Recuperación do patrimonio |
|
Proxecto Esmelle
Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza. |
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
fonte da Evarista |
|
Denominación: Fonte da Evarista
Situación: Lugar da Carreira
Parroquia: Esmelle
Concello: Ferrol
DATOS XERAIS
Actividade: Hidráulica
Antiguidade: descoñecida
Uso actual: Orixinario.
Autorización á asociación de veciños ?Valle de Esmelle?. Para a súa limpeza.
ESTADO
Destrucción por obras: NON
Saqueos: NON
Alteraciones naturais: NON
Outras alteracións: NON
Propiedade: PRIVADA
Clasificación do solo: URBANO
DESCRICIÓN DO BEN
Fonte de cantería cun lavadoiro dos mesmos materiais. E unha fonte de mina que abastece o lavadoiro. O manancial atopase uns metros detrás da fonte. A auga nace nos túneles existentes e a través dun cano de cantería abastece á fonte.
SITUACIÓN INICIAL
Inicialmente o lavadoiro e parte da fonte atopábanse completamente soterrados. O cano que abastecía de auga a fonte dende os túneles onde nace a auga estaba obturado. Non hai muros de contención para evitar desprendementos, xa que a estrada está un metros máis alta que o pé da fonte e o lavadoiro.
ACTUACIÓNS REALIZADAS
Mediante a colaboración dos veciños co seu traballo voluntario procedeuse a realizar o desenterramento da fonte e o lavadoiro. Así mesmo déuselle saída a auga sobrante do lavadoiro, pois obras posteriores na estrada eliminaran a ataxea de desaugue.
Traballouse na limpeza e mantemento do manancial, limpando ámbolos túneles de restos de lixo e silvas. O chan do manancial cubriuse de seixo para favorecer a acumulación de auga. Fíxoselle tamén unha varanda provisional de paos, como protección.
Co coche impulsor desatascouse o cano de cantería que abastece de auga a fonte e o lavadoiro.
En setembro de 2005 formouse un Taller de recuperación etnográfica, onde 4 rapaces da parroquia aprenden a traballar a pedra.
No ano 2006 terminanse os traballos de restauración da fonte e a principios do 2007 faise un muro de pedra para protexer os túneles do manantial.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|

|
|
1 Comentario(s) |
|
|

|
|
1 Comentario(s) |
|
|
|
|
|