PROGRAMA
LOCAL SOCIAL DE ESMELLE
Sábado, 30 de setembro de 2006
10.00 h Inauguración das xornadas e da exposición fotográfica
10.15 h Tema: ?Desenvolvemento sostible?
Relator: Manuel Tajes - Delegado provincial de Medio ambiente
11.15 h Tema: ?Memorias da vida cotián?
Relator: Guillermo Llorca - Historiador
12.15 h DESCANSO
12.45 H Tema: ?Muíños, Costumes e tradición oral?
Relator: Xesus Torres - Licenciado en Humanidades.
14.00 h Descanso para xantar
16.00 h Tema: ?Fauna de Esmelle?
Relator: Juan Ignacio Diaz Dasilva - Sociedade galega de historia natural.
17.00 h Tema: ?Rexeneración de solos queimados, prevención?
Relator: Pedro Garcia ? Xerente de Trafoga (transformacións forestais).
18.00 h Clausura.
|
Querido veciño:
Un ano máis, e xa son tres, imos iniciar unha nova campaña de traballos voluntarios de limpeza e recuperación do noso patrimonio. Como sabes, o noso Proxecto Esmelle recolleu o pasado mes de febreiro un accésit do Premio AGADER ó embelecemento rural galego, sen dúbida un gran recoñecemento o labor que estades desenvolvendo, e un gran exemplo para o movemento social de Galicia, según palabras do propio Conselleiro do medio rural.
Este premio, a parte de recoñecer o proxecto en sí, fai especial fincape no feito que os traballos se realicen polos propios veciños da zona, o que lle da unha especial relevancia, xa que, proxectos de recuperación de muíños en Galicia hai moitos, promovidos por Concellos ou Deputacións, pero recuperados polos propios veciños só o noso.
Por iso, queremos que esta tempada que comezamos con ilusións renovadas, te xuntes a nós co teu esforzo e apoies esta iniciativa que fundamentalmente pretende recuperar un patrimonio olvidado e abandonado, un patrimonio que noutros tempos era o eixo do sustento das familias de Esmelle e que debemos manter vivo, para que non desapareza unha parte da nosa historia.
Sabemos que nos comezos deste proxecto houbo dúbidas con respecto ás nosas pretensións. Creo que os nosos actos nos avalan e hoxe se pode afirmar que unha parte dos nosos obxectivos se cumpren, gracias sobre todo, á que os propietarios confiaron en nós, e a que cumprimos cos nosos acordos.
Para rematar queremos convocaros a unha xuntanza no local social de Esmelle o vindeiro día 29 de setembro as 20.00 horas co fin de programar os traballos desta tempada. |