arquivo privado:

http://praza.com/cultura/4398/o-achado-do-seculo-na-literatura-medieval-galega/
Comentarios (1) - Categoría: TEORÍA 3º ESO - Publicado o 12-05-2013 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
O PERGAMIÑO VINDEL
http://gl.wikipedia.org/wiki/Pergami%C3%B1o_Vindel
Comentarios (0) - Categoría: TEORÍA 3º ESO - Publicado o 11-10-2012 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
HISTORIA DA LINGUA GALEGA
Os primeiros habitantes de Galicia

Os primeiros habitantes de Galicia eran de orixe preindoeuropea e ao igual que os indoeuropeos deixaron a súa pegada na nosa lingua.
Deste xeito, atopamos no galego palabras pre-indoeuropeas (amorodo, lastra, veiga, etc.) e voces celtas (berce, bugallo, croio) que chegaron á nosa lingua unhas veces directamente e outras polo latín.

Os romanos

No mapa vemos os conventos bracarensis e lucensis, territorio natural onde xurdiu o galego-portugués
Os romanos chegan a Galicia (século 1 d.C.) moito máis tarde que ao resto da península (século III a.C.). Comeza así unha tardía romanización que conlevou a incorporación dos celtas (e outros pobos) á lingua e cultura dos conquistadores. O latín pasaba a se converter na lingua dos galegos, mais este proceso non se deu de contado, senón paseniñamente por mor de casamentos e de determinadas vantaxes administrativas como a cidadanía romana, o reparto das terras, etc.
O proceso de romanización tamén se deu noutros lugares, o que explica que da lingua utilizada daquela, o latín vulgar, derivasen as chamadas linguas románicas (o español, o catalán, o portugués, o romanés, o francés, o italiano, etc.).

A chegada dos xermanos

A partir do século V chegan a Galicia pobos de raza e lingua xermánica que non son quen de asimilaren lingüisticamente ós galego-romanos, outro tanto acontecería coa escasa presenza dos árabes no noso país e a chegada de novas vagas celtas de Bretaña. Destes contactos, o galego recibe un gran número de préstamos lingüísticos tanto xermánicos (laverca, espeto, roupa, etc) como árabes en menor medida e máis indirectamente (Mamede, laranxa, aceite, azucre...).

Do latín ao galego

A transformación do latín en galego produciuse de maneira progresiva e imperceptible. É imposible dar unha data exacta desde a que o latín é galego. No século VIII a lingua da igrexa e da administración era tan distante da falada que hai dous sistemas diferentes: o latín e o galego. Nembargantes non aparecerán textos escritos en galego ata finais do século XII, xa que o latín continuaba a ser a lingua da cultura, dos documentos legais, da liturxia e do ensino, non só na Gallaecia romana, senón en toda a Europa medieval.
O documento literario máis antigo dos coñecidos hoxe é a cantiga satírica Ora faz ost'o senhor de Navarra de Joam Soares de Paiva, escrita cara ao ano 1200. Dos comezos do século XIII datan os primeiros documentos non literarios en galego, Noticia de Torto (1211) e o Testamento de Afonso III de Portugal (1214). Recentemente foi achado o documento mais antigo escrito na Galiza, o cal data do ano 1228. Trátase do Foro do bõ burgo de Castro Caldelas outorgado por Afonso IX en Abril do dito ano ao municipio de Allariz. O mais antigo documento latino-galego-portugués, encontrado en Portugal, é chamado de Doação à Igreja de Sozello, encóntrase no Arquivo Nacional da Torre do Tombo, e é datado do ano de 870 d.C.
Galicia constitúe xa desde o século VIII unha unidade política cos reinos de Asturias e León; malia esta situación, chega a acadar unha certa autonomía que lle permitiu conformarse como reino independente en determinados momentos dos séculos X, XI e XII. Neste contexto o galego é a lingua exclusiva no uso oral, cunha competencia minguante do latín na escrita. Ha ser a presión deste monolingüísmo oral o que leve no século XIII a unha situación de cooficialidade entre o galego e o latín nos documentos notariais, bandos, preitos, etc., aínda que o latín segue a posuír o estatus de lingua universal de cultura.




http://gl.wikipedia.org/wiki/Historia_da_lingua_galega


Substrato, estrato e superestrato da lingua galega






Vídeo sobre as orixes da lingua galega:



A Galicia celta, mito ou realidade?

Un tema de discusión frecuente é o peso que ten a cultura celta na nosa identidade diferencial. Neste artigo o autor dun estudo de toponimia dá a súa opinión:

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/fernando-cabeza-quiles-negacionismo-do-celtismo-ven-do-nacionalismo-espanol/20140925184220030892.html

-Cal é a tese de fondo que defende? En que argumentos basea a súa opinión? A quen critica e por que os critica?
Comentarios (0) - Categoría: TEORÍA 3º ESO - Publicado o 24-09-2012 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
EDUARDO PONDAL
Na páxina da Biblioteca Virtual Galega podemos ler unha biografía do poeta bergantiñán, así como ler parte da súa obra.

http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=EduGonz%E1

Nesta presentación, temos información resumida e ben organizada sobre o noso autor:
http://www.slideboom.com/presentations/397843/Eduardo-Pondal

O poema máis coñecido de Eduardo Pondal é o titulado "Os pinos", cuxas primeiras estrofas, musicadas por Pascual Veiga, se converteron en himno galego. Escoitade esta versión:




Posteriormente téñense feitos versións da melodía do himno, como esta de "Los suaves":

Comentarios (0) - Categoría: TEORÍA 3º ESO - Publicado o 22-05-2012 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
MANUEL CURROS ENRÍQUEZ
Para comezar con este grande poeta do Rexurdimento, propoño que visitedes na páxina da súa fundación o apartado relativo á biografía:

http://www.currosenriquez.es/PAGINAS/O%20poeta/O%20poeta.html

Nesta presentación resúmense as características básicas da obra de Curros Enríquez:

curros
View more PowerPoint from IES


Agora podemos visitar a páxina da Biblioteca Virtual Galega que recolle todos os poemas de Aires da miña terra. Comentaremos primeiramente "Mirand'ó chau".

http://bvg.udc.es/indice_paxinas.jsp?id_obra=Aid%27miTe1&id_edicion=Aid%27miTe1003&cabecera=%3Ca+href%3D%22ficha_obra.jsp%3Fid%3DAid%2527miTe1%26alias%3DManuel%2BCurros%2BEnr%25EDquez%22+class%3D%22nombreObraPaxina%22%3EAires+d%27a+mi%F1a+terra%3C%2Fa%3E&alias=Manuel+Curros+Enr%EDquez&formato=texto


1.Entre outros, este poema suscitou as iras do bispo de Ourense, que levou a Curros aos tribunais. Explica que comportamentos e sectores sociais critica Curros neste poema.
2.Comenta como aparece retratada a figura de Deus no poema.

Lemos agora o poema "O mayo" e escoitamos esta versión musicada que incorpora imaxes da festa tradicional dos maios, da que se fala neste poema:



1. En que consiste a festa tradicional dos maios? Para responderes, podes basearte no que aparece en Galipedia sobre este festexo:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Festa_dos_maios

2. Partindo desta tradición, que males da sociedade da súa época critica Curros?


Comentarios (0) - Categoría: TEORÍA 3º ESO - Publicado o 08-05-2012 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
ROSALÍA DE CASTRO
Na páxina web da fundación Rosalía de Castro, atoparedes unha biobibliografía detallada da escritora.

http://rosaliadecastro.org/rosalia/biografia/

Na Galipedia aparece explicada a ruta rosaliana, un traxecto turístico polos arredores de Santiago e Padrón que tiveron algunha importancia especial para a escritora.


https://gl.wikipedia.org/wiki/Ruta_Rosaliana



No site da Biblioteca Virtual Galega, podedes consultar os poemas de Cantares gallegos e de Follas Novas, así como outros textos da escritora. Lede e comentade un dos máis famosos de Cantares gallegos: "Adiós ríos, adiós fontes":

http://bvg.udc.es/paxina.jsp?id_obra=CaGa++++1&alias=Rosal%EDa+de+Castro&id_edicion=CaGa++++1002%20%20%20%20%20%20&formato=texto&pagina=4&cabecera=%3Ca+href%3D%22ficha_obra.jsp%3Fid%3DCaGa++++1%26alias%3DRosal%EDa+de+Castro%22+class%3D%22nombreObraPaxina%22%3ECantares+Gallegos%3C%2Fa%3E%20%20%20%20%20%20&maxpagina=8&minpagina=1


Na páxina "son de poetas", cuxo enlace tedes na sección "literatura galega", aparece unha versión musicada dun poema post-mortem que lle dedicou Curros Enríquez. Nela refírese aos "lobos" que a "comeron". Relaciona este poema con outro de Rosalía, que aparece tamén nesta mesma páxina de son de poetas: "A xusticia pola man". Despois de ler o poema, atópaslle sentido á calificación de "chorona" que parte da crítica lle viña dando? Consulta máis poemas de Follas Novas para corroborar a túa opinión. Neste sketch de humor de "Air Galicia" satirízase tamén este tópico que se creou sobre a obra rosaliana:

http://www.youtube.com/watch?playnext=1&index=9&feature=PlayList&v=m0wyw7kQwkg&list=PLE7B91413D0B09EBC
Despois de leres todo isto a ver se es capaz de resolver este cuestionario aloxado na páxina da as-pg:
http://www.as-pg.com/webquests/derosalia/index.html

A raíz dos actos de conmemoración do 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos, a escritora Marta Rivera, unha escritora en castelán, foi seleccionada pola Xunta para o evento. Ante as críticas recibidas, ela defendeuse argumentando que tamén Rosalía fora criticada polo movemento nacionalista e por iso deixara de escribir en galego. Neste artigo analízanse as causas que motivaron que Rosalía decidise non publicar máis libros en galego a partir de 1880, así como cal era a realidade sociolingüística da Galicia da súa época:

http://praza.com/cultura/3961/por-que-rosalia-dixo-que-non-volveria-escribir-en-galego/
Comentarios (0) - Categoría: TEORÍA 3º ESO - Publicado o 16-04-2012 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
O GALEGO NO SÉCULO XIX
Comentarios (0) - Categoría: TEORÍA 3º ESO - Publicado o 28-02-2012 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
OS SÉCULOS ESCUROS
Que causan explican que unha lingua tan prestixiosa como o galego na Idade Media pasa a ser un dialecto burdo do castelán na a partir do século XV, inservible para o cultivo literario e o ámbito formal? Nesta páxina de Galipedia están as claves da resposta. Despois de lelo, intenta interpretalas:


http://gl.wikipedia.org/wiki/S%C3%A9culos_Escuros

Nesta presentación recóllense moitos dos tópicos pexorativos sobre Galicia e os galegos que recolleron os escritores do Século de Ouro español e que evidencian a baixa consideración social da nosa cultura naquela época. A través deles quizais se explique mellor a ausencia do galego na literatura e no ámbito formal en xeral:

Comentarios (0) - Categoría: TEORÍA 3º ESO - Publicado o 23-02-2012 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
A PROSA MEDIEVAL
Comentarios (0) - Categoría: TEORÍA 3º ESO - Publicado o 23-02-2012 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal