Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avv@valledeesmelle.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NOVA AULA MEDIOAMBIENTAL "RECICLATERRA"
unha nova aula de educación ambiental “Reciclaterra” ubicase no que foi o vertedoiro de Mougá. As instalacións de titularidade autonómica pasaron a mans do Concello, quen se fará cargo do seu mantemento. “Reciclaterra” pretende achegar ao alumnado e aos visitantes en xeral ao mundo da reciclaxe. Son 93.000 metros cadrados onde ademais do aula instalaronse bancos e mesas. Esperase que Reciclaterra comece a funcionar o longo deste ano e poderanse concertar visitas por parte de centros educativos e de asociacións en xeral con carácter totalmente gratuíto.

A posta en funcionamento desta aula de educación ambiental suporá un impulso añadido o que pretendemos co proxecto Esmelle.
Comentarios (4) - Categoría: medio natural - Publicado o 20-05-2006 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
O NOSO PATRIMONIO
Lavadoiros públicos
Fixeron unha función moi importante nos anos nos que non había auga corrente nas vivendas, ademais de ser lugar de encontro dos veciños, sobre todo das mulleres.
Fontes
Complementarias dos lavadoiros tiveron grande importancia noutras épocas.
22 muíños de auga
Movidos pola súa forza, os muíños servían de sustento noutras épocas a moitas familias que neles transformaban o gra en fariña para facer o pan. Tamén servían para a xerar enerxía eléctrica alá polos anos 50 coa que se abastecían as parroquias de San Xurxo, Covas e Esmelle.
Igrexa do século XVII
Centro das parroquias veciñas foi parroquia matriz en séculos pasados.
Hórreos
Xunto coa parroquia de mandiá, o val de Esmelle e o que contén un maior número de hórreos en bo estado de conservación. Destacan dous hórreos en forma de “L” un deles cun pozo no seu pé.
Casas rústicas
Aínda conservamos en Esmelle gran cantidade de casas de pedra que fan a paisaxe mais agradable.
Un castro celta
Restos dunha vila romana
Un cruceiro
Mámoas
A praia
Numerosos ríos e regatos
Paisaxe verde...
Comentarios (1) - Categoría: patrimonio etnográfico - Publicado o 04-05-2006 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
CAMPO DE GOLF
Onte saíu na prensa que os comuneiros de Covas aprobaron en asemblea a cesión dos montes comunais de Marmadeiro, Cardido e Sartaña o concello para a construcción dun campo de Golf de 18 hoyos, zona deportiva e ocio, e aparcadoiros.

Opina sobre o tema e a súa incidencia na zona rural de Ferrol.
Comentarios (4) - Categoría: medio natural - Publicado o 03-05-2006 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia