DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

VOCABULARIO DO VESTIARIO


PUCHA: peza de tea, con ou sen viseira, empregada para cubrir a cabeza.
BRINCO: pendente.
CHAPEU: sombreiro.
PELIZA: peza de roupa feita ou forrada de pel.
ROUPAXE: vestimenta da realeza para unha cerimonia oficial.
ROUPÓN: mantas de la.
LUVAS: guantes.
CAXATO: bastón

CASTELANISMOS FRECUENTES RELACIONADOS CON ESTE CAMPO SEMÁNTICO


CASTELANISMO PALABRA CORRECTA

Corbata GRAVATA

Pañuelo PANO

Chubasquero CHUVASQUEIRO

Sombrilla PARASOL

Reloj RELOXO


VOCABULARIO DA FAUNA

BUBELA: ave de peteiro longo e crista de cores vistosas.
VACALOURA ou ESCORNABOIS: insecto de cor negra que posúe uns cornos da mesma cor.
LOBETO: Cría do lobo
CÁGADO: Cría da ra.
LEBRACHO: cría da lebre.
BACORIÑO: cría do porco.
AUGAMAR: medusa
TEIXUGO: porco teixo
XABARIL: porco bravo.
PARRULO: pato
ARROAZ ou GOLFIÑO: delfín

CASTELANISMOS FRECUENTES RELACIONADOS CON ESTE CAMPO SEMÁNTICO


CASTELANISMO/PALABRA CORRECTA
*lombriz LOMBRIGA ou MIÑOCA
*ballena BALEA
*luciérnaga VAGALUME ou LUCECÚ
*comadrexa DENOSIÑA
*mariposa BOLBORETA
*golondrina ANDORIÑA
*lechuza CURUXA
*nutria LONTRA
*martín pescador MARTIÑO PEIXEIRO
*lirón LEIRÓN
*murciélago MORCEGO
*salamandra PÍNTEGA ou SALAMÁNTIGA
*ardilla ESQUÍO
*mariquita XOANIÑA
*tortuga TARTARUGA ou SAPOCONCHO
*pavo real PAVÓN
*conexo COELLO
*camello CAMELO
*buitre VOITRE
*zorro RAPOSO ou GOLPE
*gaviota GAIVOTA
*cigüeña CEGOÑA

O TEMPO ATMOSFÉRICO
ENXURRADA: auga con lodo que corre polos camiños despois de chover moito.
CARAMBELO ou LAZO: Auga conxelada que pendura das tellas ou que está nos charcos.
LÓSTREGO ou ALUSTRO: raio
ORBALLO ou POALLA ou ZARZALLO: choiva débil e fina.
BRÉTEMA: néboa.
REFACHO: golpe forte de vento.
FOGAXE: bochorno.
TREBÓN ou TREBOADA ou BÁTEGA ou BALLÓN: choiva forte e repentina.
FOLERPA: pinga de neve.
CORISCO: vento moi frío con choiva.
BORRAXEIRA: néboa mesta e baixa sobre o mar.
RAIOLA: raio de sol

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*granizo SARABIA


CAMPO SEMÁNTICO DAS ÁRBORES, FROITOS E FLORES

GALLA: rama, póla pequena.
XEMA: gromo de onde sae unha nova folla.
DEVESA: terreo cerrado con árbores autóctonas e pasto
SOUTO: terreo con castiñeiros.
FRAGA: terreo con diversas árbores autóctonas (carballos, bidueiros, acivros...)
SERODIO: tardío.
TEMPERÁN: de cedo.
CARABUÑA: óso das froitas.
CAROZO: parte interior das mazás ou do millo

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*PEREXIL PIRIXEL
*CLAVEL CARAVEL
*ORÉGANO OUREGO
*TOMILLO TOMIÑO
*AVELLANA ABELÁ
*MEMBRILLO MARMELO
*ALMENDRA AMÉNDOA
*NARANXA LARANXA
*ACEITUNAS OLIVAS
*NÍSPERO NÉSPERA
*PELADILLO PEXEGO
*PEPITAS PEBIDAS
*ABEDUL BIDUEIRO
*ALISO AMENEIRO
*SAUCE SALGUEIRO
*ALCORNOQUE SOBREIRA
*ACEBO ACIVRO
*HAYA FAIA
*TEJO TEIXO


CAMPO SEMÁNTICO DO MAR E OS BARCOS

LEME: temón
ARRIAR AS VELAS: baixar as velas.
DORNA: embarcación tradicional galega, a remo ou cunha soa vela, de pequeno tamaño.
GAMELA: embarcación pequena de fondo plano, a remo ou cun pequeno motor, que se utiliza como auxiliar na pesca de baixura.
QUILLA: peza inferior do barco que vai de proa a popa

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*timón TEMÓN
*yate IATE
*mástil MASTRO

CAMPO SEMÁNTICO DO TEMPO CRONOLÓXICO

ANACRÓNICO: dise daquilo que non está de acordo coa época que se está tratando. Ex.: Resulta anacrónico que nesa película de romanos fumen puros habanos.
ESTIVAL: relacionado co verán
OUTONIZO ou OUTONAL: relacionado co outono.
AMENCER ou LUMBRIGAR ou ROMPENTE ou ABRENTE ou AMAÑECER ou ALBORADA
SERÁN: última parte da tarde.
SOLPOR: Posta de sol.
LUSCOFUSCO: momento posterior á posta de sol e anterior á noite, crepúsculo.
NOITIÑA: cando case é de noite. Tamén sinónimo de luscofusco ou anoitecer.
LUSTRO: período de cinco anos.
BIENIO: período de dous anos.
CORENTENA: período de corenta días.
QUINCENA: período de quince días.
QUINQUENIO: período de quince anos.
SEMPITERNO: dise do que dura sempre.
TEMPERÁN: de cedo.
EFÉMERO: que pasa rápido, que dura pouco.
MATUTINO: de cada mañá.
ULTERIOR: que sucede despois. Posterior.
INTRE: punto preciso no tempo. Instante.
INTERVALO: espazo de tempo entre dous momentos.
AGOIRAR: Prever algo malo que vai suceder.
PREVER: adiviñar algo que vai suceder no futuro. (Non confundir con PREVIR: tomar medidas para que algo non suceda no futuro).
DEMORAR: tardar.


CAMPO SEMÁNTICO DOS MEDIOS DE TRANSPORTE


FUNICULAR ou TELEFÉRICO
TÁNDEM: bici para dúas ou máis persoas.
AUTOCAR: autobús para excursións.
AUTOBÚS: para liñas regulares.
ÓMNIBUS: autobús grande.
MICROBÚS: autobús pequeno.
TROLEBÚS: de tracción eléctrica.

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*automóvil AUTOMÓBIL

CAMPO SEMÁNTICO DAS FORMAS DA PAISAXE

CHAIRA: terreo chan
VEIGA: terreo fértil á beira dun río ou corrente de auga. Leira ou leiras dedicadas ao cultivo.
FERVENZA: caída de auga, catarata.
ENCORO: presa.
ESTEIRO: zona de costa onde desemboca un río que queda cuberta pola preamar; estuario.
ABA: ladeira dunha montaña.
CURUTO: cima dun monte.
OUTEIRO: elevación no terreo.
CANTIL: acantilado.
RELANZO: remanso dun río.
SEARA: leira na que se sementa cereal.
FURNA: cova mariña nun cantil.


FERRAMENTAS E UTENSILIOS

O ALICATES: ferramenta en forma de tenaces con puntas chatas.
MACHADO: ferramenta para cortar leña

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*taladro TRADE
*martillo MARTELO
*cúter COITELA
*tuerca PORCA
*tornillo PARAFUSO
*destornillador DESAPARAFUSADOR
*cinta aislante CINTA ILLANTE
*tenazas AS TENACES
* clavos CRAVOS

CAMPO SEMÁNTICO DA GASTRONOMÍA

VITELA: tenreira
ADUBAR: adobar, aliñar.
LANDRA: belota
SUMILLER: persoa encargada dos viños e licores no restaurante.
ENÓLOGO: Persoa especializada na análise, elaboración e conservación dos viños.
GOURMET: Persoa de gustos refinados para a comida.
CHEF: Xefe de cociña
VENTRECHA: parte do ventre dalgúns peixes.
ANDROLLA: Embutido con costela de porco típica do entroido ourensán.
BICA: torta de millo

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*parrilla GRELLA
*soja SOIA
*guisantes CHÍCHAROS
*rape PEIXE SAPO
*membrillo MARMELO
*pulpo POLBO
*zanahoria CENORIA
*chuleta COSTELETA
*bacalao BACALLAU
*cañas CANAS
*xudías FEIXÓNS
*solomillo SOLOMBO
*besugo OLLOMOL
*tostadas TORRADAS
*lubina ROBALIZA
*postre SOBREMESA
*tarta TORTA
*helado XELADO

CAMPO SEMÁNTICO DOS XOGOS

BUXAINA: trompo
BILLARDA: xogo tradicional que consiste en darlle cun pau a outro máis pequeno para conseguir que este salte o máis lonxe posible.
MARIOLA: xogo que consiste en saltar por riba dunhas raias pintadas no chan
CREBACABEZAS: rompecabezas

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*axedrez XADREZ
*crucigrama ENCRUCILLADO
*baraxa BARALLA
*canicas BÓLAS

CAMPO SEMÁNTICO DA PRENSA

O EDITORIAL: artigo que manifesta a opinión do equipo directivo do xornal ou da revista.
GACETA: publicación periódica de temas específicos.
BOLETÍN: publicación especial dunha institución.
SUPLEMENTO: Caderno anexo que un xornal publica de maneira independente dentro do número ordinario.
TIRADA: número de exemplares que se imprimen cada día no xornal.
TIPOGRAFÍA: tipo de letra
SECCIÓN: parte dun xornal.
Comentarios (0) - Categoría: CARTAFOL DE PALABRAS 3º ESO - Publicado o 21-09-2010 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal