Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

a lavandeira
Denominación: Muíño da lavandeira
Situación: Lugar dos Migués
Parroquia: Esmelle
Concello: Ferrol

DATOS XERAIS
Actividade: Hidráulica
Antiguidade: S XVI (Catastro do Marqués da Enseada)
Uso actual: Abandonado
Cedido no ano 2005 por 10 anos a asociación ?Valle?

ESTADO
Destrucción por obras: NON
Saqueos: NON
Alteraciones naturais: NON
Outras alteracións: NON
Propiedade: PRIVADA
Clasificación do solo: RÚSTICO

DESCRICIÓN DO BEN
Muíño de forma rectangular feito en pedra de cantería. Tellado a unha auga. Muíño dos denominados ATANDADOS porque pertencía a varias familias que moian en quendas en diferentes días. Situase no entorno do lavadoiro e fonte do Conde e do muíño do Santo.

SITUACIÓN INICIAL
Inicialmente o muíño estaba totalmente cuberto por silvas, ameneiros e todo tipo de maleza. Do muíño en si, parte dos muros exteriores están esnaquizados (encima da porta). A cuba e o cano están en bo estado pero cheos de terra. Carece de toda a maquinaria interior. Non se podía acceder a el.

ACTUACIÓNS REALIZADAS
Mediante a colaboración dos veciños co seu traballo voluntario estase a realizar traballos de desbroces e limpeza, para poder acceder o muíño. Limpouse o sendeiro de acceso, a cuba e o cano da auga, así como o terreo entre o muíño e o lavadoiro da fonte do Conde. Recolleuse lixo.
Colocouse unha sinal rústica de madeira de castaño co nome do muíño.
Descubreuse un cano de canteria duns 25 metros.
Reconstruíuse o cubo a parede frontal, e o tellado con tella do pais. Agora estase a cintar as paredes exteriores do muíño.
novembro 2004
novembro 2004
 


 


 


 


 


 


 


 


 


 

1 [2]

© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0