Agardando ó novo disco mentres disfrutamos do single adianto aqui temos a discografía deste recente descubrido grupo pola miña parte.
Enérxicos e dinámicos cunha musica fresca e un pelin distinta "ó de sempre"
Entre Cuac-fm e PixelinPhoto.com fixemos unha reportaxe do que deu de si o festival erótico en A Coruña desta fin de semana: o Eros 2010.
Agardamos que vos guste.
Despois de poñer algun disco instrumental dalgun grupo en concreto (Coldplay, Keane) asi que agora temos aqui un variadillo con cancións instrumentais de todo artista. 53 cancións nas que entran u2, red hot, deep purple, Bowie etc...
Aqui temos o single do novo disco de Slash que sae en Abril.
E o trailer do que vai ser toooodo o disco e as colaboracións.
Un disco que pinta moi distinto... e variado.
Seica a "tropa Marlango" se nos animaron, pasaron de estar baixo dunha manta cantando cancionciñas a pasar á cabana da árbore e cantar e tocar á luz e con ledicia e un sorriso. Vamos... que ven o marlango mais animado de todos.
Novo disco... cunha portada que visualmente fede a photoshop... o disco?? o típico segundo disco que miraremos con lupa pola culpa do anterior que no estaba nada mal.
Bueno!! por fin!! que parecía que non daba chegado. Un filme que levan pedindo dende hai tempo. Está en formato MKV, suponse que todos os pcs o len sin problema, senon baixade o "vlc player" e listo.
Por fin, e nunha estrea case exclusiva, chega o novo album de Shuarma (ex elefante). Roqueiriño sentimental coma sempre e cunha dinámica... un chisco... "blandengue" que gusta ou non gusta. Ás veces parece que non hai termo medio. hehehe.
"Hijo de la luz y de la sombra" é o Cd de 2010 de Joan Manuel Serrat. Basease nos poemas de Miguel Hernández, con colaboracións de Joan ALbert Amargós e Miguel Poveda
DESCARREGAR
Primeiro agasaio polo 8º aniversario de Mundopix.com de parte do noso compi NetOverflow.
Un pracer e unha maravilla de agasaio que eu desexaba con ansia.
www.Mundopix.com cumple o 25 de Febreiro 8 anazos.
Este ano non hai concurso nin nada... un desastre. Non é por crise nin nada... simplemente non puiden e ben sabedes que me encantaría.
8 anos de festas, fotos e risas (como quen di foi das primeiras webs sociais en Galiza, e sobre todo en Pontedeume). E logo, co tempo, o mundo da foto dixital quedou a man de todo o mundo e Mundopix tornou a compartir música, películas e demais cousas como agora a coñecedes.
Moita xente e de tódalas partes do mundo teñenos visitado e compartido ideas, afeccións e coñecementos de grupos, filmes e demais cousas.
Mundopix sigue en pe. Ainda que houbo unha época na que pensei deixala... pola sensación do traballo feito en van. Agora, en cambio, vexo que hai uns e unhas fieis que de cando en cando pasan por aqui a ver o que se coce.
8 anazos, nos que, incluso a Mundopix se lle cambiou a imaxe, e na que lle naceu unha irmá pequena. WWW.PIXELINPHOTO.COM.
Unha nova version do video/canción tan coñecida e que agora en plan homenaxe a Michael JAckson e á catástrofe de Haití levaron a cabo novos artistas desta nova xeración
Aqui temos o derradeiro disco de Bunbury con estreno a data de hoxe.
Un disco mooooi de relax. Curtiño pero... bueno... como todo disco de Enrique: cada un distinto ao outro
Agora sin entrar en politiqueos, sindicalismos nin ostias benditas.
Falo como Adrian Cunha e falo como traballador ao que xa quixeron botar da sua instalacion e traballo so por terense presentado a representante dos traballadores, compañeiros e incluso familia (porque o tempo chega a unir).
Non sei, pero creo que a xente non ten claro o que 'e vivir en folga, e menos ainda o que 'e cobrar 600€ nun traballo que te gusta que adoras e polo que loitas sabendo que na vida aos teus case 27 anos non podes pensar en ter vida que implique fillos e todo o que conlevan. Pois so 300€ xa piran no alquiler. "busca outro traballo" me din. ¿porque? si este 'e o que me gusta?. Hai xente que ainda pensa que somos funcionarios, mil euristas e as de cristo e que estamos a tomar o sol nas instalacions cando traballamos. Cando en realidade temos a responsabilidade da educacion e das vidas dos 12 nenos e adultos que cada un ten na sua clase cada 45 minutos. (sin contar cos de baño libre). Non falo dos adestradores de ximnasios etc que dia a dia deixan o corpo para aprender aos demais a facer deporte porque non estou nese igualmente respetable grupo. (ao igual que todos os demais grupos que fan que cada instalacion funcione)
E logo estan os que pensan que estando de folga son feliz. Que estou de vacacions. E que vivo de puta madre nunha tumbona, daikiris e festa constante. Sinto dicirlles que si por 4 dias me quitan 77€ boten contas do que son 15 dias. E o alquiler sigue ai.
Traballa enton!!! Aqui o que non se queixa pola merda que ten, non mellora. E eu quero mellorar e ter unha vida con este traballo, non que ma quiten mes a mes.
Asi que o que si que pido por parte de todo "respetable" esquirol, gilipollas, vividor, pluriempleado, enchufado e fillo de papa, que teña un respecto e se poña no papel de cada un de n'os e por un intre pense ¿e si eu estou coa auga polo pescozo que fago? ¿pelexo? ¿ou me rendirei?
Quero traballar!! claro que si. Pero feliz. E indo ali con toda a enerxia do mundo porque vexo que meu traballo o valoran. E os que teñen seus Porches os teran porque algo farian, pero eu quero que os que lle dan cartos para gasoil (n'os) podamos vivir con dignidade.
Repito: estando en folga non se esta ben. Psicoloxicamente 'e unha tortura. Non creades que se pode apalpar felicidade en min. Sabendo os que me coñecen que son do que primeiro solta un sorriso nos momentos fodidos. E coma eu. Todos e todas.
Xa no dia 12 da folga indefinida de instalacions deportivas tanto Feijoo como A conselleira de Traballo Beatriz Mato comprometense a mediar no asunto.
Iso si, a asemblea bota abaixo os "preacordos" porque son preacordos DE MERDA.
Moito blabla... veremos a politica en que acaba