Hoxe traballamos en 3 lugares do noso Val. Por un lado continuamos cos traballos nos 2 muíños habituais este ano, o de Lavandeira e o do Ferreiro. No primeiro continuouse coa rehabilitación dun muro e no segundo co cintado interior das paredes.
Ademáis, comezamos a limpar o Muíño Vello e cambiamos as sinais de sendeirismo á beira do rio, pois a ruta e moito máis bonita.
Asistimos: Andrés, Basi, Miguel Parra, Manel, Carmen, Tino, Lorenzo, Paulino, Julita, Rafa. Carneiro, Moncho, Angel e Melele. |