A vida en Ponteareas




avidaenponteareas@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Agresións no Castro de Troña

O grupo ecoloxista Adenco ven de denunciar o suposto estado de abandono no que se atopa o castro de Troña, sinalando que "que unha empresa privada procedeu á tala masiva de arborado na franxa que a lexislación actualmente en vigor protexe, 200 metros dende a parte externa do poboado castrexo, distancia fixada como medida de cautela arqueolóxica".

Resulta cando menos curioso que ao Concello de Ponteareas se lle acumulen unha grande cantidade de denuncias por continuos atentados contra o patrimonio. Primeiro foi polas obras que se fixeron no entorno da igrexa de Ponteareas, hai pouco pola suposta agresión a bens patrimoniais en Cillarga (Ribadetea). Agora aparecen novas de que un dos puntos de referencia cultural do Concello atópase en estado non so de abandono, senón que no seu entorno se están a producir obras que atentan contra a súa conservación.

Compre destacar a reactivación do grupo ecoloxista ADENCO, despois de algún tempo nun estado de autismo na súa actividade.

Tratarán dende o concello facer do castro de Troña un solar edificable?
Adenco denuncia o estado de abandono e as graves agresións ao Castro de Troña de Ponteareas
Categoría: Ponteareas na prensa - Publicado o 15-06-2008 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal