Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avv@valledeesmelle.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

¡¡ PRANTA CARBALLOS !!








































O carballo é a arbore máis simbólica de Galicia

Nas carballeiras (bosques de carballos) era onde se facían as festas populares, con comida, viño, música de gaitas, bombos e pandeiros, bailes, enamoramentos... Ay, se os carballos hablaran...
Hai unha canción que dí:

Carballeira de San Xusto,
carballeira ben chamada,
naquela carballeiriña,
perdín a miña navalla.

Refirese á Romería de San Xusto e San Pastor que se celebra o 5 e 6 de agosto en San Xurxo de Sacos.

O carballo é unha árbore máxica e lexendaria
A máis grande, a máis forte, a árbore dos deuses. Era a árbore preferida de Zeus. Plinio di que os carballos precederon ós homes na creación. Segundo os celtas tódalas xuntanzas importantes para un pobo, debían ter lugar baixo dun carballo. O culto desta árbore era como o culto ó fogar. Tamén o visco de carballo era recollido cunha grande cerimonia polos druidas, que logo da maceración, repartían esta 'auga lustral' para sanar enfermidades e protexer dos males".

Etnoloxía
O noso folclore está cheo de referencias a esta árbore e, o feito de que existan máis de 600 topónimos galegos nos que se lle fai referencia, xustifica a importancia desta especie na nosa historia. Xa para os celtas era unha árbore sagrada, polo que as súas follas non faltaban nas súas cerimonias. Os romanos otorgábanlle tamén un valor sagrado pola súa fortaleza, e aqueles lugares onde existían grandes carballeiras eran nominados como Lucus, o nome latino da cidade de Lugo, polo que se supón que Lugo era antes un bosque sagrado.O último representante do bosque sagrado lugués foi o chamado roble de San Vicente, talado en 1680 para facer as obras do claustro do convento de Santo Domingo.




Comentarios (0) - Categoría: recupera a paisaxe - Publicado o 28-02-2007 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia