Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O CONCELLO CONCEDE A INSIGNIA DE OURO DA CIDADE AO PROXECTO ESMELLE
Gabinete de comunicación - Alcaldía 11-12-2008

O Concello nomeará Ferrolán do Ano ao director xeral de Caixanova, José Luis Pego Alonso
?
O proxecto de recuperación e posta en valor do patrimonio histórico de Esmelle recibirá a Insignia de Ouro da cidade?

O pleno da corporación deberá agora ratificar unha decisión que acordaba a Xunta de Voceiros por unanimidade

Ferrol, 11 de decembro de 2008.-


...................

Insignia de Ouro

Respecto da Insignia de Ouro, o Concello concédeas como recoñecemento público das persoas ou entidades que durante o tempo viñeron desenvolvendo unha actividade altruísta en favor dos demáis ou que teñen un labor ou mérito merecente de premio pola súa utilidade pública e social.

Este ano, a Insignia de Ouro do Concello de Ferrol será imposta ao ?Proxecto Esmelle?, un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial desta parroquia ferrolá posto en marcha no ano 2003 pola Asociación de Veciños ?Val de Esmelle?. O obxectivo pasa por recuperar o patrimonio e dotalo de determinados servizos cara ao turismo, pero sempre respectando a súa arquitectura e a función primitiva.

O Proxecto Esmelle desenvolve xornadas de traballo de rehabilitación e limpeza de xeito voluntario dous domingos ao mes, nos que participan voluntarios, todos eles veciños, e contando co asesoramento de técnicos. Así, durante o último ano traballouse na recuperación dos muíños de Otero, Ferreiro, Lavandeira e Mougá; na sinalización de varias rutas de sendeirismo, e en tarefas de mantemento xeral.

Dende o seu nacemento, o Proxecto Esmelle leva recibido numerosos premios e recoñecementos, entre eles a práctica catalogada como Good no VII Concurso Internacional de Boas Prácticas das Nacións Unidas ou a mención honorífica nos premios Solidariedade da Vicepresidencia da Xunta de Galicia.


Comentarios (0) - Categoría: Premios - Publicado o 11-12-2008 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0