Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Traballos voluntarios: domingo, 13 de xaneiro '08
Hora: 9.30
Lugar: Muíño do Ferreiro
Asisten: Miguel, Carmen, Manel, Rafa, Lorenzo e Paulino

Traballos:


Hoxe o tempo non acompañou polo que fixemos traballos no interior, consistentes en dar tratamento a madeira contra a carcoma e a humidade, seguimos co picado interior das paredes, deixando a pedra ó aire para o seu cintado posterior, e desescombramos.


RFB
Comentarios (0) - Categoría: cronoloxía dos traballos - Publicado o 13-01-2008 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN DA REVISTA
Hoxe, sábado 22 de decembro, fixemoa a presentación da revista do proxecto esmelle no noso local. Asistiron un bo número de veciños que aceptaron con agrado, tanto o deseño coma o contido da revista. Como invitados especiais compartiron a tarde con nós Xoán Rodriguez Silvar e Germán Castro Tomé, ambos colaboradores na revista que se presentaba. Destacaron a importancia do que se estaba a facer, a súa difusión e a calidade da publicación.
Miguel Parra presidente da entidade, agradeceu a colaboración dos patrocinadores, colaboradores, e por suposto, de tódolos voluntarios que traballan no proxecto.

Seguimos adiante.
Descárgate a Revista
Categoría: actos - Publicado o 22-12-2007 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
Traballos voluntarios: Domingo, 9 de decembro '07
Este domingo fomos o muíño do Ferreiro Basi, Miguel, Carmen, Paulino, Lorenzo, e Rafa.
Traballamos no picado do cemento das paredes interiores, no encintado dunha parede de fóra, e desescombro do interior do muíño.

Tamén traballaron na limpeza de Rio D'aneiro Ramón, Luco e Sabín que limparon a cauce do río pegada o muro do Local Social.


RFB
Comentarios (0) - Categoría: cronoloxía dos traballos - Publicado o 09-12-2007 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Traballos voluntarios: Domingo, 2 de decembro '07
Nova xornada de traballo nos muíños do Ferreiro e a lavandeira. Fai frio, debe ser por iso polo que fomos poucos.
No muíño do Ferreiro estivemos Lorenzo, Rafa, Carmen, Olga e Miguel picando no cemento e desescombrando.
No muíño da lavandeira Lolo Pérez e Pepe Carneiro andiveron cintado nas paredes.
E no Rio D'aneiro Moncho Santiago e Luís Sabin desbrozaron no rio que parecía unha selva.
RFB.
Comentarios (0) - Categoría: cronoloxía dos traballos - Publicado o 02-12-2007 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
Traballos voluntarios: Domingo 11 de novembro '07
Hoxe tamén fixo bo tempo. Coa resaca das IV xornadas do proxecto Esmelle houbo bastante asistencia os traballos. Basi, Carneiro, Lolo, Lorenzo, Ramón, Luco, Paulino, Julita, Manel, Miguel e Olga estiveron traballando. Hoxe palmei eu, cousas de nenos.
Fixeron traballos no muíño do Ferreiro tanto de limpeza exterior (dende o camiño xa se ve todo o muíño con claridade), como no interior onde practicamente xa non queda cemento e as paredes de pedra están á vista.
No muíño da lavandeira fixeronse traballos de remate do tellado e repasaronse algúns furados. Nos vindeiros días de traballos comezarase a limpar as paredes e cintar os muros.
Seguimos adiante...
RFB
Comentarios (0) - Categoría: cronoloxía dos traballos - Publicado o 11-11-2007 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0