A vida en Ponteareas

O PP recoñece oficalmente pleitesía e a súa servidume á familia Castro en Ponteareas
Onte a vila foi un fervideiro de rumores, novas e cotilleos. Nin os máis escépticos, agás os que dende  hai xa moitos anos din que PP e UCPA era o mesmo can con dous collares diferentes , esperaban unha integración semellante.

Nava Castro, a filla do inhabilitado José Castro, aparecerá de xeito triunfal nas listas do PP ao Congreso ou ao Senado.

Onte, a cara da parte do PP representada polo Alcade González Solla non daba crédito e saía despavorida a falar co que creían o seu apoio dentro do PP, o Sr. Louzán. A realidade é que a aposta do PP é por Nava Castro e a posición do alcalde actual será a de valedor de Nava Castro e dos seus intereses. O futuro dos actuais militantes do PP será o de traballar para que a vida política dos Castro se perpetúe agora en Madrid, mantendo a súa acta de concelleira e arrimar o ombreiro para que sexa a próxima alcaldesa da vila. E, como non, a ver se cae un ministerio. Xa onte o bo de Domingo Freitas facía as súas cábalas ante unha máis que posíbel (entende él) Dirección Xeral no Ministerio de Fomento e falaba da de obras que podería facer; e González Carrera dubidaba entre o Ministerio de Agricultura, para exportar as granxas de pitos polo estado ou ben algún posto no Ministerio de Cultura.

A día de hoxe esto so da para amosar a lixeireza coa que no Partido Popular tómanse a política e o pouco respecto que teñen aos veciños.

¿Alguén imaxina agora aos militantes e acérrimos defensores de González Solla coreando a Nava Castro dentro de un mes no Reveriano Soutullo?

Vivir para ver!