Recuperación do patrimonio |
|
Proxecto Esmelle
Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza. |
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
MUIÑADAS DO MES DE ABRIL |
|
Continuamos a facer cousas, a pesar que non temos axudas.
O ritmo é máis lento do habitual, pero non da para máis.
Este mes traballamos na toponimia do noso Val. Colocamos 10 cerámicas co nome dos nosos barrios principais, colaboración de FRANCISCO PORTO, reconocido artista galego. Pronto faremos un acto de recoñecemento.
Tamén traballamos no muíño do Ferreiro facendo a mesa de pedra para a colocación do forno.
Fixemos labouras de limpeza das fincas en custodia e das rutas de sendeirismo.
Asistiron: Lorenzo, Ramón, Carneiro, Vidal I, Vidal II, Rafa, Tino, Manolo, Gustavo. |
|
|
|
MUIÑADAS DO MES DE MARZO '13 |
|
O tempo segue a ser o noso inimigo este ano. Aínda así tentamos desenvolver traballos de mantemento e conservación.
Así no mes de marzo, traballamos no muíño do Cosme, no Lavadoiro de Xeixido, na limpeza de fincas e rutas, na Fonte de Evarista e na instalación dun forno no muíño do Ferreiro.
Asistiron: Manolo, Vidal, Vidal II, Lorenzo, Manel, Carneiro, Rafa, Andrés, Paulino, Silvar, Tino, Gustavo, Alberto. |
|
|
|
|
|