Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

RUTA DOS MUÍÑOS
Hoxe, domingo 27 de abril, podemos dicir que a Ruta dos muíños está completamente sinalizada. Agora queda limpar algúns tramos que estan bastante cerrados, aínda que se pode pasar por eles. O 24 de maio faremos unha ruta guiada en colaboración co Clube de montaña de Ferrol.

Fomos lolo, lorenzo e Rafa terminar os traballos.
Lolo puxo o seu tractor, o que é de agradecer.


Categoría: cronoloxía dos traballos - Publicado o 27-04-2008 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
O PROXECTO ESMELLE XA ESTÁ EN NACIÓNS UNIDAS
This is to acknowledge reciept of your submission "Esmelle Project:
recovery of material and non-material heritage at Esmelle Valley" for
Dubai Award.

Your reference number is ESP___. Kindly quote this number in future
communication.

We will keep you updated on the selection process. Thank you for your
interest in Dubai Award.

Best Regards,
===========================================

Best Practices & Local Leadership Programme
UN-HABITAT,
Categoría: prensa - Publicado o 24-04-2008 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
MUIÑADA do 13 de abril '08
Xa lle encontramos nome aos días que imos traballar: MUIÑADA. O padriño foi Paulino e parecemos unha boa idea.

Hoxe fumos a traballar Paulino, Julita, Lorenzo, Basi, Carmen, Manel, Miguel, Rafa, Ramón, Sabín, Carneiro e Lolo.

Por fin terminamos de picar o interior do muíño do Ferreiro. O vindeiro dia de traballo comezaremos a cintar as paredes interiores, aínda que nos toca limpeza exterior, cousas da primavera.
O muíño da lavandeira xa ten os muros exteriores cintados e no interior está o traballo bastante avanzado.
Categoría: cronoloxía dos traballos - Publicado o 13-04-2008 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
X CONGRESO GALEGO DE VOLUNTARIADO
O proxecto Esmelle participou no congreso de voluntariado celebrado hoxe no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.
A Asociación de veciños "Valle" presentou o seu proxecto cun relatorio e dispuxo do seu propio stand onde informou os congresistas do seu traballo.

Foto: Saúdo do vicepresidente da Xunta de Galicia Anxo Quintana ao presidente da avv Valle de Esmelle Miguel Parra.
Categoría: prensa - Publicado o 10-04-2008 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
MUIÑADA DO 6 DE ABRIL '08
Hoxe damos a benvida aos traballos a Tonecho, veciño de Esmelle que se incorporou nesta xornada.
Ademáis traballamos Carneiro, Lolo, Victor, Paulino, Julita, Carmen, Olga, Miguel Santiago, Miguel Parra, Lorenzo e Rafa.
No muiño da lavandeira case rematamos o cintado exterior e xa empezamos co interior.
E no muíño do Ferreiro case rematamos de picar as paredes interiores e máis fixemos unha limpeza e desescombro de materiais.
O venres imos cear e o domingo volvemos.
Categoría: cronoloxía dos traballos - Publicado o 06-04-2008 14:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0