DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

O ASEO PERSOAL (PAX. 13)


CASTELANISMOS HABITUAIS/PALABRA CORRECTA

*GRIFO > BILLA

*TIXEIRAS>TESOIRAS

*PEINE>PEITE

*ESCOBA>VASOIRA

*CHAMPÚ>XAMPÚ

*BAIETA>BAETA

*ESTROPAXO>ESTROPALLO

*CORTAUÑAS>CORTAÚNLLAS

*DESODORANTE>DESODORIZANTE

*LEXÍA>LIXIVIA


O CORPO HUMANO (p. 29)

AXILA: sobaco

ACENAR: facer xestos

CADRIL: parte inferior do lombo

ALOUMIÑAR: acariciar

OLLAR: mirar

VENTAS: orificios do nariz

CASTELANISMOS HABITUAIS RELACIONADOS CON ESTE CAMPO SEMÁNTICO


CASTELANISMO/PALABRA CORRECTA
*muslo COXA
*rodilla XEONLLO
*xemelo PAPO DA PERNA
*tobillo NOCELLO
*empeine PEITO DO PÉ
*talón CALCAÑAR
*codo CÓBADO
*muñeca PULSO
*párpados PÁLPEBRAS
*pestañas PESTANAS
*pupila MENIÑA DO OLLO
*cexas CELLAS
*nuca CALUGA
*pestañear PESTANEXAR
*tumbarse TOMBARSE
*reír RIR
*ingle VIRILLA
*cintura O VAN
*omóplato O OMOPLATA
*ombligo EMBIGO
*hombro OMBREIRO
*barbilla QUEIXO
*mejillas MEIXELAS
*a nariz O NARIZ
*frente FRONTE
*sienes AS TEMPAS
*arrodillarse AXEONLLARSE
*guiñar CHOSCAR OS OLLOS




A SAÚDE (P. 45)


MENCIÑEIRO: persoa sen titulación académica de Medicina que se dedica a curar con remedios tradicionais.

DOENZA: enfermidade.

SARABULLO: erupción cutánea

MENCIÑA: Medicamento

MEDICINA: Medicamento. Tamén ciencia ou carreira universitaria.

ESTRIBEIRA: Pano para suxeitar o brazo ao pescozo cando ten algunha doenza.

PROÍDO: picazón.

CABALEIRO: Dor no pescozo por unha mala postura.

FONENDOSCOPIO: Aparello para auscultar o corazón.

INFLUENZA: gripe.

HEPATITE: inflamación do fígado

DERMATÓLOGO: Médico especialista da pel

ODONTÓLOGO: Médico especialista da dentadura.

OFTALMÓLOGO: Médico especialista da vista.



CASTELANISMOS RELACIONADOS CON ESTE CAMPO SEMÁNTICO

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*xarabe XAROPE
*xeringuilla XIRINGA
*fiebre FEBRE
*camilla PADIOLA ou ANGARELLAS
*inyección INXECCIÓN
*doctora DOUTORA
*esguince ESCORDADURA ou TORCEDURA
*sarampión SARAMPELO ou XARAMPÓN
*vacuna VACINA
*escalofríos CALAFRÍOS
*ciruxano CIRURXIÁN
*cansancio CANSAZO


VOCABULARIO DOS SENTIDOS

RECENDENTE: que cheira ben.
FEDORENTO: que cheira mal.
ATEIGADO: cheo.
RESESO: que está duro porque se pasou.
MORNO: nin quente nin frío.
NOXENTO: que dá noxo.
ESCINTILANTE: que brilla.
ENXOITO: seco.
SILANDEIRA: silenciosa.
MOL: brando.
INSÍPIDO: que non ten sabor.

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*OSCURO ESCURO
*PEGAJOSO PEGAÑENTO
*ENSORDECEDOR ENXORDECEDOR
*SABROSA SABOROSA
*AGRIO AGRE
*SALADO SALGADO
*DULCE DOCE
*VACÍO BALEIRO
*HELADA XEADA

VOCABULARIO DAS REFLEXIÓNS E OPINIÓNS

CAVILAR: pensar
TITUBEAR: dubidar se facer unha cousa ou outra.
PROGNOSTICAR: prever o que sucederá no futuro
DISCORRER: pensar. Tamén transcorrer.
ADOITAR: acostumar. (Non confundir con ADOPTAR: un fillo ou tomar medidas)
PESCUDAR: investigar
SUXERIR: dar un consello ou opinión
PREGAR: suplicar. Pedir. Dobrar algo.
LEMBRAR: recordar
PREDICIR: prognosticar.
CISMAR: insistir sempre na mesma idea.
REXER: ser dono de, gobernar. Tamén pode ser estar ben da cabeza
DESENVOLVER: levar a cabo un traballo ou unha idea.

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*acostumbrar(se)ACOSTUMAR(SE)
*dudar DUBIDAR
*correxir CORRIXIR
*razonar RAZOAR
*creer CRER
*xuzgar XULGAR
*plantexar FORMULAR, PROPOÑER, PRESENTAR

VOCABULARIO DAS COMIDAS

XANTAR: comer ao mediodía
RILLAR: mastigar con forza.
DEBULLAR: quitar os grans dunha espiga
ENGULIR: tragar sen mastigar.

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*masticar MASTIGAR
*desaiunar ALMORZAR
*cenar CEAR
*batir BATER
*endulzar ADOZAR
*rebanada REBANDA
*rodaxa TORO
*freír FRITIR
*tostar TORRAR
*tostadas TORRADAS
*pepitas PEBIDAS
*bacalao BACALLAU
*garbanzos GARAVANZOS
*besugo OLLOMOL
*conexo COELLO
*lentejas LENTELLAS
*merluza PESCADA
*gaseosa GASOSA
*naranjada LARANXADA
*zumo ZUME
*jabalí XABARIL
*fresas AMORODOS
*guisantes CHÍCHAROS
*xudías FEIXÓNS
*moras AMORAS
*ternera TENREIRA


CAMPO SEMÁNTICO DO VESTIARIO

OLLAL: buraco onde se meten os botóns para pechar unha prenda
CAXATO: bastón
CHAPEU: sombreiro.
LUVAS: guantes.
SORTELLA: anel.

CASTELANISMOS RELACIONADOS CON ESTE CAMPO SEMÁNTICO

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*calzoncillo CALZÓN
*corbata GRAVATA
*falda SAIA
*bolsillo PETO
*solapas LAPELAS
*collar COLAR
*capucha CARAPUCHA
*pañal CUEIRO
*gafas AS LENTES
*reloj RELOXO
*anillo ANEL
*pañuelo PANO DA MAN
*pañueleta PANO DA CABEZA
*desnudarse ESPIRSE
*estropear ESTRAGAR, DERRAMAR
*arrugar ENRUGAR
*planchar PASAR A FERRO
*largo LONGO
*corto CURTO
*floxo FROUXO
*apretado APERTADO

VOCABULARIO DA FORMA DE SER DAS PERSOAS

CHAFALLEIRO: que fai as tarefas a correr e mal.
COIDADOSO: que ten coidado das cousas.
ASISADO: prudente, razoable.
TÚZARO: terco. Tamén que non fala coa xente, introvertido.
TRAMPULLEIRO: que fai trampas.
FOLGAZÁN, NUGALLÁN, LACAZÁN: vago.
LERIANTE: que inventa mentiras para liar a xente.
CACHAZUDO: que ten moita pachorra, que é lento.
AGONIADO: que anda sempre ás présas, estresado.
PILLABÁN: que fai trasnadas.
ESPELIDO: listo.
VAIDOSO: orgulloso.
ARGALLEIRO: que trama trampas, que inventa cousas para enganar a xente. Tamén pode ser que organiza diversións e festas.
LARPEIRO: que lle gustan os doces.
MECOSO: que lle gustan os mimos.
APOUCADO: que se acovarda facilmente.


VOCABULARIO DAS FERRAMENTAS

ALCAIATAS: pezas metálicas para pendurar algo da parede.

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*perchero COLGADOIRO
*cúter COITELA
*tornillos PARAFUSOS
*martillo MARTELO
*cinta aislante CINTA ILLANTE
*tenazas TENACES
*destornillador DESAPARAFUSADOR
*tuercas PORCAS
*barniz VERNIZ
*taladro O TRADE
*estantería ANDEL


VOCABULARIO DAS RELACIÓNS HUMANAS

DEVECER: desexar con ansia. Ex. Devezo por ver a miña tía.
COBIZAR: desexar o que teñen os demais.
ASOBALLAR: abusas de alguén, humillándoo.
ANOXARSE: enfadarse.
AMIGAR: facerse amigo dunha persoa.
ACOUGAR: calmarse.

CASTELANISMO PALABRS CORRECTA
*traicionar TRAIZOAR
*engañar ENGANAR
*arriesgar ARRISCAR
*despreciar DESPREZAR
*disculpar DESCULPAR
*enamorarse NAMORARSE
*perxudicar PREXUDICAR
*alexarse AFASTARSE
*alabar GABAR
*rechazar REXEITAR


VOCABULARIO DOS DEPORTES

CABEZADA: lanzar o balón coa cabeza.
COBADEIRA: tea para protexer o cóbado

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*xavalina XAVELINA
*pértiga PÉRTEGA
*escuadra TRAVESEIRO
*tarxeta roxa CARTÓN VERMELLO
*zancadilla CAMBADELA
*entrenador ADESTRADOR
*canasta CANASTRA
*gradas BANCADAS
*rodillera XEONLLEIRA
*manillar GUIADOR
*sillín SELA
*regate CANEO
*agujetas MANIOTAS
*calambre UNHA CAMBRA
*silbato CHIFRE
*abuchear APUPAR

VOCABULARIO DA COCIÑA

TESTO: utensilio que serve para tapar a pota.
RELADOR: utensilio para relar verduras, queixo...
OLA: pota baixa de barro.

CASTELANISMO PALABRA CORRECTA
*cucharón CULLERÓN
*colador COADOR
*embudo FUNIL ou EMBUDE
*campana extractora CAMPÁ EXTRACTORA
*calentador QUENTADOR
*sartén TIXOLA
*cubo da basura CALDEIRO DO LIXO
*lavavajillas A LAVALOUZA
*vertedeiro VERTEDOIRO
*exprimidor ESPREMEDOR
*batidora BATEDORA
*tostador TORRADOR
*sacacorchos TIRARROLLAS
*freidora FRIXIDEIRA
*tenedor GARFO
*cuchara CULLER
*cuchillo COITELO

Categoría: CARTAFOL DE PALABRAS 1º ESO - Publicado o 15-09-2010 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal