Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ACTIVIDADE VOZ NATURA - 2014-2015
Título: Xardín de Pepa
O Xardín de Pepa e unha finca de propiedade privada (2 propietarios) cedida en custodia durante 30 anos a asociación de veciños ?Valle de Esmelle? para o seu coidado e conservación. Ten 10.000 m2 aproximadamente, esta atravesada polo rego do Roxedoiro conservando aínda o bosque de ribeira.
ANTECEDENTES
Nos anos 50 a finca estaba poblada de especies autóctonas coma cerdeiras, castiñeiros, carballos, bidueiros, etc? Nos anos da dictadura eliminaronse estas especies e fixeronse prantacións masivas de especies alóctonas coma o eucalipto. Esto provocou a perda progresiva das especies autóctonas.
PLANTACIÓN DE ESPECIES AUTÓCTONAS
Coa cesión da finca a asociación de veciños ?Valle de Esmelle? propoñemos recuperar as especies primitivas da finca. A través do programa ?Planta O2? do laboratorio farmaceutico Boerinher conseguimos que a finca sexa seleccionada para realizar a plantación na provincia de A Coruña. Médicos de toda a provincia prantarán árbores autóctonas na finca. Para isto colabora o Concello de Ferrol na limpeza previa da finca. Prantanse Carballos, Cerdeiras, Freixos, Bidueiros (800 pies) e colocase un panel interpretativo para explicar a actuación.
ACTUALIDADE
Na actualidade a finca serve de aula didáctica na naturaza onde os nenos coñecen as especies autóctonas, a súa estructura, o seu aproveitamento, etc? Tamén podese ver un apiario onde as abellas fan mel.


ACTIVIDADE REALIZADA
Arredor de 20 persoas entre nenos e nenas de Esmelle acompañados dos voluntarios visitan a finca onde se fai unha plantación de 10 carballos, explicanselle os diferentes tipos de árbores e as súas características, entre eles poden recoñecerse cerdeiras, carballos, bidueiros, freixos, castaños, acivros, etc? e o proceso do traballo das abellas onde un apicultor da zona explicalles o proceso de fabricación do mel, as labouras de cada tipo de abella etc..
Ao final rematamos no local social cunha merenda e un pequeno agasallo.

Comentarios (0) - Categoría: actos - Publicado o 28-04-2015 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
CALENDARIO TRABALLOS 2015
Estimado veciño
Como ven sabes dende finais do ano 2004 facemos traballos voluntarios de limpeza e restauración do patrimonio existente na parroquia (muíños, fontes, lavadoiros...), tamén mantemos limpas e sinalizadas as rutas de sendeirismo e BTT, co fin de que o noso patrimonio se poida visitar e disfrutar nas mellores condicións posibles.
Coa chegada da primaveira comezamos unha nova tempada de traballos voluntarios que chegará ata o mes de outubro. Por iso pedimos a túa colaboración co teu traballo.
Elaboramos un calendario de xornadas de traballo para toda a tempada que implica traballar 2 domingos ao mes, dende as 9.30 horas ata as 12.00 horas aproximadamente.
Dende o ano 2004 o número de voluntarios oscilou en positivo ou en negativo ao longo dos anos. Agora necesitamos a vosa axuda. Por iso, nos diriximos a vós, porque cremos neste proxecto e pensamos que é de vital importancia para o desenvolvemento da nosa parroquia. Tamén porque pensamos que debemos ser nós os que demos exemplo co noso traballo, sen esperar que nadie nolo faga.
Si estas disposto a participar ponte en contacto con nós por whatsapp, correo, facebook, teléfono, etc....
A comisión do PROXECTO ESMELLE
CALENDARIO ? DÍAS DE TRABALLO 2015 (domingos)
MAIO: 17 e 24 ? traballos preferentes: DESBROCE E SINALIZACION
XUÑO: 7 e 14 - traballos preferentes: DESBROCE E SINALIZACION
XULLO: 5 e 12 ? traballos preferentes: REHABILITACION E LIMPEZA
AGOSTO: 9 e 16 ? traballos preferentes: REHABILITACION E LIMPEZA
SETEMBRO: 13 e 20 ? traballos preferentes: REHABILITACION E LIMPEZA
OUTUBRO: 4 e 11 ? traballos preferentes: REHABILITACION E LIMPEZA
Comentarios (0) - Categoría: actos - Publicado o 24-04-2015 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0