Recuperación do patrimonio |
|
Proxecto Esmelle
Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza. |
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galiza (DOGA 17/04/2007) |
|
Ordenación preventiva do terreo forestal
Artigo 25. Usos prohibidos con carácter xeral.
1. Establécense as seguintes prohibicións:
a) Prohíbense as repoboacións forestais en solo urbano e núcleos rurais.
b) Prohíbense as repoboacións forestais en zonas adicadas a labradío, cultivo,prados ou pastos.
2. En zonas incluídas nun proceso de concentración parcelaria, os usos haberanse de
adaptar ao plan de ordenación de cultivos ou forestal, tal e como prevé a Lei 10/1985 do 14
de agosto, de Concentración Parcelaria para Galiza, coas súas sucesivas modificacións.
3. Poderá admitirse, no caso que exista un Plan de Ordenación de cultivos ou forestal, un cambio de uso de terras agrícolas, sempre que non interfira no desenvolvemento agrario da zona. Para a aprobación desta forestación será obrigatorio que esta se realice con frondosas
caducifolias ou outras plantas autóctonas de estación, priorizando o aproveitamento integral
do uso.
Artigo 26. Ordenación das repoboacións forestais.
1. As repoboacións forestais que linden con terreos situados en solo rústico de especial
protección agropecuaria deberán gardar, como mínimo, 10 metros de distancia respecto deles.
2. Establécense as seguintes distancias mínimas para as repoboacións forestais en todo tipo
de terreos e respecto das edificacións que se indican:
a) Para especies sinaladas na disposición adicional terceira da presente lei
1. Con vivendas ou instalacións preexistentes: 50 metros. En calquera caso, as axudas para as repoboacións forestais condicionaranse a que
a superficie que estea a menos de 100 metros dende o límite de calquera parcela edificada no núcleo rural, non se introduzan tales
especies.
b) Para o resto das especies:
1. Con vivendas ou instalacións preexistentes: 10 metros.
2. Con industrias ou instalacións preexistentes nas que se desenvolvan actividades perigosas consonte co establecido na Lei 1/1992, do 2 de
xaneiro, de Protección Medioambiental de Galicia ou na súa normativa de desenvolvemento: 25 metros.
3. As distancias anteriores non serán de aplicación en parques públicos, xardíns botánicos e no interior de parcelas rústicas ou de núcleos rurais edificadas con plantacións de pés illados
ou xardíns con setos e especies arbóreas ornamentais. Tampouco será de aplicación no caso
de afectar a árbores senlleiras.
4. As distancias mediranse desde o límite exterior da repoboación, entendendo por tal o pé
do exemplar dela máis próximo á propiedade veciña, ata o límite medianeiro coa outra
propiedade.
5. As persoas titulares dos predios que teñan realizadas repoboacións forestais confinantes
con outros predios, respectando as distancias mínimas establecidas na lexislación vixente,
deberán manter limpas de pólas as súas masas arbóreas, sen que se estendan sobre os
predios confinantes.
6. En todo caso, estarán suxeitas á declaración de impacto ambiental as repoboacións forestais nos supostos previstos no anexo I do Decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental de Galiza.
7. Así mesmo, no caso das repoboacións forestais recollidas no anexo II do Decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, a consellaría competente en materia de ambiente determinará, logo de solicitude do interesado, a necesidade de someterse ou non á avaliación de impacto ambiental. |
|
|
|
¡¡ PRANTA CASTIÑEIROS!! |
|

O castiñeiro non é unha árbore autóctona de Galicia, pero como amosan os fósiles, ten unha antigüedade moi grande, dende logo é anterior a época da chegada dos romanos. O lector debe saber que o pé dos castros celtas seica xa había castiñeiros.
De tódolos xeitos hai teorías para tódolos gustos: dende a anterior ata que situa o castiñeiro como introducido polos romanos. As máis consideran que os romanos únicamente trouxeron variedades distintas, nada máis.
O que si é seguro é que o castiñeiro leva polo tanto milleiros de anos xunto os galegos.
Hai moita documentación do século X e XI como por exemplo a seguinte, na que se proba o que xa sabemos, que o castiñeiro era a árbore máis importante de Galicia:
"Existen documentos que relatan las colonizaciones hechas en los siglos X y XI por los frailes benedictinos de Celanova en las tierras de A Limia, Verín y Ramirás, en las que introducen al mismo tiempo con el cultivo del vino la plantación de nuevos soutos o castañares. Los documentos más significativos son sin duda los contratos forales, en los que los señores monásticos conceden una tierra a un forero con la expresa obligación de «hacer, chantar o poblar un souto». En otras ocasiones los señores incluso exigen que se «planten o hagan castañas» en tal o cual sitio, es decir, utilizan el nombre del fruto y no del árbol, lo que no deja de ser indicativo de dónde radicaba el mayor interés por el cultivo de esta especie."
Texto sacado de:
MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN (BOE 56 de 7/3/2006)
Resolución de 7 de febrero de 2006, de la Dirección General de Industria Agroalimentaria y Alimentación, por la que se da publicidad a la solicitud de registro de la indicación geográfica protegida «Castaña de Galicia».
Sin dudalo é a árbore de máis vitalidade. Hai castiñeiros centenarios, con caracocha ouca, superando os dous metros de diámetro no tronco.
O castiñeiro foi básico na alimentación galega. Foi tamén básico para os carpinteiros; o castiñeiro valía para todo.
|
|
|
|
|
|