Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ESMELLE NO CONGRESO NACIONAL DO PATRIMONIO INDUSTRIAL
V Congreso para a Conservación do Patrimonio Industrial e da Obra Pública en España que organiza TICCIH España (Comité Internacional para a conservación e defensa do Patrimonio Industrial)

O congreso, organizado por TICCIH España (Comité Internacional para a conservación e defensa do Patrimonio Industrial), desenvólvese do 25 ao 28 de febreiro no Campus de Esteiro de Ferrol

O Proxecto Esmelle participou cunha comunicación na categoria de "A MEMORIA DO TRABALLO NO PATRIMONIO INDUSTRIAL"

O relator foi Paulino Gasalla, secretario da asociación de veciños "Valle" e membro activo do Proxecto Esmelle.


Comentarios (0) - Categoría: actos - Publicado o 28-02-2009 16:23
# Ligazón permanente a este artigo
PLANTA 02
O proxecto "Planta 02" reforestará unha hectárea de terreo en Esmelle

Diario de Ferrol - 21/02/2009

Unha parcela de bosque de ribeira antigamente poboada por castiñeiros, cerdeiras, carballos e salgueiros, que durante os anos 50 foi cortada e repoboada con eucaliptos será reforestada no marco do proxecto "Planta 02", impulsado pola Liña Switch da compañía farmacéutica Boehringer.

Situado en Esmelle, o terreo está desprovisto actualmente de estrato arbóreo e presenta unha abundante cantidade de silveiras e fentos -tamén hai zonas con eucaliptos, algunhas cerdeiras, un par de acivros protexidos por lei e algún brote illado de carballo.

A actuación levarase a cabo o próximo día 28. Será sobre este terreo, de propiedade privada, pero con contrato de cesión por 30 anos en Custodia do Territorio á Asociación de Veciños Valle de Esmelle. Está situado no centro do val, entre o local social e a igrexa parroquial e caracterízase por ser unha zona granítica onde predominan os chans silícicos. Geomorfológicamente é unha vertente bastante plana dun pequeno regueiro, bastante regular e presenta un pequeno desmonte dunha estrada veciñal que pasa pola marxe do terreo.

A súa reforestación é unha iniciativa máis do Proxecto Esmelle que a AVV "Valle" ten en marcha dende o ano 2003 co fin de recuperar o patrimonio etnográfico e natural do val. Conta coa implicación dos veciños que xa recuperaron varios muíños, fontes e lavadoiros e creáronse rutas de senderismo que os percorren. Así mesmo, entre os seus obxectivos figura a recuperación da paisaxe e das especies autónomas que o poboaban.

"Planta 02 " > A reforestación desta hectárea forma parte do proxecto "Planta 02", que conta coa colaboración do Centre Tecnològic Forestal de Catalunya. O seu obxectivo é fomentar a sensibilización ambiental a través da reforestación de, polo menos, unha hectárea de terreo en diferentes zonas de España. Iniciouse cunha plantación de árbores en Cataluña e nos próximos meses reforestará 31 hectáreas en diferentes provincias da xeografía española.

Nesta iniciativa, médicos e profesionais da saúde destinan unha pequena parte do seu tempo libre á plantación de árbores autóctonas de cada rexión para contribuír á mellora do medio.

O CTFC, co que está asinado un compromiso de dous anos, é o encargado de buscar as zonas e de xestionar as autorizacións pertinentes e, unha vez realizado o repoboación, ocúpase do mantemento e revisión da hectárea onde se actuou.

Para levar a cabo esta acción cóntase coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol, que se encarga da limpeza e preparación do terreo que será obxecto desta plantación.
Comentarios (0) - Categoría: prensa - Publicado o 21-02-2009 08:21
# Ligazón permanente a este artigo
MUIÑADA do 8 de febreiro '09
Carneiro, Melele, Lolito, Ramón, Angel, José Ramón, Silvar, Miguel Santiago, Lorenzo, Basi, Paulino, Carmen e Tino.

Traballaron nos muíños do Ferreiro e Lavandeira. No primeiro traballaron na preparación do solo para fundir e no cintado das paredes. No segundo traballaron na reconstrucción dun muro a carón do cubo.

Choveu.

Comentarios (0) - Categoría: cronoloxía dos traballos - Publicado o 08-02-2009 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
MUIÑADA do 1 de febreiro '09
Como chovia fomos todos para o muíño do Ferreiro e traballamos no interior cintando nas paredes e preparando o solo para os tubos de drenaxe. Tamén traballamos nas penas cun martillo eléctrico.
Por forá, acabouse de limpar un dos cubos e suxetouse unha pedra no cano que estaba tirada.

Asistiron: Tino, Lorenzo, Rafa, Miguel Parra, José Ramón, Basilio, Andrés, Miguel Santiago, Luco, Angel, Carneiro e Xoán Silvar.
Comentarios (0) - Categoría: cronoloxía dos traballos - Publicado o 02-02-2009 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0