DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

VOCABULARIO DAS OPINIÓNS PERSOAIS

COTIÁN: dise do que se fai a miúdo, do que é habitual.
PLAUSIBLE: dise daquilo que merece o noso aplauso.
SUXESTIVO: suxerente, dise daquilo que é emocionante ou atractivo.
INSOSPEITADO: inesperado
INESGOTABLE: dise do que non se pode acabar ou esgotar.
RUTINEIRO: dise do que se fai habitualmente.
CATIVADOR: dise do que capta o noso interese.
ABRAIANTE: sorprendente.
ENGAIOLANTE: sinónimo de cativador.
PARADOXAL: contraditorio
SALIENTABLE: dise do que destaca sobre o resto.

CASTELANISMOS FRECUENTES RELACIONADOS CON ESTE CAMPO SEMÁNTICO


CASTELANISMO PALABRA CORRECTA

Rentable RENDIBLE

Costoso CUSTOSO

Efímero(que dura pouco tempo EFÉMERO

Increíble INCRIBLE

Peligroso PERIGOSO

Inolvidable INESQUECIBLE

Apasionante APAIXONANTE

Placenteira PRACENTEIRA

Sofocante SUFOCANTE

VOCABULARIO DA AULA


LECER: tempo de ocio ou de recreo.
TABOLEIRO: Encerado

CASTELANISMOS HABITUAIS RELACIONADOS CON ESTE CAMPO SEMÁNTICO


CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*estudiante ESTUDANTE
*cartulina CARTOLINA
*gradas BANCADAS
*firma SINATURA
*asignatura MATERIA
*balcón VARANDA
*corcho CORTIZA
*pasillo CORREDOR
*silla CADEIRA
*turno QUENDA
*resumen RESUMO
*estuche ESTOXO
*línea LIÑA
*grapadora GRAMPADORA
*apuntes APUNTAMENTOS
*evaluación AVALIACIÓN
*peldaño CHANZO
*tiza XIZ

VOCABULARIO DAS RELACIÓNS SOCIAIS


PREITEAR: levar a xuízo

LARETAR: falar mal da xente.

ROSMAR: falar polo baixo.

REXOUBAR: Falar mal da xente

ARREMEDAR: Imitar a alguén.

ALEDARSE: alegrarse.

ALPORIZARSE: enfadarse.

REBATER: dicir un argumento en contra do que dixo alguén.

TRANSIXIR: permitir.

ACUBILLAR: resgardar.

AGARIMAR: dar cariño.

AGASALLAR: regalar

AMOLAR: fastidiar

CASTELANISMOS FRECUENTES RELACIONADOS CON ESTE CAMPO SEMÁNTICO


CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*aguantar ATURAR
*aislar ILLAR
*apaciguar APAZUGAR
*pelear PELEXAR
*ensalzar ENXALZAR
*apodar ALCUMAR
*complacer COMPRACER
*interrumpir INTERROMPER
*acercarse ACHEGARSE
*entrometerse ENTREMETERSE

VOCABULARIO DAS PARTES DA CASA

CANCEIRA: onde dorme o can
EIRA: zona de arredor da casa onde se mallaba o cereal.
PIORNO: hórreo
ADEGA: bodega
VALADO: muro

CASTELANISMOS RELACIONADOS CON ESTE CAMPO SEMÁNTICO

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*CHIMENEA CHEMINEA
*VELETA CATAVENTO
*FALLADO FAIADO
*BUZÓN CAIXA DO CORREO
*PALOMAR POMBAL
*BUHARDILLA BUFARDA
*CANCILLA CANCELA
*COBERTIZO ALPENDRE/ ALBOIO
*SÓTANO SOTO
*SETO A SEBE


VOCABULARIO DOS OBXECTOS E XOGUETES

FIBELA: peza metálica para atar o cinto
ABELORIO: cada unha das pezas do colar; doa
BIRLOS: bolos
FERRALLA: chatarra
FERROLLO: pasador de ferro que serve para trancar portas ou ventás. Tamén burato por onde se introduce a chave na pechadura
FERRETES: remaches metálicos de certas prendas de roupa. Tamén extremo dos amallós para facilitar que entren nos agulletos.
BUXAINA: trompo

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*rompecabezas CREBACABEZAS
*parrilla GRELLA
*hebilla FIBELA
*silbato CHIFRE
*sonajero AXÓUXERE
*muelle RESORTE
*clavija CARAVILLA (da guitarra)
*anzuelo ANZOL
*ganchillo GANCHO
*plancha FERRO DE PASAR
*sedal SEDELA
*candado CADEADO
*manillar GUIADOR
*pestillo FERROLLO
*linterna LANTERNA
*alfiler ALFINETE


VOCABULARIO DOS ADXECTIVOS APLICABLES ÁS PARTES DA CARA E AO ASPECTO FÍSICO

ASPECTO FÍSICO XERAL:
LANZAL: fermoso, esvelto
FEBLE: débil
ENXOITO: fraco
REXO: forte
MIÚDO: delgado
REPOLUDO: gordo

NARIZ:

NACHO: chato
AQUILINO: curvado e fino
AFIADO: fino e puntiagudo
RECACHADO: remata curvado cara a arriba

OLLOS:
GACIOS: de cor azulada RISCADOS: *achinados AMENDOADOS: con forma de améndoa
SALTÓNS: saídos para fóra
AFUNDIDOS: metidos para dentro

PELO
ROXO:entre castaño claro e amarelo
RUBIO:*pelirrojo
LOIRO: amarelo
CRECHO: rizado ou rizo
LASO: liso, *lacio



CARA:

OVADA: *ovalada, con forma de ovo.
ALONGADA: *alargada
ESBRANCUXADA: pálida
ARROIBADA: colorada.

VOCABULARIO DA FAUNA E A FLORA

CASTELANISMOS RELACIONADOS COAS PLANTAS PALABRA CORRECTA
*acebo ACIVRO
*alcornoque SOBREIRA
*abedul BIDUEIRO
*pino PIÑEIRO
*laurel LOUREIRO
*sauce SALGUEIRO



CASTELANISMOS RELACIONADOS COS ANIMAIS PALABRA CORRECTA
*saltamontes SALTÓN
*avispa AVESPA ou AVÉSPORA
*abubilla BUBELA
*tejón TEIXUGO ou PORCO TEIXO
*comadreja DENOSIÑA ou DONICELA
*gorrión PARDAL
*golondrina ANDORIÑA
*mariquita XOANIÑA
*mariposa BOLBORETA
*petirrojo PAPORROIBO
*erizo OURIZO
*ardilla ESQUÍO
*codorniz PASPALLÁS
*xabalí XABARIL ou PORCO BRAVO
LIBÉLULA ou CABALO DO DEMO
VACALOURA ou ESCORNABOIS

SONS QUE EMITEN CERTOS ANIMAIS:

CABALO: RINCHA
OVELLA: BEA
VACA: BRÚA
BURRO:ORNEA
GATO: MIAÑA
LOBO: OUVEA

VOCABULARIO DA FORMA DE SER

FEDELLO: que non para quieto
ARROUTADO: irreflexivo, que non pensa o que fai.
TROULEIRA: que lle gusta andar de festa
TROLEIRO: mentireiro
CHAMBÓN: chafalleiro.
RETRANQUEIRO: Irónico
POUSÓN: persoa lenta, que non se move
LERIANTE: que trama mentiras coas que enreda á xente.
GUIADO: obediente
ARTEIRA: que obra con malicia para conseguir o que lle convén. Tamén mañosa, que ten habilidade
FEITICEIRA: encantadora
BARULLEIRA: que fai moito ruído. Tamén que fala sen ter razón.
FACHENDOSO: orgulloso.
BULEBULE: inquieto.
COITADO: persoa con pouco valor ou ánimo para facer as cousas.

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*tierna TENRA
*osado OUSADO
*testarudo TESTÁN
*inxenioso ENXEÑOSO
*perezoso PREGUICEIRO, FOLGAZÁN...
*risueño RISEIRO

VOCABULARIO DAS ACCIÓNS

FICAR: quedar.
FENDER: partir.
ARGALLAR: tramar algo.
DESBOTAR: rexeitar.
ABOAR: pagar
INVERTER: darlle a volta
AGOCHAR: esconder.
ALBISCAR: ver ao lonxe.
REGULAMENTAR: crear un conxunto de normas polas que rexerse.
ADIAR: aprazar.
LISCAR: marchar con rapidez.
ESGOTAR: acabar; tamén cansarse.
REMEXER: revolver.
DERRAMAR: botar por fóra; tamén estragarse algo.
PESCUDAR: investigar.
ASEXAR: espiar

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*invertir diñeiro INVESTIR
*añadir ENGADIR
*recurrir RECORRER
*recorrer un camiño PERCORRER
*trepar RUBIR
*alejar AFASTAR
*garantizar GARANTIR

VOCABULARIO DO PARENTESCO

XENRO: marido da filla
NORA: muller do fillo.
DEVANCEIROS: antepasados.
LIÑAXE: serie de xeracións dunha familia.
VINCULEIRO: primoxénito
PADRASTO: esposo da nai.
CURMÁN: primo.
CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*abuelo AVÓ
*huérfano ORFO
*bisnieto BISNETO
*doña DONA
*tutor TITOR
*hermano IRMÁN
*parexa PARELLA
*xemelo XEMELGO
*novia NOIVA
*viúdo VIÚVO
*conyuge CÓNXUXE
*heredeiro HERDEIRO
*benjamín CERRAPORTELOS

VOCABULARIO DOS OFICIOS

OURIVE: persoa que traballa ouro, prata.
CONCELLEIRO: cargo político do Concello.
CONSELLEIRO: cargo político da Xunta.

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*entrenadora ADESTRADORA
*sastre XASTRE
*albañil ALBANEL
*ciruxano CIRURXIÁN
*barrendeiro VARRENDEIRO
*vixilante VIXIANTE
*inxeniera ENXEÑEIRA
*diseñador DESEÑADORA
*xardinero XARDINEIRO
*buzo MERGULLADOR
*corresponsal CORRESPONDENTE


PALABRAS PARÓNIMAS (son as que teñen unha forma parecida)

ESPERTO (non durmido) EXPERTO (especialista)
ACTITUDE (forma de actuar)APTITUDE (cualidade)
ESTUDIO (apartamento) ESTUDO (de estudar)
TESTO (tapa da pota) TEXTO (composición escrita ou oral)

CAMPO SEMÁNTICO DAS ACTITUDES

RECEAR: desconfiar
SALAIAR: lamentarse, queixarse.
ESPREITAR: esperar a ver se sucece algo.
ALDRAXAR: insultar.
ESMORECER: perder o ánimo
TATEXAR: tartamudear.
ARREPIARSE: asustarse moito.
ACHANTAR: sufrir con paciencia aquilo que se fai de mala gana
ASOBALLAR: humillar a alguén
ARREPOÑERSE: enfrontarse a quen nos asoballa.

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*peligrar PERIGAR
*arriesgar ARRISCAR
*latir LATEXAR
*temblar TREMER



Comentarios (0) - Categoría: CARTAFOL DE PALABRAS 2º ESO - Publicado o 21-09-2010 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal