Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O CRUCEIRO PERDIDO
Dende hai uns anos, o PROXECTO ESMELLE embarcouse na recuperación do patrimonio "material e inmaterial" do Val de Esmelle, proxecto amplamente recoñecido a todos os niveis.
Nesta recuperación contamos a continuación a historia do cruceiro que se ergue a carón do Lavadorio de Río Daneiro.
Contan os máis vellos da parroquia, que desde o século XVIII existía en Esmelle, en Cha da Mariña, no cruzamento do camiño que ía dende a igrexa ó Cha co de Mougá, xusto detrás da Casa de Evarista, un cruceiro de granito de características pouco coñecidas, case seguro pegado a un muro. En 1936 o cruceiro foi derrubado, segundo parece por veciños de ideoloxía de esquerdas, aínda que para evitar represalias, díxose que o fixo un veciño coas facultades mentais diminuídas.
A versión oficial, apoiada polo cura párroco, dicía que o veciño, molesto por entender que o cruceiro se atopaba en terreos da súa propiedade, colocou as vacas no xugo, amarrou unha corda á cruz do cruceiro, e derrubouno.
En 1937 e pola achega de 137 veciños de toda a parroquia, levantouse un novo cruceiro en pedra de Moeche, nun lugar próximo á localización do anterior ( Cha da Mariña), e cunhas características moi parecidas a este que nos ocupa.
Do cruceiro vello pouco ou nada se sabía. O Proxecto Esmelle, a través da súa recuperación do patrimonio, descubriu a través do que contaban algúns veciños que o cruceiro vello estaba nas “Pontes de Días” no lugar do Soído, polo que aproveitando unhas obras na estrada recuperáronse partes do cruceiro vello: a base, o tinteiro e o Varal, que agora lucen no novo cruceiro.
Comentarios (0) - Categoría: patrimonio inmaterial - Publicado o 11-03-2021 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0