Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ALDEA RURAL "POLVORINES DE MOUGA"
Ideas para as antigas instalacións do exercito en Mougá

FINALIDADE
Creación dunha Aldea Rural na zona denominada “Polvorines de Mougá do Exercito de Terra”, para dedicala ó turismo rural en grupo ou familiar.
Potenciar a actividade turística no Val de Esmelle en particular e no Concello de ferrol en xeral
Recuperar para un uso turístico e medio ambiental, instalacións militares abandonadas pertencentes o Concello de Ferrol.
Ampliar a oferta turística con outro tipo de actividades
Crear postos de traballo
Mellorar a calidade de vida no entorno
Respectar e aproveitar do medio ambiente

SITUACIÓN
Os “Polvorines de Mougá” do exercito de terra, sitúanse no termo municipal de Ferrol, entre as parroquias de San Xoán de Esmelle e Doniños

ACCESOS
O acceso ó complexo pode realizarse directamente a través do fronte (Sur) da edificación pola estrada Local Balón – San Xoán de Esmelle.
Peche perimetral con alambre entrenzado, con postes metálicos de suxeición cada 5 metros.

CARACTERÍSTICAS CONSTRUCTIVAS
O recinto consta de:
14 edificacións diseminadas
1 edificio principal na entrada principal
3 edificios anexos na entrada principal

As edificacións mencionadas están estructuradas claramente en dúas amplas zonas separadas por unha extensa explanada e cunha pista interior que as comunica o redor dun perímetro. Por un lado están os edificios que compoñen a entrada ó recinto e por outro ás 14 edificacións diseminadas circularmente.

POSIBLES DEPENDENCIAS
Comedor
Sala de actividades
Zona de aloxamento
Campo de actividades
Aparcamento
Zona de acampada
Baños
Duchas
Almacén
Cafetería

ACTIVIDADES A DESENVOLVER

Sendeirismo:
Rutas micolóxicas
Rutas ornitolóxicas
Etnográficas
Históricas
Rutas en bicicleta
Rutas a cabalo (CONVENIO)
Observación de aves
Parapente (CONVENIO)
Surf e Windsurf (CONVENIO)
Aulas da natureza
Talleres (barro, papel, reciclaxe)
Actividades deportivas
Rutas 4x4
Castelos
Ría
Costa, etc...
Quads
Mergullo (CONVENIO)
Orientación
...
Comentarios (1) - Categoría: medio natural - Publicado o 29-06-2006 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
Recuperación do patrimonio inmaterial
"En África, un anciano que muere es una biblioteca que desaparece..." Hampaté Bâ



Definese o patrimonio inmaterial ou intanxible pola UNESCO como o conxunto de formas de cultura tradicional e popular ou folclórica, e dicir, as obras colectivas que emanan dunha cultura e baseanse na tradición. Estas tradicións transmitense oralmente ou mediante xestos e modificanse co transcurso do tempo a través dun proceso de recreación colectiva. Inclúense as tradicións orais, as costumes, as linguas, a música, os bailes, os rituais, as fiestas, a medicina tradicional e a farmacopea, as artes culinarias e tódalas habilidades especiais relacionadas cos aspectos materiais da cultura, como as ferramientas e o hábitat.

No proxecto Esmelle estamos a recuperar este patrimonio inmaterial. Durante o ano 2006 estamos a realizar entrevistas grabadas en audio cos maiores da parroquia, nas que nos contan as súas experiencias en tódolos ambitos da vida. Ata o de agora levamos entrevistadas a 5 persoas e seguiremos co traballo.

Engade ás tuas ideas.....
UNESCO - patrimonio inmaterial
Comentarios (0) - Categoría: patrimonio inmaterial - Publicado o 01-06-2006 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
NOVA AULA MEDIOAMBIENTAL "RECICLATERRA"
unha nova aula de educación ambiental “Reciclaterra” ubicase no que foi o vertedoiro de Mougá. As instalacións de titularidade autonómica pasaron a mans do Concello, quen se fará cargo do seu mantemento. “Reciclaterra” pretende achegar ao alumnado e aos visitantes en xeral ao mundo da reciclaxe. Son 93.000 metros cadrados onde ademais do aula instalaronse bancos e mesas. Esperase que Reciclaterra comece a funcionar o longo deste ano e poderanse concertar visitas por parte de centros educativos e de asociacións en xeral con carácter totalmente gratuíto.

A posta en funcionamento desta aula de educación ambiental suporá un impulso añadido o que pretendemos co proxecto Esmelle.
Comentarios (6) - Categoría: medio natural - Publicado o 20-05-2006 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
O NOSO PATRIMONIO
Lavadoiros públicos
Fixeron unha función moi importante nos anos nos que non había auga corrente nas vivendas, ademais de ser lugar de encontro dos veciños, sobre todo das mulleres.
Fontes
Complementarias dos lavadoiros tiveron grande importancia noutras épocas.
22 muíños de auga
Movidos pola súa forza, os muíños servían de sustento noutras épocas a moitas familias que neles transformaban o gra en fariña para facer o pan. Tamén servían para a xerar enerxía eléctrica alá polos anos 50 coa que se abastecían as parroquias de San Xurxo, Covas e Esmelle.
Igrexa do século XVII
Centro das parroquias veciñas foi parroquia matriz en séculos pasados.
Hórreos
Xunto coa parroquia de mandiá, o val de Esmelle e o que contén un maior número de hórreos en bo estado de conservación. Destacan dous hórreos en forma de “L” un deles cun pozo no seu pé.
Casas rústicas
Aínda conservamos en Esmelle gran cantidade de casas de pedra que fan a paisaxe mais agradable.
Un castro celta
Restos dunha vila romana
Un cruceiro
Mámoas
A praia
Numerosos ríos e regatos
Paisaxe verde...
Comentarios (1) - Categoría: patrimonio etnográfico - Publicado o 04-05-2006 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
CAMPO DE GOLF
Onte saíu na prensa que os comuneiros de Covas aprobaron en asemblea a cesión dos montes comunais de Marmadeiro, Cardido e Sartaña o concello para a construcción dun campo de Golf de 18 hoyos, zona deportiva e ocio, e aparcadoiros.

Opina sobre o tema e a súa incidencia na zona rural de Ferrol.
Comentarios (4) - Categoría: medio natural - Publicado o 03-05-2006 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia