DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

LETRAS E DÍGRAFOS


-Todos os nomes das letras son masculinos: g “o gue”, q “o que”, x “o xe”…
-Un dígrafo é un conxunto de dúas letras que representa un único son: ch, ll, rr, nh, qu, gu.
*gu + e, i: guitarra, guerra.
*gü + e, i: Non é dígrafo, porque soa o u: pingüín, paragüeiro.
*rr: só se pon en posición intervocálica: carro. Despois de consoante ponse R aínda que soe múltiple: Henrique, xenro…
-O c e o z representan o mesmo son, pero van con vogais diferentes:
*c + e, i: rapaces, acio.
*z + a, o, u: rapaz, zapato, zoco, zume.

DITONGOS, HIATOS E TRITONGOS


DITONGOS: a, e, o + i, u (átonos): a-de-mais, meu, am-bien-te, ac-tuar

i,u (átonos) + i, u: pui-do, fu-xiu

HIATOS: a, e, o + a, e, o: ó-e-me.

a, e, o + í, ú (tónicos): tí-a, sú-a, a-ín-da, sa-ú-da

i, u + í, ú (tónicos): mi-ú-do, mu-í-ño

TRITONGOS: i, u +a, e, o + i, u: fiei-to, ac-tuou.

NORMAS DE ACENTUACIÓN


-Palabras agudas: O golpe forte de voz vai na última sílaba: trac-tor. Levan til as rematadas en vogal, -n, -s, -ns: avó, canción, camións.
Non se acentúan as agudas rematadas nun ditongo decrecente: ademais, amou.

-Palabras graves: O golpe forte de voz vai na penúltima sílaba: me-sa. Levan til as rematadas en consoante distinta de –n, -s: mártir.

-Palabras esdrúxulas: O golpe forte de voz vai na antepenúltima sílaba: cár-ce-re. Levan til todas: véxoo, ámoa.

-Palabras con hiatos con I ou U: Levan sempre til: tía, súa, aínda, baúl.

-Palabras coa combinación tónica IU, UI: Se o acento recae na segunda das vogais, levan til: muíño, miúdo. Se o acento vai na primeira, non leva til: puido, fuxiu.

-Palabras estranxeiras: adáptanse ás normas anteriores: bádminton.

-Adverbios rematados en –mente: nunca levan til: practicamente

-Exclamativos e interrogativos: non levan til: ¿Que queres?

PALABRAS CON ACENTUACIÓN DISTINTA AO CASTELÁN


AGUDAS: chofer

GRAVES: mísil, réptil, téxtil, acne, parasito, atmosfera, paxaro, heroe, vertixe, neon.

ESDRÚXULAS: olimpíada, período.


O TIL DIACRÍTICO


Á -Preposición + artigo: Vou á túa casa.
-De paxaro A gaivota rompeu a á.

A -Preposición: Vou a Lugo.
-Artigo: A mesa rompeu
-Pronome persoal: Non a vexo alí.

CÁ -Ca + a: É máis alto avoa
CA -Conxunción comparativa:É máis alto ca min.

CHÁ -Plana: Terra Chá
CHA -Che + a:Non cha dou.

DÁ -Verbo dar: Non me nada.
DA -De + a: Veño da casa.

É -Verbo ser: É meu irmán
E -conxunción: Chamei a Xoán e María.

MÁIS -Adverbio de cantidade: Non quero máis
MAIS -Pero:Fun alí mais non estabas.

PÓR -Verbo poñer: Non vou pór o abrigo
POR -Preposición:Vou por estrada.

CASOS DE TIL DIACRÍTICO QUE DEPENDEN
DO TIMBRE VOCÁLICO (E, O TÓNICOS)

CON E/O ABERTOS (LEVAN TIL) CON E/O PECHADOS (NON LEVAN TIL)


CÓ: -Ca + o: É máis alto tío
CO: -Con + o: Vou co avó

NÓS: Pronome tónico: Nós non fomos.
NOS: Pronome átono:Non nos viron.

Ó (S): -a + o(s): Vou ó cine
O (S): -Artigo: O colexio empezou
-Pronome persoal: Non o vexo.

SÓ: -Soamente: veu el.
-Sen compaña: Estou .
SO: -Debaixo de: O libro está so a mesa.

VÓS: pronome tónico: Vós non comedes
VOS: pronome átono: Non vos deixaron ir.

BÓLA: balón: Tirou a bóla fóra.
BOLA: pan: Non me gusta a bola

CÓMPRE: é necesario: Cómpre que veñas axiña
COMPRE: verbo comprar: Non quero que compre iso.

DÓ: compaixón: Ten de min.
DO: de+o: Veño do centro.

FÓRA: adverbio de lugar: Vaite fóra
FORA: -verbo ser: Non creo que fora el.
-verbo ir: Non fora á casa aínda.

NÓ: atado cunha corda: fixen un coa corda.
NO: en+o: Estou no centro.

ÓSO: esqueleto: Rompín o óso.
OSO: animal: Nos Ancares hai osos.

PÓLA: rama: Rompeu a póla da árbore
POLA: galiña: A pola puxo un ovo.

PÉ: extremidade: Manqueime nun
PE: letra: O pe vai detrás do o.

PRÉSA: Adverbio, apuro: Teño présa.
PRESA: -Capturada: O lobo non solta a súa presa.
-puñado: Leva unha presa de caramelos.
-encoro: A presa leva moita auga.
-encarcerada: Luísa está presa.

SÉ: episcopal: O bispo abandonou a súa .
SE: -pronome persoal: Non se lava.
-conxunción condicional: Se vés hoxe, avisa.

TÉ: infusión: Non me poñas máis .
TE: -pronome persoal: Non te vin onte.
-letra: O te vai despois do ese.

VÉN: presente de indicativo de VIR: el vén hoxe.
VEN: -imperativo de VIR: Ven aquí, Luís.
-presente de indicativo de VER: Eles non ven ben.

VÉS: presente de indicativo de VIR: ¿Vés hoxe?
VES: -Presente de indicativo de VER: Ti non ves sen lentes.


USO DOS SIGNOS DE PUNTUACIÓN


A COMA:

-ENUMERACIÓNS: Gústame a música, o cine, o teatro...
-OMISIÓN DUNHA FORMA VERBAL: Ela di que si; eu, que non.
-SEPARAR VOCATIVOS: Antón, ven axiña.
-ANTES DA ORACIÓN PRINCIPAL SE A SUBORDINADA VAI DIANTE: Se vés, chama.
-SEPARAR ORACIÓNS ACLARATIVAS: Hoxe, o da máis curto do ano, comezan as vacacións de Nadal.
-PARA SEPARAR EXPRESIÓNS ACLARATORIAS (é dicir, ou sexa, polo tanto): Luísa non chegou, é dicir, non creo que veña.
-ENDEREZOS: Rúa nova, 27.

O PUNTO:

-SEPARAR ORACIÓNS: Non vai vir hoxe. Mañá tampouco chegará.
-ABREVIATURAS: Sr., D.
-DATAS E HORAS: 25.08.2010 12.14
-NON SE USA O PUNTO NOS SÍMBOLOS INTERNACIONAIS, NAS SIGLAS E DESPOIS DO SIGNO DE INTERROGACIÓN E ADMIRACIÓN: cm, ESO, Chegas hoxe? Non.

O PUNTO E COMA:

-NAS ENUMERACIÓNS CANDO XA HAI COMAS: Xavier , o irmán de Eva, ten quince anos; Miguel, dezaseis e eu, vinte.
-EN ORACIÓNS LONGAS ANTES DAS CONXUNCIÓNS E LOCUCIÓNS ADVERSATIVAS (PERO, NO ENTANTO, NON OBSTANTE): O outro día quedamos en que este domingo sairíamos todas; pero agardei e non chegou ninguén.

DOUS PUNTOS:

-ENUMERACIÓN EXPLICATIVA: Ten todo tipo de vehículos: moto, bici, coche...
-CITA TEXTUAL: Carlos dixo: “Teño que marchar”.
-NAS CARTAS: Querida María:
-PARA DAR EXPLICACIÓNS: Ti tes unha gran virtude: sabes escoitar.

PUNTOS SUSPENSIVOS:

-ENUMERACIÓN INCOMPLETA: Ela irá a Santiago, Padrón, Vigo...
-OMISIÓN: Can ladrador...
-EXPRESAR EMOCIÓNS: Chaman á porta...latéxame o corazón...baten de novo.
-OMISIÓN DUN FRAGMENTO NUNHA CITA TEXTUAL LONGA.


COMIÑAS:

-ENMARCAR CITAS TEXTUAIS NA MESMA LIÑA: Entón dixo: “Hoxe hai baile”.
-TÍTULOS DE POEMAS, CONFERENCIAS OU CAPÍTULOS DE LIBROS: “Os pinos” de E. Pondal.
-PALABRAS DITAS CON IRONÍA: Díxome que era moi “lista”
-PALABRAS ESTRANXEIRAS: A palabra “parking” non é galega.

PARÉNTESES:

-EXPLICACIÓNS OU ACLARACIÓNS: Ricardo (actualmente xubilado) foi médico.
-INTERCALAR DATOS OU PRECISIÓNS: Manuel Antonio (1900-1931) naceu en Rianxo

RAIA:

-MARCAR DIÁLOGOS:
-Ola! Que tal estás?
-Eu moi ben. E ti?
-INCISOS DO NARRADOR EN DIÁLOGOS:
-Chegou Luís? –preguntou Lucas.
-INCISOS ACLARATORIOS: Xoán –que nunca chega a tempo á clase- suspendeu todos os exames.

DIÉRESE:

-SOBRE O U DAS SÍLABAS GÜE, GÜI: antigüidade.
-SOBRE O I NA 1ª E 2ª PERSOA DE PLURAL DO IMPERFECTO DE INDICATIVO DOS VERBOS REMATADOS EN –AER, -OER, -AIR, -OIR, -UIR: caïamos, oïamos
USO DAS MAIÚSCULAS

-Despois de punto.
-Despois dos signos de interrogación e admiración: Quen chama? Non sei.
*Non se pon maiúscula se despois vai unha raia: Quen chama? –preguntou Xoán.
-Despois dos encabezamentos das cartas: Querida Antía:
Escríboche para contarche...
-Antropónimos: Lucía...
-Formas abreviadas de tratamento: Dra., D. Xosé.
*Non se pon se se escribe a palabra completa: doutora María, don Xosé.
-Primeira palabra dos títulos dos libros: Follas novas, O catecismo do labrego...
-Nomes de revistas e xornais (todas as palabras agás as preposicións e conxuncións): Galicia Hoxe, A Nosa Terra...
-Institucións, organismos e empresas: Real Academia Galega
-Etapas históricas e festividades: Idade Media, Nadal...
-Siglas: ONU, ESO
-Topónimos: Pontecesures, A Coruña...
*As preposicións non van en maiúsculas: A Pobra do Caramiñal
*Rúa, praza, illa... van en minúscula, a non ser que o topónimo inclúa estas palabras: rúa San Luís, praza Macías... Rúa Nova

ÚSASE MINÚSCULA PARA:

-Formas de tratamento non abreviadas: doutor, don...
-Meses e días da semana: outubro, martes...
-Cargos e títulos: directora, presidente.
-Xentilicios: cesureño, compostelán...
-Puntos cardinais: norte, sur...


USO DAS PRINCIPAIS ABREVIATURAS


A) SIMPLES: representan unha soa palabra. Sing. (singular), D. (don), Da. (dona), Sr. (señor), Sra. (señora), Art. (artigo), Apdo. (apartado), Tfno. (teléfono), Avda. (avenida), R/ (rúa), s/n (sen número), Cía. (compañía), Páx. (páxina), Vde. (vostede), etc., Ilmo. (ilustrísimo), Asdo. (asinado), D.E.P. (descanse en paz).

B) COMPOSTAS: representan dúas palabras. S.A. (sociedade anónima), S. L. (sociedade limitada)

C) DOBRES: representan o plural. EE.UU. (Estados Unidos), RR.CC. (Reis Católicos), CC.OO. (Comisións Obreiras), AA.EE. (Asuntos Exteriores), SS.MM. (Súas Maxestades).



SIGLAS E ACRÓNIMOS

a) SIGLAS: BOE (Boletín Oficial do Estado), DOG (Diario Oficial de Galicia), ONG (Organización Non Gubernamental), RAG (Real Academia Galega), UE (Unión Europea), ONU (Organización de Nacións Unidas), IRPF (Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas), NIF (Número de Identificación Fiscal),
b) ACRÓNIMOS: IVE (Imposto sobre o Valor Engadido), A SIDA (Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida), INTERPOL (International Police)


USO DO B E O V


ESCRÍBENSE CON B Abelá, abeleira, baleirar, beira, bolboreta, marabilla, móbil (automóbil, mobilizar...), nobelo, rebentar, ribeira, sarabia, trobador

ESCRÍBENSE CON V

Acivro, avó, avogado, chuvasco, covarde, escaravello, esvarar, esvelto, garavanzo, gravar, pavillón, trevo, vaixela, varanda, varrer, vasoira, vermello, verniz, verza, vesgo, voda, voitre, vulto

PALABRAS HOMÓFONAS CON B E V

BAGA: froito silvestre VAGA: lacazana
BASTO: bruto/ naipe VASTO: extenso
BARRO: lodo VARRO: varrer
CABO: cabo mariño/
cabo militar/corda CAVO: cavar
BAGO: unha uva VAGO: lacazán
BOTAR: fóra, o lixo,
a pelota... VOTAR: eleccións
RABO: extremidade animal RAVO: hortaliza
BEN: contrario de mal VEN: imperativo de vir, presente de ver
NABAL: leira de nabos NAVAL: relativo aos barcos
REBELAR(SE): contra alguénREVELAR: fotos, un segredo

USO DO H


Harmonía, hucha, ah!, oh!, ho (home), hoxe, hóspede, herba Achar, alelí, baía, ermida, urna, inchar, exuberancia, irmán, oco, ala!, ola! (saúdo), ombreiro, ombro, orfo, óso, ovo, truán, Adhesivo, coherente, filharmónica, vehículo, transhumante, deshonra
Inhóspito, vehemente, exhibir, cohibir, bohemio, exhalar, inhábil

PALABRAS HOMÓFONAS CON OU SEN H

CON H SEN H
HORA: do reloxo ORA: verbo orar/ unhas veces...outras veces: ora chove, ora vai sol
HABANO: procedente da
Habana/ puro ABANO: *abanico
APREHENDER: capturar/ APRENDER
captar algo coa
intelixencia
ANHELAR: desexar ANELAR: pór un anel
HAI: verbo haber AI!: interxección de dor
AÍ: adverbio de lugar
HA: verbo haber:
Aínda ha de chover
AH!: interxección
de sorpresa A: preposición: Vou a Lugo/ artigo: A nena/ pronome persoal: Non a vexo
Á: contracción de preposición e artigo: Vou á praia


CLASES DE PALABRAS


SUBSTANTIVOS: Son palabras que designan seres vivos, obxectos ou conceptos abstractos. Poden ir precedidos de artigos (o, a, os , as) e teñen sempre xénero e número (masculino/feminino; singular/plural). Ex.: alegría, libreta, mesa...

ADXECTIVOS: Son as palabras que acompañan o substantivo para dicir unha cualidade súa. Algúns poden cambiar de masculino a feminino ou de singular a plural.
Ex.: simpáticos, mariños, verde, alto, cariñoso...

VERBOS: Designan accións ou estados. Pódense conxugar nas distintas persoas, nos tempos e modos. Non teñen xénero. Ex.: cantou, predicar, beberei...

DETERMINANTES: Acompañan a substantivos concretando o seu significado. Poden ser de distinto tipo: artigos (o, a, os, as, un, unha, uns, unhas), demostrativos (este, ese, aquel...), posesivos (meu, teu, seu...), indefinidos (algún, ambos...) numerais (dous, primeiro...)

PRONOMES: Substitúen un substantivo. Teñen número, persoa e poden ter xénero. Os determinantes (agás os artigos) poden funcionar como pronomes se non acompañan a un substantivo (Ex.: quero o meu). Os pronomes persoais son, por exemplo: el, nós, eu, elas...

ADVERBIOS: Acompañan ao verbo indicando tempo, lugar, modo, cantidade, afirmación, negación ou dúbida. Non teñen xénero nin número. Ex.: sempre, tarde, alí...

PREPOSICIÓNS: Unen dúas palabras dentro da frase. Non teñen xénero nin número. Ex.: a, de entre, por...

CONXUNCIÓNS: Unen oracións. Non teñen xénero nin número. Ex.: que, porque, nin, e...

INTERXECCIÓNS: Expresan emocións ou sentimentos. Ex. Ah!, oh!...


O SUBSTANTIVO


XÉNERO NO SUBSTANTIVO

SON MASCULINOS
-Nomes de letras: o be, o xe...
-Os rematados en –ume: o costume. Excepcións: a acedume, a servidume, a mansedume.
-O bechamel, o berce, o cal, o cárcere, o couce, o cuspe, o diadema, o dote, o fel, o labor, o leite, o mar, o masacre, o mel, o nariz, o pagode, o sal, o sangue, o sinal, o sorriso, o ubre, o vexame, o xiz.

SON FEMININOS
-Nomes de árbores froiteiras: a laranxeira..
-Os rematados en –axe: a paisaxe. Excepcións: o traxe, o paxe, o garaxe, o personaxe (se é varón)
-Rematados en –se, -ite e –te: a hepatite, a análise, a eclipse, a dose.
-A ábsida, a árbore, a arte, a azouta, a cal/a canle, a calor, a cor/a color, a dor/a dolor, a fame, a fraude, a fronte, a lavalouza, a marxe, a omoplata, a orixe, a orde, a pantasma, a ponte, a reuma, a sebe, a sentinela, a síndrome, a suor, a vertixe.

FORMACIÓN DO FEMININO


MASCULINOS REMATADOS EN:FORMAN O FEMININO EN:
-E: o elefante -A: a elefanta.
Excepcións: a estudante,
a cantante.
-ÓN: o patrón, o león -OA: a patroa, a leoa.
-ÓN (aumentativos e
pexorativos): acusón -ONA: acusona
-ÁN: o ancián, o cidadán,
o capitán -Á: a anciá, a cidadá, a capitá.
Excepcións: os despectivos
en –ana: folgazán- folgazana
-ÚN: cabrún, vacún -ÚA: cabrúa, vacúa.

SUBSTANTIVOS QUE CAMBIAN O LEXEMA PARA FORMAR O FEMININO:

XENRO- NORA
REI- RAÍÑA
GROU- GRÚA (ave)
CABALO- EGUA ou BESTA
CARNEIRO- OVELLA
CABRA- CASTRÓN

SUBSTANTIVOS QUE CAMBIAN DE SIGNIFICADO DEPENDENDO DO XÉNERO:

O DEDO: da man A DEDA: do pé
O ORDENANZA: o bedel A ORDENANZA: unha orde.
O GRAN: individual A GRA: colectivo
O OVO: das aves A OVA: dos peixes
O CESTO: pequeno A CESTA: grande.

FORMACIÓN DO PLURAL

PALABRAS REMATADAS EN VOGAL OU CONSOANTE DISTINTA DE S, X, L, R, Z ENGADEN-S: NUBES, ROBOTS, ALBUMS, CLUBS

PALABRAS REMATADAS EN-X NON VARÍAN: OS FAX

PALABRAS REMATADAS EN-R, -Z ENGADEN -ES: LUCES, PARES

PALABRAS REMATADAS EN-S MONOSÍLABAS OU PALABRAS AGUDAS ENGADEN-ES: DEUSES, COMPASES. PALABRAS GRAVES OU ESDRÚXULAS NON VARÍAN:OS MARTES

PALABRAS REMATADAS EN-L MONOSÍLABAS, PALABRAS GRAVES OU ESDRÚXULAS ENGADEN -ES: SOLES, MÓBILES. PALABRAS AGUDAS ENGADEN-IS: MANDÍS, AZUIS. PALABRAS COMPOSTAS CUN MONOSÍLABO AO FINAL ENGADEN -ES: PARASOLES, XIRASOLES.

OUTRAS PALABRAS COMPOSTAS, SE AS DÚAS PARTES SE ESCRIBEN XUNTAS, O PLURAL SÓ AO FINAL: SAPOCONCHOS. SE AS DÚAS PARTES SE ESCRIBEN SEPARADAS, O PLURAL VAI EN CADA PARTE (a non ser que a 2ª parte sexa un substantivo): GARDAS CIVÍS (pero: sofás cama, porque “cama” é un substantivo). SE AS DÚAS PARTES SE SEPARAN POR: DE, DO DA, O PLURAL VAI SÓ NA 1ª PARTE: CABALOS DO DEMO, PITAS DO MONTE

OS DETERMINANTES

USO DOS ARTIGOS DETERMINADOS

-A (preposición) + A (artigo) = Á . Ex.: Vou á praia.
-A (preposición) + O (artigo) = AO/Ó. Ex.: Vou ao cine/ vou ó cine.
-CON (preposición) + A(s) (artigo) = COA(s). Ex.: Estou coas miñas amigas.
-CA é unha conxunción comparativa soamente. Ex.: É máis alto ca ti.
-CA (comparativo) + O(s) (artigo) = CÓS. Ex.: É máis alto cós meu tíos.
-CA (comparativo) + A(s) (artigo) = CÁ(s). Es.: É máis alta cás miñas tías.


USO DOS ARTIGOS INDETERMINADOS

-DE + UN, UNHA, UNS, UNHAS = DUN, DUNHA, DUNS, DUNHAS. Ex.: Veño dunha viaxe moi interesante.
-EN + UN, UNHA, UNS, UNHAS = NUN, NUNHA, NUNS, NUNHAS. Ex.: Está nun apuro moi grande.

USO DOS DEMOSTRATIVOS

Plural de este, ese: ESTES, ESES. Incorrecto: *estos, *esos.
Neutro: ISTO, ISO AQUILO Incorrecto: *esto, *eso, *aquelo

-DE + ESTE, ESE, AQUEL... = DESTE, DESE, DAQUEL...
-EN + ESTE, ESE, AQUEL... = NESTE, NESE, NAQUEL...
-ESTE, ESE, AQUEL...+ OUTRO/A = ESTOUTRO/A, ESOUTRO/A, AQUELOUTRO/A. Ex.: Non quero ese, quero estoutro de aquí.
-DESTE, DESE, DAQUEL + OUTRO/A = DESTOUTRO, DESOUTRO, DAQUELOUTRO. Ex.: Dáme daqueloutro de alí, que ten mellor aspecto.
-NESTE, NESE, NAQUEL + OUTRO/A = NESTOUTRO, NESOUTRO, NAQUELOUTRO. Ex.: Non foi nesa senón naqueloutra praza onde sucedeu o accidente.

USO DOS POSESIVOS:

-POSESIVO DE PROPIEDADE EXCLUSIVA: de meu, de teu, de seu, de noso, de voso, de seu.
-Significado:
a) Pertenza exclusiva: Ela ten coche de seu.
b) “Por si mesmo”: A porta abriuse de seu
c) “Por propia natureza”: Vós sodes listos de voso.

-POSESIVO DISTRIBUTIVO: cadanseu, cadansúa, cadanseus, cadansúas.
Ex. Compreilles aos mesu fillos cadanseus xoguetes. (estaría mal dicir: *compreilles xoguetes a cadanseu fillo, porque o posesivo distributivo ponse ao lado da cousa que distribúes).

USO DOS NUMERAIS

-CARDINAIS: dezaseis, dezasete, dezaoito, dezanove, vinte e un, vinte e sete, corenta e cinco, oitenta, douscentos, cincocentos/quiñentos, dous mil...
-ORDINAIS: sétimo, oitavo, décimo primeiro, décimo quinto, vixésimo, trixésimo, cuadraxésimo, quincuaxésimo, sesaxésimo, septuaxésimo, octoxésimo, nonaxésimo...
Non se poden usar os partitivos coma se fosen numerais. Por exemplo está mal: *Chegou de vinteavo na carreira. O correcto é: Chegou de vixésimo na carreira.
Non se poden apocopar “primeiro” e “terceiro” diante de substantivos. Por tanto está mal: *É o seu tercer día de traballo ou *É o primer ano que neva.
-PARTITIVOS: medio, terzo, cuarto, quinto..., onceavo, trintaavo...
-MULTIPLICATIVOS: dobre/duplo, triplo, cuádruplo...

USO DOS INDEFINIDOS

-CALQUERA é un indefinido invariable. Por tanto, a forma *calquer ou *calqueira non son válidas. Ex.: Calquera día deixo de vir aquí. Calquera rapaz que destaque en solidariedade será premiado.
-QUEN é sempre invariable, non se pode pór en plural. Ex.: Quen foron os que chegaron? (Está mal: *Quenes foron os que chegaron?)
-OUTRO contrae con DE e EN. Ex.: Está noutro lugar ou veño doutro lugar.
-ALGÚN/HAcontrae con DE e EN. Ex.: Nalgún sitio terá que estar. Dalgunha parte tería que vir.
-ALGUÉN e ALGO non contraen coas preposicións EN e DE. Ex.: Isto será de alguén?

USO DOS INTERROGATIVOS E OS EXCLAMATIVOS

-Cómpre lembrar que nunca levan til. Ex.: Quen anda aí?


O PRONOME PERSOAL

USO DOS PRONOMES TÓNICOS

-As formas de cortesía VOSTEDE, VOSTEDES levan sempre o verbo en 3ª persoa. Ex.: Vostede quere entrar? Vostedes queren entrar?
-NÓS e VÓS levan acento para distinguilos das formas átonas NOS e VOS. Ex.: Vós non vos queredes decatar. A nós non nos digades nada.
-Nas oracións comparativas úsase MIN en lugar de EU e vai sempre antes a partícula COMA (igualdade) ou CA (inferioridade ou superioridade). Ex.: É tan alto coma min. É máis/menos alto ca min.
-CONNOSCO e CONVOSCO pódense pór en vez de CON NÓS e CON VÓS.
-A forma *ELO debe substituírse por ISTO, ISO ou AQUILO. Ex. Por iso non quero que veñas hoxe (en vez de *Por elo non quero que veñas hoxe).

USO DOS PRONOMES ÁTONOS

-Escríbese NON O, aínda que se le todo seguido. Está mal, por tanto, escribir *NO NO. Ex.: Eu hoxe non o vin.
-Cómpre diferenciar –NNOS de –NOS. Ex.: Atopáronnos no camiño (A NÓS) / Atopáronos (A ELES) no camiño.
-Hai que diferenciar TE e CHE. Serve como axuda o paso da 2ª á 3ª persoa, comprobando as seguintes correspondencias:

COMPLEMENTO INDIRECTO CHE (a ti) LLE(a el, a ela)
COMPLEMENTO DIRECTO TE (a ti) O, LO, NO, SE, A, LA, NA (a el, a ela)

Ex.: Non te vin hoxe (a ti) / Non o vin hoxe (a el/a)
Non che dei ningún regalo (a ti) / Non lle dei ningún regalo (a el/a).
-Hai que diferenciar entre LLE (singular) e LLES (plural) e tamén as súas contraccións correspondentes cos pronomes de complemento directo, que son as seguintes:

LLE (A UNHA PERSOA)+ o, a, os, as: LLO LLA LLOS LLAS
LLES (A VARIAS PERSOAS)+o, a, os, as: LLELO LLELA LLELOS LLELAS

Ex.: Décheslle a túa nai o regalo? Si, deillo / Décheslle a túa nai os regalos? Si, deillos. / Décheslles a teus pais o regalo? Si, déillelo. / Décheslles a teus pais os regalos? Si, déillelos
Décheslle a túa nai a carpeta? Si, deilla / Décheslle a túa nai as carpetas? Si, deillas. / Décheslles a teus pais a carpeta? Si, déillela. / Décheslles a teus pais as carpetas? Si, déillelas.

-En canto á COLOCACIÓN DO PRONOME ÁTONO, cómpre ter en conta as seguintes regras:

O PRONOME VAI DESPOIS DO VERBO (ENCLISE) CANDO... 1. Vai nunha oración simple e na principal das compostas. Ex.: Véxote moi raro. /Díxome que viría.

O PRONOME VAI ANTES DO VERBO (PROCLISE) CANDO...
1. Nas oracións subordinadas. Ex.: Dixo que te vira.
2. Nas oracións simples ou nas subordinadas se se dá algún destes casos:
-Se a oración é negativa: Non te quero.
-Se a oración empeza polos indefinidos ALGO, NADA, ALGUÉN, AMBOS, BASTANTE, CALQUERA, MESMO...: Algo che diría.
-Se a oración empeza polos adverbios ACASO, ATA, CASE, INCLUSO, QUIZAIS, SEICA, XA, AÍNDA, AXIÑA, DESEGUIDA, SÓ, SEMPRE, BEN, CEDO, IGUAL, MAL, MELLOR, PEOR, TARDE, HOXE, MAÑÁ, ONTE, ENTÓN, DESPOIS...: Case me toca o premio.
-Se a oración empeza por un interrogativo ou un exclamativo: Quen che deu iso?
-Nas oracións desiderativas (expresan un desexo) se o suxeito precede o verbo: Deus o ampare!
-Se cambiamos a orde dos elementos da oración para destacar un elemento: Ganas me deron de chorar.

SE O VERBO SUBORDINADO É UN INFINITIVO, O PRONOME PODE IR COS DOUS VERBOS:
-Pode collerte / pódete coller.
NO CASO DAS PERÍFRASES VERBAIS, SE HAI UN ELEMENTO DE RELACIÓN ENTRE OS DOUS VERBOS O PRONOME PODE IR EN TRES POSICIÓNS:
-Tesmo que facer / -Tes que facermo / -Tes que mo facer.

USO DO PRONOME REFLEXIVO

-O pronome reflexivo só pode funcionar como complemento directo, polo que son incorrectas construcións como: * Peiteeime o pelo / *Lavouse as mans. O correcto é: Peiteei o pelo. Lavou as mans.

USO DO PRONOME SOLIDARIEDADE

SINGULAR
CHE (NON CORTESÍA) LLE (CORTESÍA)

PLURAL
VOS (NON CORTESÍA) LLES (CORTESÍA)

-Úsase como unha forma de introducir no discurso ao noso interlocutor. O pronome de soliedariedade pódese suprimir da oración e esta non perde sentido.
Ex.: Éche hora de marchar / Évos hora de marchar / Élle hora de marchar / Élles hora de marchar.


USO DO PRONOME DE INTERESE

-Indica que estamos interesados en que a acción se realice.
-Formas do dativo de interese: ME, CHE, LLE, NOS, VOS, LLES.
-Ex.: O rapaz non me come nada.


PALABRAS CON S E CON X

PALABRAS CON S Escaso, escavar, escavadora, escusa, esplendor, estender (pero extenso e extensión), estraño, estranxeiro, biscoito, bisneto, polisón, sentinela

PALABRAS CON X
Cervexa, cónxuxe, graxa, inxección, paixón, proxectil, proxecto, sinxelo, solfexo, vertixe, xampú, xarampón, xema, xeo, xeso, xiringa, xordo.

PALABRAS CON L E LL

PALABRAS CON L Apelido, atropelar, belo, calo, camelo, colar, degolar, estaleiro, estrela, falecer, miolo, selo, talo, vasalo

PALABRAS CON LL
Agasallar, antollo, aparello, bacallau, baralla, cella

USO DOS GRUPOS CONSONÁNTICOS CL,CR,PL, PR,FL,FR,PS

Claro Cravo, escravo Público Prata, cumprir, prazo, praga, empregar, pracer Flota Fraco, frecha, frouxo, frauta Psicólogo, psicoloxía, psiquiatra, psicose, psicópata

USO DAS VOGAIS

Anano, vantaxe, rancor, asasino, avaría, marmelada Deputado, debuxo, bater, asemblea, verniz, desculpa, metade, sabedoría, aparencia, primavera. Labirinto, inimigo, vinganza, campión, corrixir, cemiterio, cerimonia, pavillón, feminino Espírito, tribo, monstro, cartolina Custar, durmir, tusir Ambiente, inconveniente

A CONXUGACIÓN VERBAL

INDICATIVO

-PRESENTE: eu como
-PASADO:
-PRETÉRITO PERFECTO: eu comín
-PRETÉRITO IMPERFECTO: (mentres eu... comía, eu andaba)
-PRETÉRITO PLUSCUAMPERFECTO: (terminación –ra) comera
-PRESENTE (Oxalá
-FUTURO (mañá... comerei)
-FUTURO HIPOTÉTICO (terminación –ría): comería

SUBXUNTIVO
-PRESENTE: que agora eu... coma)
-IMPERFECTO DE SUBXUNTIVO (terminación –se): comese

IMPERATIVO
Come (ti) / comede (vós)


A CONXUGACIÓN REGULAR

PRETÉRITO PERFECTO:
-TI COMICHES, VÓS COMESTES
-2ª CONXUGACIÓN: EL COMEU / 3ª CONXUGACIÓN: EL VIVIU
-1ª CONXUGACIÓN: EU ACABEI

PRETÉRITO IMPERFECTO / PRETÉRITO PLUSCUAMPERFECTO / FUTURO HIPOTÉTICO
-1ª E 2ª PLURAL: ACENTUACIÓN GRAVE. Ex.: andabamos, bebiamos, andaramos, andarades, andariamos, andariades.

INFINITIVO CONXUGADO
-Formas: eu cantar, ti cantares, el/ela cantar, nós cantarmos, vós cantardes, eles/as cantaren
-Uso: É obrigatorio cando hai dous verbos na oración (un deles é o infinitivo), teñen distinto suxeito e o infinitivo leva antes unha preposición.
Ex.: Despois de viren (eles), marchei con Xoán.
Non se pode conxugar o infinitivo se este forma parte dunha perífrase verbal . Ex.: Tedes que vir hoxe

-Como se pode transformar unha oración para pór un infinitivo conxugado?
-Un QUE suprímese. Ex.: Cómpre que veñades hoxe > Cómpre virdes hoxe.
-CANDO cámbiase por AO. Ex.: Cando veñan teus irmáns, chámame > Ao viren, chámame.
-PORQUE cámbiase por POR. Ex.: Teño que facer iso porque mo pediron elas > Teño que facer iso por mo pediren elas.
-SE cámbiase por DE. Ex.: Se chegan cedo, avísame > De chegaren cedo, avísame.
PEQUENAS IRREGULARIDADES NOS VERBOS REGULARES

-REMATADOS EN –CER, -CIR: Ex.: coñecer, conducir.
-Presente de indicativo: coñezo, conduzo. Está mal * coñezco, *conduzco.
-Presente de subxuntivo: coñeza, conduza. Está mal: *coñezca, *conduzca.
-Pretérito perfecto: coñecín, conducín. Está mal: *conduxen.

-REMATADOS EN –UÍR: Ex.: construír.
-Presente de indicativo: constrúo, constrúes... Está mal: *construio...
-Presente de subxuntivo: constrúa, constrúas... Está mal: *construia...

-VERBOS CON ALTERNANCIA VOCÁLICA I/E: SERVIR, SENTIR, SEGUIR, MENTIR, FERIR E DERIVADOS ( CONSENTIR, PRESENTIR, CONSEGUIR...)
-Presente de indicativo: sirvo, serves, serve, servimos, servides, serven.
-Nos outros tempos non hai esta alternancia: Ex.: sirva, sirvades, sirve ti...

-VERBOS CON ALTERNANCIA VOCÁLICA U/O: SUBIR, ULIR, FUXIR, CUSPIR, DURMIR, MUXIR, FUXIR...
-Presente de indicativo: subo, sobes, sobe, subimos, subides, soben.
-Nos outros tempos non hai esta alternancia: Ex. Sube ti, que suba el...


A CONXUGACIÓN IRREGULAR

SER

PRESENTE INDICATIVO Ti es
PRETÉRITO PERFECTO Ti fuches, vós fostes
PRESENTE SUBXUNTIVO Eu sexa

ESTAR

PRETÉRITO PERFECTO Eu estiven
PRETÉRITO PLUSCUAMPERFECTO Eu estivera
IMPERFECTO DE SUBXUNTIVO Eu estivese
PRESENTE DE SUBXUNTIVO Eu estea

HABER

PRETÉRITO PERFECTO Eu houben
PRETÉRITO PLUSCUAMPERFECTO Eu houbera
IMPERFECTO DE SUBXUNTIVO Eu houbese
PRESENTE DE SUBXUNTIVO Eu haxa


CABER

PRET. PERFECTO Eu couben
PRETÉRITO PLUSCUAMPERFECTO Eu coubera
IMPERFECTO SUBXUNTIVO Eu coubese
PRESENT SUBXUNTIVO Eu caiba
FUTURO Eu caberei
FUTURO HIPOTÉTICO Eu cabería

CAER

PRESENTE INDICATIVOEu caio
PRESENTE SUBXUNTIVO Eu caia

DAR

PRETÉRITO PERFECTO Eu dei, ti deches, el deu
PRESENTE SUBXUNTIVO Eu dea

DICIR

PRESENTE INDICATIVO Nós dicimos, vós dicides
IMPERFECTO INDICATIVO Eu dicía

IR

PRESENTE DE INDICATIVO Nós imos, vós ides
PRESENTE DE SUBXUNTIVO Eu vaia
IMPERFECTO DE INDICATIVO Eu ía,

OÍR

PRESENTE DE INDICATIVO Eu oio, ti oes...
PRESENTE DE SUBXUNTIVO Eu oia, ti oias, el oia, nós oiamos, vós oiades, eles oian.

OUVIR
PRESENTE INDICATIVO: Eu ouzo, ti ouves, el ouve, nós ouvimos, vós ouvides, eles ouven
IMPERFECTO INDICATIVO:Eu ouvía...
PRETÉRITO PERFECTO:Eu ouvín, ti ouviches, el ouviu, nós ouvimos, vós ouvistes, eles ouviron
PLUSCUAMPERFECTO:Eu ouvira
IMPERFECTO SUBXUNTIVO: Eu ouvise
FUTURO INDICATIVO:Eu ouvirei
FUTURO HIPOTÉTICOEu ouviría
PRESENTE SUBXUNTIVO:Eu ouza, ti ouzas, el ouza, nós ouzamos, vós ouzades, eles ouzan

PODER

PRETÉRITO PERFECTO: Eu puiden, ti puideches, el puido, nós puidemos, vós puidestes, eles puideron
PLUSCUAMPERFECTO: Eu puidera
IMPERFECTO SUBXUNTIVO: Eu puidese
PRESENTE SUBXUNTIVO:Eu poida
FUTURO INDICATIVO:Eu poderei
FUTURO HIPOTÉTICO:Eu podería

POÑER

PLUSCUAMPERFECTO:Eu puxera...
IMPERFECTO SUBXUNTIVO: Eu puxese...
FUTURO INDICATIVO: Eu poñerei
FUTURO HIPOTÉTICO: Eu poñería

PÓR

PRESENTE INDICATIVO: Eu poño, ti pos, el pon, nós pomos, vós podes, eles pon.
IMPERFECTO INDICATIVO: Eu puña, ti puñas, el puña, nós puñamos, vós puñades, eles puñan
FUTURO INDICATIVO: Eu porei, ti porás, el porá, nós poremos, vós poredes, eles porán
FUTURO HIPOTÉTICO: Eu poría, ti porías, el poría, nós poriamos, vós poriades, eles porían

QUERER

FUTURO INDICATIVO. Eu quererei, ti quererás, el quererá, nós quereremos, vós quereredes, eles quererán
FUTURO HIPOTÉTICO: Eu querería, ti quererías, el querería, nós quereriamos, vós quereriades, eles quererían.

SABER

PRETÉRITO PERFECTO: Eu souben, ti soubeches, el soubo, nós soubemos, vós soubestes, eles souberon
PLUSCUAMPERFECTO: Eu soubera...
IMPERFECTO SUBXUNTIVO: Eu soubese...
PRESENTE SUBXUNTIVO: Eu saiba, ti saibas...

TER

PRETÉRITO PERFECTO: Eu tiven, ti tiveches, el tivo...
PRET. PLUSCUAMPERF. Eu tivera...
IMPERFECTO SUBX. Eu tivese....

TRAER

PRES. IND. Eu traio, ti traes...
PRETÉRITO PERFECTO: Eu trouxen, ti trouxeches, el trouxo...
PLUSCUAMPERFECTO: Eu trouxera...
IMPERFECTO SUBXUNTIVO: Eu trouxese...

VALER

PRESENTE.Eu vallo, ti vales, el vale, nós valemos, vós valedes, eles valen
PRETÉRITO PERFECTO: Eu valín, ti valiches, el valeu, nós valemos, vós valestes, eles valeron.
PLUSCUAMPERFECTO. Eu valera...
PRESENTE SUBXUNTIVO. Eu valla, ti vallas, el valla, nós vallamos, vós vallades...
FUTURO INDICATIVO: Eu valerei, ti valerás...
FUTURO HIPOTÉTICO: Eu valería, ti valerías...

VER

PRESENTE INDICATIVO: Eu vexo, ti ves, el ve, nós vemos, vós vedes, eles ven
IMPERFECTO INDICAT.Eu vía, ti vías, el vía, nós viamos, vós viades, eles vían
PRET. PERFECTO Eu vin, ti viches, el viu...

VIR

PRESENTE INDICATIVO Eu veño, ti vés, el vén...
PRETÉRITO PERFECTO Eu vin, ti viñeches, el veu, nós viñemos, vós viñestes, eles viñeron


AS PERÍFRASES VERBAIS

É un conxunto de dous verbos que funcionan como un só. Un deles é un verbo conxugado e o outro un infinitivo, un xerundio ou un participio. Entre eles poden levar ou non elemento de relación (perposición ou conxunción):

Ex.: TEÑO QUE IR, IMOS COMER, ESTÁ CHOVENDO, TEÑO IDO

O primeiro verbo, que está conxugado, perde o seu significado habitual. Por exemplo en TEÑO QUE IR, o verbo TER non ten o significado de “posuír” senón o de “obrigatoriedade”.

TIPOS DE PERÍFRASES VERBAIS

TEMPORAIS
Futuro inmediato: Ex.: Vai chover

ASPECTUAIS
-Imperfectivas (acción inacabada): está chovendo
-Perfectivas (acción acabada): Acaba de chegar
-Reiterativas (acción repetida): Teño ido
-Incoativas (acción comezando): botarse a rir

MODAIS
Probabilidade: Ex.: Ha de ser
Obrigatoriedade: Ex.: hai que ir

Nas perífrases con IR+ INFINITIVO e VOLVER+INFINITIVO, non se pode utilizar a preposición A.

(MAL) *Mañá vou a ir a Lugo (BEN)Mañá vou ir a Lugo
(MAL) *Non me volveu a chamar (BEN)Non me volveu chamar



OS ADVERBIOS E LOCUCIÓNS ADVERBIAIS

LUGAR
Preto, a carón de (cerca de), a rentes (rozando, moi cerca), ningures, algures, xalundes (noutro lugar. Ex.: aquí non está, busca xalundes), velaí (aí tes, aí está. Ex.: Velaí o libro que buscabas)

TEMPO
Antano (no pasado), hogano (na actualidade ou este ano), arestora (neste momento), outrora (noutro momento), decote = acotío (a diario)

MODO
Asemade (simultaneamente, á vez. Ex: Cantaba e asemade bailaba), paseniño = engorde = amodo = devagar (despacio), ao xeito (despacio, ben feito, coidadosamente), de balde (gratis), ao chou (por azar), a mantenta (adrede), ás apalpadelas (ás escuras), de súpeto = de socato (de repente), a treu (a diario, sen parar. Ex: Traballaba a treu), a eito (sen escoller. Ex.: Metía a roupa a eito na mochila)

CANTIDADE
Soamente

AFIRMACIÓN
Abofé (certamente)

NEGACIÓN
Non

DÚBIDA
Disque = seica, se callar (se cadra)

ADVERBIO
INTERROGATIVO U (onde. Ex.: U-lo can?)

PREPOSICIÓNS E LOCUCIÓNS PREPOSITIVAS

Agás (excepto), bardante (excepto), após (despois de), ata/até, canda (xunto con), consonte (conforme a, de acordo con), deica (ata, marcando un punto de partida e outro de chegada), dende/desde, malia (a pesar de), perante (diante de), segundo, sen, so (debaixo de), encol de (enriba de), por mor de (debido a), a prol de/ en prol de (en beneficio de.

ESTÁ MAL ESTÁ BEN
*sin SEN
*hacia CARA A
*hasta ATA/ATÉ
*según SEGUNDO

A PREPOSICIÓN “A” NO COMPLEMENTO DIRECTO: Só se pon se é un pronome persoal (Non o atopei a el no cine), ou se é un nome de persoa (Vin a Antón no cine). Nos demais casos non se pon: (Chamou o médico; está mal: *Chamou ao médico).

USO DAS CONXUNCIÓNS:
- SE: Non se pode usar SI . Se non o sabes, cala. Está mal: *Si non o sabes, cala.
- NO ENTANTO ou PORÉN: substitúen a *sin embargo, que está mal.
Comentarios (0) - Categoría: MANUAL BÁSICO DE NORMA GRAMATICAL - Publicado o 14-09-2010 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal