DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

VOCABULARIO DA FORMA DE SER


AUDAZ: Atrevido
OUSADO: Atrevido.
AFABLE: Agradable, falador (no bo sentido)
PROBO: Honrado, honesto.
MAÑOSO: Habilidoso.
HABELENCIOSO: Habilidoso.
NUGALLÁN: Vago.
LACAZÁN: Vago.
GANDULO: Vago.
TEIMUDO: Cabezón.
TESTÁN: Cabezón
OBSTINADO: Cabezón.
LIZGAIRO: Dise da persoa que comprende axiña e sabe o que lle convén.
MANICHO: Zurdo.
ARGALLANTE: Dise de quen inventa mentiras para enganar.
LERCHO: Dise de quen fala máis do debido, sen respectar a ninguén.
MESQUIÑO: Dise da persoa ruín, mala, tacaña.
PAPALEISÓN: Dise da persoa fácil de enganar ou que apampa con calquera cousa.
FURABOLOS: Fedello, que non para quieto.
MIÑAXOIA: Dise da persoa inocente, sen malicia.
RENARTE: Dise da persoa astuta.

CASTELANISMOS FRECUENTES RELACIONADOS CON ESTE CAMPO SEMÁNTICO


CASTELANISMO PALABRA CORRECTA

Extrovertido (que lle gusta
relacionarse e falar cos demais)EXTRAVERTIDO

Listillo (que presume moito SABICHÓN
do que sabe)


VOCABULARIO DAS EMOCIÓNS E SENTIMENTOS


AGLAIO: asombro
DESPEITO: enfado violento por un desengano
ARREPIADO: asustado
MAXÍN: pensamento, facultade de pensar.
APREHENSIÓN: prexuízo contra algo, receo
DESACOUGO: intranquilidade.
MÁGOA: pena.
AFLICIÓN: pena.
LEDICIA: alegría.
SEÑARDADE: morriña.
SAUDADE: morriña, nostalxia.
AGARIMO: cariño.

CASTELANISMOS FRECUENTES RELACIONADOS CON ESTE CAMPO SEMÁNTICO



CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*xemir XEMER
*soledad SOIDADE
*ternura TENRURA
*envidia ENVEXA
*amistade AMIZADE
*compasión COMPAIXÓN
*solidaridade SOLIDARIEDADE

VOCABULARIO DAS VIAXES

ARRIBAR: chegar

CASTELANISMOS HABITUAIS RELACIONADOS CON ESTE CAMPO SEMÁNTICO


CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*muelle PEIRAO
*vuelo VOO
*trayecto TRAXECTO
*aterrizaxe ATERRAXE

VOCABULARIO DA EDICIÓN E A IMPRENTA

PRELO: lugar onde se imprime un libro
INCUNABLE: libro impreso dende a invención da imprenta ata 1500
MANUSCRITO: libro escrito a man, anterior á imprenta.
CÓDICE: libro manuscrito.
OPÚSCULO: obra científica ou literaria de curta extensión.
SUMARIO: índice.
PREFACIO ou PREÁMBULO ou PROEMIO ou LIMIAR: prólogo
GLOSARIO: parte do libro onde se explica algún vocabulario.
APÉNDICE: anexo, parte final do libro onde se completa a información.

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*TRADUCTOR TRADUTOR
*DISEÑADOR DESEÑADOR



CAMPO SEMÁNTICO DAS ARTES

GRAVADO: técnica de reproducir imaxes mediante unha matriz traballada en relevo.
ARTE RUPESTRE: arte prehistórica das gravacións en pedra.
ICONOGRÁFICO: relativo á representación artística de imaxes ou figuras.
PETROGLIFO: gravado prehistórico feito en pedras ao aire libre.
GALERÍA DE ARTE: local onde se expoñen obras de arte co obxecto de vendelas.
MUSEO: local onde se custodian e expoñen obras de arte.
MECENAS: persoa que patrocina a un pintor ou artista.
MARCHANTE: persoa que comercia con obras de arte.
MAZA: martelo de gran tamaño
CICEL: utensilio para labrar a pedra.
TALLA: proceso escultórico consistente en quitar madeira, pedra...para facer unha figura.
PÁTINA: tonalidade verdosa que se forma sobre o bronce ou outros metais co paso do tempo. Tamén o aspecto terroso e opaco que van adquirindo as pinturas ao óleo co paso do tempo.
DESBASTAR: tallar a pedra ou a madeira para facer unha escultura.
HIERÁTICO: relacionado coas cousas e usos sagrados ou sacerdotais. Tamén se emprega para referirnos ao estilo que representa solemnidade extrema, sen manifestar ningún sentimento. Ex. : No retablo daquela igrexa había unha talla dunha Virxe con xesto hierático.
ESMALTE: Técnica artística na que se aplica verniz vítreo.
FRESCO: técnica de pintura que consiste en estender as cores antes de que seque o xeso.
BASTIDOR: armazón de madeira para fixar os lenzos sobre os que se pinta.

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*arcilla ARXILA
*yeso XESO
*martillo MARTELO
*mármol MÁRMORE

CAMPO SEMÁNTICO DOS DEPORTES

ESPELEOLOXÍA: incursións por grutas
VOGAR: remar
AVITUALLAMENTO: entrega de comida e bebida aos deportistas.
BALIZA: sinal marítimo que marca o camiño da regata.

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*entrenamiento ADESTRAMENTO
*calentamiento QUECEMENTO
*manillar GUIADOR
*sillín SELA
*regate CANEO
*zancadilla CAMBADELA
*buceador MERGULLADOR

CAMPO SEMÁNTICO DOS ESPECTÁCULOS: o circo

MALABARISTA: persoa que lanza diferentes obxectos ao aire e mantenos en movemento.
FUNÁMBULO: persoa que fai equilibrios sobre unha corda.
EQUILIBRISTA: persoa que fai exercicios de equilibrio.
ACRÓBATA: persoa que fai saltos e equilibrios no aire.
TRAPECISTA: persoa que fai equilibrios e saltos nunha barra horizontal pendurada de dúas cordas.

CAMPO SEMÁNTICO DOS ESPECTÁCULOS: o teatro

ANFITEATRO: bancadas semicirculares para o público.
GALIÑEIRO: último palco, o máis alto.
BAMBOLINA: panos laterais por onde entran e saen os actores e actrices.
TREMOIA: mecanismo para subir e baixar decorados.
BASTIDOR: armazón de madeira, metálico, etc. que sustenta o decorado.
PROSCENIO: parte que queda entre o pano e o público
ENTREMÉS: obra teatral curta que se representa no intermedio dunha longa
PANTOMIMA: espectáculo teatral mudo.
MONICREQUE: marioneta
COMPAÑÍA: conxunto de actores e actrices que traballan de forma estable na representación de obras teatrais.
ELENCO: conxunto de actores e actrices que traballaron xuntos nunha obra teatral en concreto.

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*telón PANO



CAMPO SEMÁNTICO DOS SENTIDOS E AS SENSACIÓNS

RINCHAR: ruído dos cabalos, de rozar os dentes ou un ruído desagradable.

BRUÍDO: ruído continuo, como o do mar.

FUNGAR: ruído do vento, zoar.

TATEXAR: tartamudear.

REBUMBIO:
Ruído forte, continuo, por exemplo das cidades.

BALBORDO: ruído

ESTRONDO: ruído forte e repentino.

ZUMBAR: son dos insectos

CHIAR: son dos paxaros.

ESTOUPIDO: ruído dunha explosión

SILANDEIRO: silencioso. VESGO:
Que só ve dun ollo, ou coa vista torcida.

FITAR: fixar a vista en algo.

ALBISCAR: divisar, ver ao lonxe. RECENDENTE: que cheira ben

FEDORENTO: que cheira mal.

CHEIRAR: ulir

TUFO: fedor, mal cheiro. MOL: brando

DONDO: suave.

MORNO: temperado, nin frío nin quente. ACEDO: *ácido en castelán.

DOCE: *dulce en castelán

SABOROSO:
*sabroso en castelán.

VOCABULARIO DAS LEIS

TESTAR: facer testamento.
XUÍZ DE PAZ: persoa que non ten a carreira de xuíz pero que nun concello exerce como tal en faltas menores.
ALEGAR: citar un feito como proba.
ARQUIVAR: pechar un caso.
DESESTIMAR: Contestar negativamente a un recurso xudicial.
COMISAR: incautar bens como sanción.
DERROGAR: abolir unha lei. Revogar.
REQUIRIR: solicitar mediante un procedemento legal.
SOBRESER: deter un proceso xudicial.
VEREDICTO: sentenza xudicial

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*xuez XUÍZ
*xuzgado XULGADO
*amonestar AMOESTAR
*atestiguar TESTEMUÑAR
*concurrir CONCORRER
*querella QUERELA
*aplazar APRAZAR
*soborno SUBORNO
*incurrir INCORRER
*recurrir RECORRER

VOCABULARIO DOS DOCES E O PAN

PAN ÁCIMO: o que non leva fermento
PAN DE BOROA: pan de fariña de millo.
MOLETE: pan de forma redonda.
CHUSCO: peza pequena e alongada de pan.
AMOLENTAR: facer que algo se poña brando.
LEVEDAR: Fermentar unha masa.
SALFERIR: salpicar gotas.
BICA: biscoito de fariña de millo.
FLAMEXAR: queimar o licor que se lle botou a unha comida.

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*pan rayado PAN RELADO
*tostar TORRAR
*rallar RELAR
*almendrado AMENDOADO
*bizcocho BISCOITO
*milhojas MILFOLLAS
*hojaldre FOLLADO
*leite frita LEITE FRITO
*cañas CANAS
*jarabe XAROPE
*dulce de membrillo DOCE DE MARMELO

VOCABULARIO DO CINE

EXTRA: Persoa que participa esporadicamente en escenas multitudinarias de cine.
FIGURANTE: Actor con papeis de pouca importancia.
ACTOR DE REPARTO: actor para papeis secundarios.
PRODUTOR DE CINE: responsable do financiamento da película e contratación.
FIGURINISTA: deseña o vestiario.
CLAQUETA: instrumento de dúas pezas de madeira onde se anuncia o plano que se vai rodar.
Comentarios (0) - Categoría: CARTAFOL DE PALABRAS 4º ESO - Publicado o 21-09-2010 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal