Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.
Continuamos cos traballos de restauración do inmoble destinado ao museo. Recompilamos tella para o tellado e imos fundir o solo do espazo mais grande. Tamén faremos un pasillo de pedra pola parte interior do patio.