Recuperación do patrimonio |
|
Proxecto Esmelle
Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza. |
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
o Ferreiro |
|
Denominación: Muíño do Ferreiro
Situación:Lugar de Currás
Parroquia: Esmelle
Concello: Ferrol
DATOS XERAIS
Actividade: Hidráulica
Antiguidade: S XVI(Catastro do Marqués da Enseada)
Uso actual: Abandonado. Cedido a avv valle por un periodo de 10 anos
ESTADO
Destrucción por obras: NON
Saqueos: NON
Alteraciones naturais: NON
Outras alteracións: Unha parte do tellado esta derrubado e ten un muro de ladrillo cando o resto e pedra
Propiedade: PRIVADA
Clasificación do solo: RÚSTICO
DESCRICIÓN DO BEN
Muíño de gran tamaño con tellado a dúas augas. Muiño industrial con dúas plantas de traballo e un muíño eléctrico posterior para os meses secos. Consta de 3 habitaculos. Un porche ou entrada onde se deixaban os animais. Outra estancia cun lavadoiro que aproveita a auga que entra polo cano e que servia de vivenda, e unha terceira estancia que é o muíño en si e que dispón dunha lareira. E o muíño mais grande que existe no val de Esmelle e un dos que conserva mellor a súa maquinaria.
SITUACIÓN INICIAL
Inicialmente parte do tellado das estancias complementarias ó muíño estaba derrubado. Os muros deteriorado polo efecto da choiva presentaban sintomas de derrubarse nalgunhas zonas. As paredes son de pedra ainda que presentan zonas lucidas con cemento. Non hai fiestras nin porta exterior. Os solos son de terra. A maquinaria conservase en bó estado.Se accede a el a través dunha ponte de pedra.
ACTUACIÓNS REALIZADAS
Mediante a colaboración dos veciños co seu traballo voluntario procedeuse a realizar en un primeiro momento traballos de desbroces e limpeza, para poder acceder o muíño. Limpouse todo o entorno.Recolleuse lixo. No muíño a actuación máis importante foi desfeita do tellado de fibrocemento pois había perigo de derrubamento e a limpeza interior e exterior de muros e solo. Reconstruise o tellado completo das 3 dependencias con madeira machenbrada cara vista con puntais, la de roca e chapas de fibrocemento, apoiado sobre os muros en lousas, todo o redor do muíño. Reconstruiuse a lareira e forrouse de pedra pois era de cemento, fixeronse os ferros das fiestras e a porta principal. Na actualidade estase a picar o cemento para deixar a pedra á vista e desencombro dos restos. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|

|
|
6 Comentario(s) |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|