 Traballamos nos muíños do Ferreiro e Lavandeira, continuando cos traballos comezados en anteriores muíñadas. Nos encontramos coa grata noticia que están limpando as marxes do río dende o Xuncal hacia arriba. Xa chegaron ao muíño do Ferreiro polo que imos cambiar a ruta de sendeirismo e levala pegada ao río que e moito máis agradable.
Fomos a traballar, Lorenzo, Carneiro, Ramón, Lolo, Angel, Melele, Paulino, Julita, Carmen, Tino, Manel, Andrés e Rafa.
Hoxe, día da muller traballadora, felicitamos a todas as mulleres e especialmente as nosas voluntarias Carmen e Julita. |