Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avv@valledeesmelle.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ARDOR VERANIEGO
Recomendacións de urxencia para montes queimados


Coa fin dos lumes non rematan os problemas ambientais. Alén da perda de biomasa e de biodiversidade, prodúcese tamén un empobrecemento do chan e, coas chuvias, o lavado do horizonte superficial do solo arrastrando grandes cantidades de sedimentos. Esta erosión e a diminución da materia orgánica no solo, unidas á brusca inxección de materiais nas canles fluviais e nas rías, son causa de graves impactos mesmo en áreas alonxadas das áreas queimadas. Eis uns consellos para evitar estes efeitos negativos.


Un ecosistema forestal despois dun incendio queda nunha situación moi vulnerábel fronte a calquera outra agresión humana ou ambiental. Hai unha serie de recomendacións que convén ter en conta para non acumular impactos sobre os ecosistemas, ante todo hai que evitar danar máis o solo, a vexetación e a fauna supervivente.
O dano causado polo incendio depende especialmente da intensidade dese lume, pero as consecuencias van a ser complexas. En relación co solo hai dous factores importantes:
a) A pendente do terreo, que si é moi acusada fai ao solo moi erosionábel.
b) A vexetación (viva ou morta), que protexe ao solo, tanto na parte aérea, protexéndoo do impacto da chuvia, como na parte soterrada, fixando ese solo e evitando a erosión.

QUÉ PODEMOS FACER?
Evitar a erosión do solo:
-Talar o menos posíbel, só as árbores de tamaño comercial, para evitar danos ao solo.
-Non talar os esqueletes do mato.
Reter o solo ao máximo. Para elo, se pode:
-Repartir palla ou virutas (mulching), en zonas sensibles, en zonas con forte pendente, en zonas próximas a cursos de auga,...
-Deixar os restos forestais sobre o solo en sentido perpendicular á pendente, para frear a escorrentía.
-Poñer filtros vexetais (restos de podas, broza,...) preto das canles dos ríos, para frear os arrastres do solo e evitar a contaminación das augas.
Favorecer a alimentación e o refuxio da fauna, que actúan como dispersantes de sementes e favorecen a recuperación da vexetación.

QUE NON DEBEMOS FACER?
-Pisotear as zonas queimadas, xa que se aceleraría a erosión.
-Cortar árbores e romper polas, porque supoñen unha protección contra a erosión.
-Realizar sacas de madeira de modo agresivo para o solo.
-Laborear e roturar o solo. Utilizar maquinaria pesada ou agresiva co solo.
-Asustar ou danar á fauna.
-Pastorear demasiado pronto, para evitar os efectos do gando sobre o solo e sobre a vexetación.

Finalmente, ante calquera dúbida, pódese preguntar ao axente forestal ou á Consellaría do Medio Rural cal é a normativa vixente en materia de usos dun espazo forestal incendiado.


Información avalada por:
X. M. Pesqueira e M. Casal.
Departamento de Bioloxía Celular e
Ecoloxía. Facultade de Bioloxía.
Universidade de Santiago de Compostela.
Agosto de 2006.
Comentarios (1) - Categoría: medio natural - Publicado o 18-08-2006 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
« Rede Natura 2000 en Galicia » Costa Ártabra
Natura 2000 é unha rede ecolóxica europea de áreas de conservación da biodiversidade. Consta de Zonas Especiais de Conservación designadas de acordo coa Directiva Hábitat (Directiva 92/43/CEE do Consello, de 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e frora silvestres), así como de Zonas de Especial Protección para as Aves establecidas en virtude da Directiva Aves (Directiva 79/409/CEE do Consello, de 2 de abril de 1979, relativa á conservación das aves silvestres).

A súa finalidade é asegurar a supervivencia a longo prazo das especies e os hábitats máis amenazados de Europa, contribuindo a deter a pérdida de biodiversidade ocasionada polo impacto adverso de las actividades humanas. É o principal instrumento para a conservación da natureza na Unión Europea.


Superficie:7.546 Ha
Altitud media: 164 m
Rexión bioclimática: Atlántica
Concellos: Cariño, Cedeira, Ferrol,
Narón, Valdoviño, Ortigueira, Ares e Mugardos.
Data: 2001
A Costa Ártabra alberga unha gran diversidade de elementos paisaxísticos que inclúe entre outros os seguintes enclaves: Serra da Capelada, Lagoa e areal de Valdoviño e lagoa de Doniños.

A Serra da Capelada, zona de gran interese xeolóxico formada por rochas básicas e
ultrabásicas, conta coa existencia de cantís costeiros de ata 500 m de desnivel.

A súa vexetación está composta de toxeiras e uceiras e algunhas turbeiras.

A lagoa de Valdoviño pode albergar ata 1.000 aves acuáticas durante o período
invernal e presenta unha notable extensión cuberta por vexetación palustre e un extenso areal con boas presentacións de dunas primarias. A Lagoa de Doniños
atópase separada do mar por un ancho sistema dunar ben conservado.

Caracterizase por se-la lagoa costeira máis profunda do litoral de Galicia e por
ter un extenso anel de vexetación palustre.

Comentarios (0) - Categoría: medio natural - Publicado o 09-08-2006 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia