Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MOTIVO DE ORGULLO
Entre os días 4 e 7 de Agosto asistimos na Exposición Universal de Zaragoza á Tribuna da auga, concretamente á Semana Temática "Auga e Sociedade".

Este foro trata de recompilar o coñecemento universal para contribuír a reorientar e mellorar os modelos e sistemas vixentes en materia de auga e desenvolvemento sostible.

Expertos de todas as partes do mundo, técnicos, universitarios, autoridades, xornalistas, axentes sociais, ONGs, empresarios, políticos, etc. dialogamos para intentar buscar solucións e achegar ideas que se recollan na Carta de Zaragoza, que pretende ser o documento guía que estableza as pautas dunha nova cultura en materia de auga e desenvolvemento sostible, non só para diagnosticar o problema, senón que achegue solucións ao desenvolvemento da política mundial da auga nos próximos anos.

Nestes días nos que falamos de auga e sociedade, quedou patente de xeito claro que ademais da importancia da comunicación e a educación, a participación cidadá é clave para resolver os problemas actuais da auga. Pequenos proxectos como o noso axudan a concienciar ás persoas da importancia de conservar os recursos naturais, porque se realizan baseándose nun modelo de xestión e desenvolvemento que vai desde abaixo cara arriba, isto é, desde os propios cidadáns cara ás institucións. Recuperar o patrimonio e a cultura da auga, así como tradicións pasadas que axuden a comprender como os nosos antepasados usaban os recursos naturais de forma ordenada, é clave para facer comprender que a auga é un ben prezado, que non se valora na súa xusta medida porque en países como o noso disponse del con facilidade. É necesario espertar sentimento na cidadanía, para que defendan os recursos naturais como propios.

Non será suficiente só coas decisións políticas dos grandes organismos mundiais, será igualmente importante que as asociacións máis próximas fagamos de interlocutores para implicar á cidadanía, para unirnos na procura do respecto do que a natureza dános, e que isto non sexa motivo de enfrontamento entre os pobos.

Este novo cambio de mentalidade vén provocado sobre todo pola aceptación de que estamos ante un cambio climático, ao que hai que buscarlle solucións urxentes e estas pasan por unha nova cultura que renove o valor social, espiritual e económico da auga, en definitiva, que actualice a antiga cultura da auga dos nosos antepasados.

Por todo isto, para o Proxecto Esmelle, para os voluntarios e para Ferrol en xeral debe ser MOTIVO DE ORGULLO, que participemos neste foro que será referente mundial nos próximos anos en política de auga e desenvolvemento sostible, xunto a grandes expertos de diversos países do mundo.

Proxecto Esmelle
Asociación de veciños Val de Esmelle
Comentarios (0) - Categoría: prensa - Publicado o 08-08-2008 01:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0