Recuperación do patrimonio |
|
Proxecto Esmelle
Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza. |
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O PROXECTO ESMELLE XA ESTÁ EN NACIÓNS UNIDAS |
|
This is to acknowledge reciept of your submission "Esmelle Project:
recovery of material and non-material heritage at Esmelle Valley" for
Dubai Award.
Your reference number is ESP___. Kindly quote this number in future
communication.
We will keep you updated on the selection process. Thank you for your
interest in Dubai Award.
Best Regards,
===========================================
Best Practices & Local Leadership Programme
UN-HABITAT,
|
|
|
|
MUIÑADA do 13 de abril '08 |
|
Xa lle encontramos nome aos días que imos traballar: MUIÑADA. O padriño foi Paulino e parecemos unha boa idea.
Hoxe fumos a traballar Paulino, Julita, Lorenzo, Basi, Carmen, Manel, Miguel, Rafa, Ramón, Sabín, Carneiro e Lolo.
Por fin terminamos de picar o interior do muíño do Ferreiro. O vindeiro dia de traballo comezaremos a cintar as paredes interiores, aínda que nos toca limpeza exterior, cousas da primavera.
O muíño da lavandeira xa ten os muros exteriores cintados e no interior está o traballo bastante avanzado.
|
|
|
|
X CONGRESO GALEGO DE VOLUNTARIADO |
|
 O proxecto Esmelle participou no congreso de voluntariado celebrado hoxe no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.
A Asociación de veciños "Valle" presentou o seu proxecto cun relatorio e dispuxo do seu propio stand onde informou os congresistas do seu traballo.
Foto: Saúdo do vicepresidente da Xunta de Galicia Anxo Quintana ao presidente da avv Valle de Esmelle Miguel Parra. |
|
|
|
MUIÑADA DO 6 DE ABRIL '08 |
|
 Hoxe damos a benvida aos traballos a Tonecho, veciño de Esmelle que se incorporou nesta xornada.
Ademáis traballamos Carneiro, Lolo, Victor, Paulino, Julita, Carmen, Olga, Miguel Santiago, Miguel Parra, Lorenzo e Rafa.
No muiño da lavandeira case rematamos o cintado exterior e xa empezamos co interior.
E no muíño do Ferreiro case rematamos de picar as paredes interiores e máis fixemos unha limpeza e desescombro de materiais.
O venres imos cear e o domingo volvemos. |
|
|
|
RUTA DOS MUIÑOS DE ESMELLE |
|
 Hoxe Lorenzo, Sabín, Lolo e Rafa colocamos as sinais de madeira que faltaban para terminar de sinalizar a Ruta de sendeirismo. A ruta parte do local social de Esmelle e percorre o muíño de Otero, a igrexa, a fonte de Evarista, o muíño da Lavandeira, o lavadoiro e fonte do Conde, o muíño do Santo, o muíño das Salgueiras, o de Varela, o muíño Novo, o de Felipe, o do Ferreiro, o de Serantes, o de Rioxunto, o da Longra, o castro de Esmelle, e de novo o Local Social. En total 6 km de ruta suave que tardaremos unhas 2 horas e media en percorrer.
Só faltan pequenos retoques para que en pouco tempo a inauguremos facendo unha camiñata.
Estades todos invitados.
RFB |
|
|
|
|
|
|
|
|