Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.
De cara a esta data, necesaria para que nos deteñamos a revisar patróns educativos sexistas que imos asimilando dende pequenos/as, deixamos este mapa conceptual para a reflexión na aula:
Este ano, ademais, adxuntamos aquí a ligazón á obra dunha artista, Yolanda Domínguez, que nos axuda a analizar comportamentos que asumimos no día a día como normais e supostamente inocentes, mais que están detrás da desigualdade de xénero e, á súa vez, da violencia de xénero.