Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

FEIRA DE NADAL DO VAL DE ESMELLE
PROGRAMA (CARPA NO LOCAL SOCIAL)
10.00 Inauguración da Feira de Nadal “Val de Esmelle”
- Mercado de productos de Esmelle, artesania, roupa, adornos de nadal, Postres, Embutido, Bisuteria, Coiro, 2º mán, antiguidades, etc....
- Apertura dos expositores das empresas asociadas a marca “Valle de Esmelle”

11.00 Taller: Cestería en Bimbios – Guillermo Rascado
12.00 Taller: Patchwork – Pollito hecho a mano
(trae a túa camiseta e decoraa)

13.00 Sorteo de regalos
14.00 Degustación de callos - Prezo ración 5€

16.00 Taller: Montaxe dunha colmea – Manel Fdez
17.00 Taller: Muñecas de trapo – Mucha Del Río
17.00 Ruta BTT do Val de Esmelle (Adultos)
18.00 Taller scrapbooking de nadal – Chus Ríos
Ven a facer a túa felicitación de nadal

19.30 Actuación da Charanga “Os Charangos de Neda”
20.00 Degustación de caldo Galego. Prezo ración: 2 €
21.00 Sorteo de regalos

Todas as actividades e talleres son abertos e gratuitos.

www.valledeesmelle.com
Comentarios (0) - Categoría: actos - Publicado o 20-11-2013 16:56
# Ligazón permanente a este artigo
10ªs XORNADAS DO PROXECTO ESMELLE
19 DE OUTUBRO '13
MUÍÑO DO FERREIRO

10.00 h Inauguración das Xornadas
José Manuel Rey Varela, Alcalde de Ferrol

10.30 h “Arquitectura con_sentid@”
RELATOR: Iñaki Mendizábal
Responsable da Oficina de Rehabilitación do Concello de Ferrol

11.15 h “Paisaxismo rural”
RELATORA: María Sanchez de Toca
Enxeñeira agrícola e Paisaxista

12.00 h descanso - café

12.15 h “Aproveitamentos forestais primarios e secundarios e a súa rentabilidade”
RELATOR: Tonecho Meixide Fernández

13.00 h “Un texto inédito de 1827: A Carta do cura de Esmelle”
RELATOR: Gonzalo Navaza
Catedrático e profesor na Facultade de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo. Membro da Real Academia Galega da Lingua.

14.00 h XANTAR
Comentarios (0) - Categoría: actos - Publicado o 20-09-2013 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
MUÍÑADA DO 15 DE SETEMBRO '13
Comezamos oficialmente una nova tempada de traballos de conservación e mantemento do noso patrimonio etnográfico.

A semana pasada fixemos unha xornada de desbroce e limpeza nas fincas dos muíños de Mougá e Pepa, na Fonte de Evarista, no Xardín de Pepa e nalgúns tramos da Ruta dos muíños.

O domingo fomos ao muíño do Cosme e tamén o Xardín de Pepa a facer traballos de desbroce e limpeza e no caso do Muíño do Cosme tamén ao cintado dos muros exteriores.

Traballamos:
Vidal I, Vidal II, Basi, Paulino, Lorenzo, Gustavo, Marcos, Miguel, Manel e Carneiro.
Comentarios (0) - Categoría: cronoloxía dos traballos - Publicado o 16-09-2013 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA OPINIÓN SOBRE NÓS
http://alucenzadoabade.wordpress.com/category/herdeiros-pola-forza/

Estes labregos incultos mobilízanse a día de hoxe a prol do patrimonio. Hoxe mesmo recibín as propostas para presentar comunicacións nun congreso internacional sobre socialización do patrimonio que vai ter lugar en Malpartida de Cáceres en setembro deste ano. Entre tanta ponencia firmada por arquitectos, arqueólogos, catedráticos e técnicos topei cunha marabillosa proposta firmada por dous veciños das Asociación Val de Esmelle, Rafael e Manuel. Titúlase: Recuperación del Patrimonio material e inmaterial del valle de Esmelle (Ferrol, España) (Fernández e Lorenzo 2013). No resumo da comunicación atopamos frases como as que seguen: El proyecto Esmelle se concibe para intentar no perder definitivamente un patrimonio etnográfico que se encontraba sumido en el olvido. […] Nuestro fin es que este proyecto ayude al desarrollo de Esmelle de cara al futuro; pero si no es así, por lo hemos habremos salvado nuestro patrimonio. Este no es un proyecto excluyente, sino que su máxima es la unión y cooperación de todos. En él participan mujeres con las mismas responsabilidades y tareas que los hombres.

Estes homes e mulleres recuperan voluntariamente o patrimonio local, dende muíños, pasando por bosques autóctonos e acuíferos, até lavadoiros, castros e cruceiros. Un destes cruceiros era o de Cruceiro, que rematou os seus días escangallado servindo de cachote nunha pontella. O asociacionismo de base acadou recuperar este elemento etnográfico e reconstruír a súa microhistoria (Gasalla 2010, 87-8):

Desde o século XVIII existía en Esmelle, en Chá da Mariña, no lugar do Cruceiro, un cruceiro de granito, de características pouco coñecidas, case seguro encostado a un muro. En 1936 o cruceiro foi derrubado, segundo parece por veciños de ideoloxía de esquerdas, aínda que para evitar represalias, díxose que o fixo un veciño coas facultades mentais diminuídas. A versión oficial, apoiada polo cura párroco, dicía que o veciño, molesto por entender que o cruceiro se atopaba en terreos da súa propiedade, colocou as vacas no xugo, amarrou unha corda á cruz do cruceiro, e derrubouno. En 1937, e pola achega de 137 veciños de toda a parroquia, levantouse outro cruceiro, que é o que existe actualmente, nun lugar próximo á localización do anterior. Foi construido en pedra de Moeche.

Nós cremos firmemente nos valores das comunidades locais deste país, educadas consuetudinariamente nunha tradición asemblearia de reunión en adros e concellos, nunha cultura de resolución de conflitos baseada na procura do consenso. Dende estes presupostos pódese acadar unha socialización real do patrimonio en Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: patrimonio etnográfico - Publicado o 30-08-2013 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
El Concello destina 6.000 euros a un convenio con la AVV Valle de Esmelle




















































DIARIO DE FERROL 28/08/2013
El alcalde ferrolano, José Manuel Rey, y el presidente de la AVV Valle de Esmelle, Miguel Parra, firmaron ayer el convenio en el que se recoge una aportación del Concello de 6.000 euros para que la entidad continúe desarrollando el “Proxecto Esmelle: Plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial do Val de Esmelle”.
“La ayuda es poca pero la agradezco de corazón”, reconoció ayer Parra, que explicó que el dinero les permitirá abarcar metas más amplias, sobre todo relacionadas con el turismo. “Queremos alcanzar todas las parroquias del rural limítrofes y a toda la ciudad”, señaló.
Por su parte, el regidor local destacó el trabajo que la AVV Valle de Esmelle realiza a lo largo del año y apuntó que, con cargo al convenio recuperado ayer, se podrá avanzar en el mantenimiento y la conservación de siete molinos y un lavadero. Además, se recuperarán rutas de senderismo existentes y se señalizarán otras nuevas, tal como explicó Rey Varela. Asimismo, el alcalde avanzó que los daños que presentan las carreteras de la zona se subsanarán.
Comentarios (0) - Categoría: prensa - Publicado o 28-08-2013 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [7] [8] [9] 10 [11] [12] [13] ... [55]
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia