Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Traballos voluntarios: Domingo 11 de novembro '07
Hoxe tamén fixo bo tempo. Coa resaca das IV xornadas do proxecto Esmelle houbo bastante asistencia os traballos. Basi, Carneiro, Lolo, Lorenzo, Ramón, Luco, Paulino, Julita, Manel, Miguel e Olga estiveron traballando. Hoxe palmei eu, cousas de nenos.
Fixeron traballos no muíño do Ferreiro tanto de limpeza exterior (dende o camiño xa se ve todo o muíño con claridade), como no interior onde practicamente xa non queda cemento e as paredes de pedra están á vista.
No muíño da lavandeira fixeronse traballos de remate do tellado e repasaronse algúns furados. Nos vindeiros días de traballos comezarase a limpar as paredes e cintar os muros.
Seguimos adiante...
RFB
Comentarios (0) - Categoría: cronoloxía dos traballos - Publicado o 11-11-2007 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
IV XORNADAS DO PROXECTO ESMELLE
Hoxe celebramos ás IV xornadas do noso proxecto e creo que o balance foi moi positivo, pois a participación aumentou con respecto a anteriores edicións (42 asistentes), dos que algúns eran de forá da nosa parroquia.
Inaugurou as xornadas o concelleiro de Urbanismo do Concello de Ferrol, Angel Mato Escalona.
Os relatores deste ano basaron as súas charlas en diferentes temas, todos eles relacionados dunha ou outra forma coa nosa parroquia.
Comezou a xornada o xornalista Ramón Loureiro falandonos do mago Merlín e a súa relación con Esmelle, o seu mundo fantástico e as súas orixes.
Continuou Pedro Rocha Coladas, o primeiro xerente do Plan Oscos-Eo que nos fixo un repaso o traballo realizado nesa zona para a posta en valor dos recursos. A zona de Oscos-Eo acaba de ser nombrada "Reserva da biosfera".
O profesor Antonio Gómez falou da importancia medio ambiental dos humedais e destacou a boa conservación actual dos existentes en Esmelle.
Para rematar Alberto Gónzalez, Delegado Provincial de Política Territorial disertou sobre "Urbanismo e Patrimonio" e fixo unha exposición do Castro de Esmelle e as súas posibilidades de explotación.

Cabe destacar a repercusión que esta a coller o proxecto, xa que cada ano aumento o numero de persoas que nos visitan de fora da Parroquie e que teñen unha opinión moi boa do Proxecto
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 10-11-2007 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
Traballos voluntarios: Domingo 4 de novembro
Muíño do Ferreiro
Hoxe tivemos bon día e traballamos nos muíños do Ferreiro e da Lavandeira.

No do Ferreiro fixemos unha boa limpeza exterior cortando silvas e maleza que rodeaba o muíño. Tamén cortamos eucaliptos que estaban moi cerca do muíño. Por dentro seguimos picando a parede e quitando escombro.
Esta semana pasada púxoselle a tella o tellado. O cambio e importante.

No muíño da Lavandeira rematouse o tellado. A próxima semana comezarase a picar e lavar a pedra para cintalo exteriormente.

Traballamos: Carneiro, Ramón, Luco, Paulino, Manel, Carmen, Lorenzo, Rafa, Sabín, Lolo, Melele.
Comentarios (0) - Categoría: cronoloxía dos traballos - Publicado o 04-11-2007 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0