Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.
Despois destes meses de parada obligatoria, recuperamos os traballos voluntarios de coidado ao noso patrimonio.
Os traballos no museo continuan a bo ritmo, coa previsión de poder rematalo este ano.
A primaveira traballou ben e tocounos desbrozar as rutas e o entorno dos muíños.
Continuamos con traballos no museo. Estase a facer a instalación eléctrica, rematando de colocar a pedra no pasillo interior e tamén cintando nas paredes.
Tamén estamos a limpar o entorno dos muíños fontes e lavadoiros. Xa limpamos a ruta dende Xeixido ata o Ferreiro e tamén o Muiño da Lavandeira, Lavadoiro e Fonte do Conde, ademáis da Fonte de Evarista.
Continuamos cos traballos no museo de Esmelle. No interior rematando os conductos eléctricos, colocando os cristais e tratando a madeira.
No exterior rematouse a recollida de augas o camiño de pedra e seguimos a cintar as paredes.