Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O NOSO PATRIMONIO
Lavadoiros públicos
Fixeron unha función moi importante nos anos nos que non había auga corrente nas vivendas, ademais de ser lugar de encontro dos veciños, sobre todo das mulleres.
Fontes
Complementarias dos lavadoiros tiveron grande importancia noutras épocas.
22 muíños de auga
Movidos pola súa forza, os muíños servían de sustento noutras épocas a moitas familias que neles transformaban o gra en fariña para facer o pan. Tamén servían para a xerar enerxía eléctrica alá polos anos 50 coa que se abastecían as parroquias de San Xurxo, Covas e Esmelle.
Igrexa do século XVII
Centro das parroquias veciñas foi parroquia matriz en séculos pasados.
Hórreos
Xunto coa parroquia de mandiá, o val de Esmelle e o que contén un maior número de hórreos en bo estado de conservación. Destacan dous hórreos en forma de ?L? un deles cun pozo no seu pé.
Casas rústicas
Aínda conservamos en Esmelle gran cantidade de casas de pedra que fan a paisaxe mais agradable.
Un castro celta
Restos dunha vila romana
Un cruceiro
Mámoas
A praia
Numerosos ríos e regatos
Paisaxe verde...
Comentarios (1) - Categoría: patrimonio etnográfico - Publicado o 04-05-2006 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
CAMPO DE GOLF
Onte saíu na prensa que os comuneiros de Covas aprobaron en asemblea a cesión dos montes comunais de Marmadeiro, Cardido e Sartaña o concello para a construcción dun campo de Golf de 18 hoyos, zona deportiva e ocio, e aparcadoiros.

Opina sobre o tema e a súa incidencia na zona rural de Ferrol.
Comentarios (4) - Categoría: medio natural - Publicado o 03-05-2006 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
charlas forestais
Tema: ?Novas Alternativas forestais?

Analise da zona
Caracteristicas culturais das especies (piñeiro, cereixeira, carballo, eucalipto...
Cuidados silvicolas
Analise e comparativa económica

Tema: ?cultivo de Shiitake (Lentinula edodes) como aproveitamento forestal secundario. A planta micorrizada como rexeneradora de solos queimados.?
destrucción dos solos, perda de estructuras bióticas e abióticas
aporte e rexeneración coa planta micorrizada, qué lle aporta a micorriza á planta e ao solo.

Se non asistiches tes na web www.valledeesmelle.com o documento base da 1ª charla, e na web www.hifasdaterra.com información ampliada da 2ª charla

Se asistiches ás charlas danos a túa opinion e algunha idea para levar a cabo este tema.

Comentarios (2) - Categoría: medio natural - Publicado o 26-04-2006 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
A nosa filosofía
recuperando o muíño das SalgueirasO proxecto Esmelle concebiuse para tentar non perder definitivamente un patrimonio etnográfico que se atopaba sumido no olvido. Nun principio ia destinado a ser a guia pola que acceder as axudas das administracións co fin de levar a cabo o proxecto. Pouco a pouco vimos que o mellor aval ante as administracións era implicarnos directamente co noso traballo e así escomenzamos a realizar traballos voluntarios de limpeza e restauración do noso patrimonio (muíños principalmente). O par deste traballos tamén desenvolvemos xornadas educativas relacionadas co medio natural, co patrimonio, coa recuperación dos bosques autoctonos, as árbores frutais autóctonos, insistindo na enorme importancia de protexelo e recuperalo. O noso fin e que este proxecto axude ó desenvolvemento de Esmelle cara o futuro, pero sen non é así, polo menos teremos salvado o noso patrimonio.
PROXECTO ESMELLE
Comentarios (3) - Categoría: fins - Publicado o 26-04-2006 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0