Hoxe estamos contentos. Despois de saber que para Nacións Unidas somos "Good", que Vicepresidencia da Xunta de Galicia dounos unha mención honorífica, recibimos a maravillosa noticia de que o noso Concello nos concede a Insignia de Ouro da Cidade. Para nós é todo un orgullo saber que o noso traballo e recoñecido polas institucións, e ademáis nos serve de alento para seguir traballando.
E falando diso, hoxe fomos a traballar, facía moito frio, o día que maís frio fixo dos traballados este ano, pero inda así fixemos cousas.
Puxemos un panel da ruta da "Poza da Lagoa" que inauguraremos o xoves. Traballamos nos muíños de Mougá e Ferreiro, e Andrés, o noso Carpinteiro voluntario fixo a porta do muíño de Mougá.
Hoxe eramos Paulino, Manel, Carmen, Tino, JR, Moncho, Angel, Lolito, Carneiro, Lorenzo, Rafa, Sabín e Andrés.
O domingo máis. |