Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avv@valledeesmelle.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

muíño de Otero
Denominación: Muíño de Otero
Situación: Lugar da Igrexa
Parroquia: Esmelle
Concello: Ferrol

DATOS XERAIS
Actividade: Hidráulica
Antiguidade: S. XVI (Catastro do Marqués da Enseada)
Uso actual:
Cedido o Concello de Ferrol por un período de 15 anos para poñelo a funcionar servindo de museo.

ESTADO INICIAL
Destrucción por obras: NON
Saqueos: NON
Alteraciones naturais: O cubo do muíño atopase alterado polos cepos de 3 ameneiros incrustados nos muros.
Outras alteracións: NON
Propiedade: PRIVADA
Clasificación do solo: RÚSTICO

DESCRICIÓN DO BEN
Muíño de forma rectangular feito en pedra de cantería.

SITUACIÓN INICIAL
Inicialmente tanto o muíño como a finca onde se atopa estaban totalmente cubertos por silvas, ameneiros e todo tipo de maleza.
Do muíño en si, so atopamos en bo estado os muros exteriores e a cuba. Carece de toda a maquinaria interior a excepción do pé e a tapa do muíño, aínda que esta última esta rota.
A finca estaba en estado de total abandono. Levaba bastantes anos sen limparse. Non se vía o discorrer do río.

ACTUACIÓNS REALIZADAS
Mediante a colaboración dos veciños co seu traballo voluntario procedeuse a realizar en un primeiro momento traballos de desbroces e limpeza, ata conseguir o estado actual. Recolléronse grandes cantidades de lixo (televisores, calentadores, rodas, bicicletas vellas, plásticos, latas, botellas, etc) así como escombro de obra.
Limpáronse as ribeiras do río para favorecer o bosque de ribeira.
No muíño en sí, a actuación máis importante foi a recuperación do seu tellado con aguieiros de pino e tella do pais. Os traballos realizáronse por veciños de Esmelle sen custo de man de obra. Procedeuse á consolidación dos muros exteriores.
Colocouse unha sinal rústica de madeira de castaño co nome do muíño.
Unha vez cedido ó concello (AGOSTO 2005) contratouse a primeira fase das obras que comezaron a realizarse en XANEIRO DE 2006. Constan do cintado interior e exterior do muíño e restauración do cubo. Posteriormente contratouse a segunda fase que é a posta en funcionamento. Na actualidade faltan pequenos detalles para poñelo a funcionar.
Dende o mes de decembro hai unha estatua do mago Merlín que da nome o camiño. Foi inaugurada polas autoridades locais.
Novembro 2004
Novembro 2004
 


 


 


 


 


 


 


 


 
Decembro 2006
Decembro 2006

© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia