.jpg) Baixo o ollar intenso do Mago Merlín viaxaremos cara o pasado, para comprender como vivían ata non hai moito tempo os poboadores da Selva de Esmelle.
Merlín será o guía de excepción neste percorrido, no que co pincel da imaxinación e as cores dos nosos sentidos, faranos un retrato da pegada que deixaron os antigos habitantes deste fermoso val.
Esta viaxe vai ser posible grazas as xentes que participan no Proxecto Esmelle, que desenterran anacos da súa historia e os recompoñen para que ti hoxe goces dela.
|