Poemas da Mariña


Comentarios a propósito deste poemario, sen descartar outros anteriores ou posteriores.
Miguel Anxo Mouriño

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

PRESENTACIÓN EN GONDOMAR
O xoves 5 fixemos a presentación en Pontevedra. Foi moi distinta da de Gondomar, e iso por dúas razóns. A primeira, non estaban os meus netos maiores, así que carecín desa axuda tan apetecible. En segundo lugar, o acto desenvolveuse en forma de diálogo entre Pepe Cáccamo e mais eu; despois dunha breve introdución, Pepe foi repasando poemas e parándose aquí e alá para comentar algún extremo ou, directamente, preguntar por un significado ou unha imaxe. Percorremos así algunhas das claves que conforman o poemario, como a camariña, esa planta tan propia de Galicia e tan abundante nas súas costas que ata creou topónimos; este feito e o de estar case desaparecida danme pé para comparala coa lingua galega e, por extensión, con todos os galegofalantes. A Mariña/mariña, que salpica todo o libro; aparece xa no título, cuxa ambigüidade expliquei; efectivamente, Poemas da Mariña pódese referir á miña neta (obviamente) ou a unha terra próxima ao mar. Para min esa terra é toda Galicia que, en palabras de Celso Emilio, está ?deitada fronte ao mar?. Xa que logo, como se pode constatar coa lectura dos poemas, estou a falar de Mariña, pero tamén de Galicia. Falamos tamén de Pessoa, con quen comparto algunhas teimas; ademais de ser, coma el, patrialinguado, hai outra coincidencia curiosa: o poeta portugués di, en Menssagem, que Colón era galego, de Pontevedra. E así, de comentario en comentario, fómoslle dando lectura a uns poucos poemas e deixamos transcorrer unha hora na amable compaña dun público, maioritariamente amigos, que daba mostra de non o estar a pasar mal.
Comentarios (0) - Categoría: Poemas da Mariña - Publicado o 09-11-2014 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

contador web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0