Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Concello edita 500 unidades didácticas para divulgar o Proxecto Esmelle
DIARIO DE FERROL
26/03/2009

REDACCIÓN > FERROL

O Concello de Ferrol elaborou un novo material didáctico en colaboración coa Asociación de Veciños Val de Esmelle co obxectivo de dar a coñecer o labor desenvolvido por este colectivo para a recuperación do patrimonio etnográfico da zona, que se centrou nos muíños de auga e a canle do río. A presentación do mesmo tivo lugar na mañá de onte e nela estaban presentes a edila de Educación, Mercedes Carbajales; un dos responsables do Proxecto Esmelle, Manuel Lorenzo, e a autora do material, Fátima Ferreiro Golpe.

Trátase dunha unidade que pretende servir de guía para coñecer en profundidade o patrimonio cultural e ser un xeito de entender o presente e a importancia do auga no medio natural e na vida humana. Pero a súa intención é, sobre todo, poñer de manifesto o traballo da entidade vecinal.

De momento o concello editou 500 exemplares do novo material escolar, que serán repartidos polos diferentes centros educativos da cidade, pero tamén chegarán a outras organizacións como asociacións de veciños ou as oficinas de turismo ubicadas en Ferrol.

Ademais, Mercedes Carbajales avanzou a intención, tanto do goberno local como dos promotores do Proxecto Esmelle, de ofertar visitas guiadas tanto aos colexios e institutos da cidade como a calquera grupo interesado en coñecer o proxecto de primeira man, xa que os propios veciños serían os guías de devanditos encontros.

Comentarios (0) - Categoría: prensa - Publicado o 26-03-2009 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0