Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PRESENTACIÓN DA REVISTA
Hoxe, sábado 22 de decembro, fixemoa a presentación da revista do proxecto esmelle no noso local. Asistiron un bo número de veciños que aceptaron con agrado, tanto o deseño coma o contido da revista. Como invitados especiais compartiron a tarde con nós Xoán Rodriguez Silvar e Germán Castro Tomé, ambos colaboradores na revista que se presentaba. Destacaron a importancia do que se estaba a facer, a súa difusión e a calidade da publicación.
Miguel Parra presidente da entidade, agradeceu a colaboración dos patrocinadores, colaboradores, e por suposto, de tódolos voluntarios que traballan no proxecto.

Seguimos adiante.
Descárgate a Revista
Categoría: actos - Publicado o 22-12-2007 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
Traballos voluntarios: Domingo, 9 de decembro '07
Este domingo fomos o muíño do Ferreiro Basi, Miguel, Carmen, Paulino, Lorenzo, e Rafa.
Traballamos no picado do cemento das paredes interiores, no encintado dunha parede de fóra, e desescombro do interior do muíño.

Tamén traballaron na limpeza de Rio D'aneiro Ramón, Luco e Sabín que limparon a cauce do río pegada o muro do Local Social.


RFB
Comentarios (0) - Categoría: cronoloxía dos traballos - Publicado o 09-12-2007 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Traballos voluntarios: Domingo, 2 de decembro '07
Nova xornada de traballo nos muíños do Ferreiro e a lavandeira. Fai frio, debe ser por iso polo que fomos poucos.
No muíño do Ferreiro estivemos Lorenzo, Rafa, Carmen, Olga e Miguel picando no cemento e desescombrando.
No muíño da lavandeira Lolo Pérez e Pepe Carneiro andiveron cintado nas paredes.
E no Rio D'aneiro Moncho Santiago e Luís Sabin desbrozaron no rio que parecía unha selva.
RFB.
Comentarios (0) - Categoría: cronoloxía dos traballos - Publicado o 02-12-2007 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0