Recuperación do patrimonio |
|
Proxecto Esmelle
Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza. |
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
MUIÑADA DO 8 DE XUÑO DE '08 |
|
Hoxe rematamos unha nova tempada de traballos, coa satisfación de que estamos a facer ben as cousas, ou polo menos así o creen en Nacións Unidas e na Expo.
Gracias a tódolos voluntarios que durante a tempada asistichedes, sen vós seria imposible
Hoxe fumos; Manel, Carmen, Sabín, Carneiro, Lorenzo, Luco e Rafa, todos o muíño do Ferreiro onde cintamos parede, picamos o suelo e preparamos pedra. O final estrenamos a lareira e tomamos un viño.
Ata setembro non hai muíñadas, dedicaremos o verano a facer rutas guiadas e promocionar o noso val. Ven a velo.
|
|
|
|
MUIÑADA DO 1 DE XUÑO '08 |
|
Tivemos bo tempo e traballamos no muíño do Ferreiro e no de Lavandeira. No primeiro traballamos no cintado das paredes e picando o solo de cemento, e no segundo remataron co cintado interior do muíño.
Asistimos: Sabín, Lolo, Carneiro, Melele, Paulino, Julita, Carmen, Miguel, Miguel Parra, Rafa e Xoán Silvar. |
|
|
|
CAMIÑATA POLOS MUÍÑOS DE ESMELLE |
|
25 persoas percorreron onte os muíños de Esmelle na camiñata organizada polo Clube de montaña de Ferrol e a asociación de veciños ?Valle?.
A ruta de 8 km percorreu o muíño de otero, onde se puido comprobar o seu funcionamento, a igrexa, fonte da evarista, muíño da lavandeira, fonte do conde, muíño das Salgueiras, muíño de Varela, muíño Novo, muíño de Felipe, muíño do Ferreiro, muíño de Rioxunto e castro de Esmelle. As persoas que se achegaron pudieron comprobar o estado dos traballos voluntarios que realizan os veciños da parroquia para recuperar o seu patrimonio etnográfico.
Neste pequeno video verás o funcionamento do muíño de Otero:
|
|
|
|
MUIÑADA DO 18 DE MAIO DE 2008 |
|
 Na xornada de hoxe os voluntarios do proxecto Esmelle remataron de abrir o último tramo da ruta dos muíños na zona dos Currás. Agora xa quedan enlazados pola ribeira do rio os muíños das Salgueiras, Varela, Novo, Felipe e Ferreiro, co que se evita a volta pola estrada principal.
Ademais, remataronse os traballos de cintado interior no Muíño da Lavandeira e continuaronse as labores de picado e limpeza de cemento nas paredes do Muiño do Ferreiro.
Asistimos: Carneiro, Sabín, Lolito, Rafa, Paulino, Julita, Manel, Carmen, Lorenzo, Miguel Parra.
Os vindeiros días de traballo serán o 1 e 8 de xuño (domingos), coma sempre para empezar ás 9.30 horas. |
|
|
|
MUIÑADA DO 11 DE MAIO '08 |
|
 Paulino, Luco, Xoán, Manel, Carmen, Lorenzo, Carneiro, Melele e Rafa traballamos onte nos muíños.
No muiño de lavandeira seguimos a cintar as paredes. E no muíño do Ferreiro dedicamonos a abrir un sendeiro ata os muíños de Felipe e Novo, para así comunicar toda a ruta pola beira do río. Tamén chorreamos as paredes interiores do muíño e lle limpamos o cemento que ten.
Nos vemos o vindeiro domingo. |
|
|
|
|
|
|
|
|