Recuperación do patrimonio |
|
Proxecto Esmelle
Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza. |
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
as Salgueiras |
|
Denominación: Muíño das Salgueiras
Situación: Lugar de Currás
Parroquia: Esmelle
Concello: Ferrol
DATOS XERAIS
Actividade: Hidráulica
Antiguidade: S XVI (Catastro do Marqués da Enseada)
Uso actual: Abandonado
ESTADO
Destrucción por obras: NON
Saqueos: NON
Alteraciones naturais: NON
Outras alteracións: Unha parte do muro de cano e do cubo esta derrubado.
Propiedade: PRIVADA
Clasificación do solo: RÚSTICO
DESCRICIÓN DO BEN
Muíño de forma rectangular feito en pedra de cantería. Tellado a unha auga. Muíño dos denominados ATANDADOS porque pertencía a varias familias que moian en quendas en diferentes días.
SITUACIÓN INICIAL
Inicialmente tanto o muíño como a finca onde se atopa estaban totalmente cubertos por silvas, ameneiros e todo tipo de maleza. Do muíño en si, parte dos muros exteriores están esnaquizados, incluso creceu algún eucalipto entre eles. A cuba esta en bo estado, aínda que o cano ten un muro tirado. Carece de toda a maquinaria interior a excepción do pé e a tapa do muíño, aínda que esta última esta rota.
Non se podía acceder a el.
ACTUACIÓNS REALIZADAS
Mediante a colaboración dos veciños co seu traballo voluntario procedeuse a realizar en un primeiro momento traballos de desbroces e limpeza, para poder acceder o muíño. Limpouse o sendeiro de acceso e o cano da auga. Recolleuse lixo. Colocouse unha sinal de madeira co nome do muíño.
No muíño a actuación máis importante foi a desfeita do tellado de fibrocemento pois había perigo de derrubamento e a limpeza interior e exterior de muros e solo. Reconstruise o muro derrubado polo eucalipto, tellouse con fibrocemento e tella do pais, reconstruíse unha lareira no interior e a súa chimenea, e cintamos as paredes exteriores. O muíño está rematado. |
|
|
|
|