CARMUCHA
...Na festa, o día antes de San Xoán facíase a luminaria, adornábanse as eiras con espadana, con flores de San Xoán, póñanse ramos nas véntanas, na porta- E despois, esa noite de San Xoán facíase a luminaria cada un na súa casa ou cos veciños no medio do camiño, alí se facía. E esa noite, a noite de San Xoán, despois das doce da noite, es contábano miña madre que eu deso non me acordo.
Poñían un vaso con auga e abrían un ovo e póñano na véntana, e o ovo traballaba durante a noite e entonces pola mañá ían a mirar e vían si, por exemplo, había un barco, pois o marido daquela muller ía a ser mariño ou mercante. Si por exemplo, saía un arado, era un labrador. Si saía un coche, pois sería un mecánico, elas facían iso.
A auga coas herbas si, unha tiña grande enchíase de auga e botabas Reina Luísa, flor de san Xoán, romeu, malvas de olor, e pola mañá con aquela auga lavábase a xente.
Si, o orballo era para as persoas que tiñan cousa da piei, sarna o cousas desas. Eu téñolles oído que si ían á noite de San Xoán, íanse arrolar ao prado, despois das doce da noite, íanse arrolar aos prados e se coñece que ese frío do rocío mataba ese microbio que estaba afectando a piei.
CARMEN DE PEPA
...E cando se collía o maínzo, esfollábamos maínzo, escollíanola folla máis bonita para mudar os xergóns para a véspera de San Xoán. Mudábanse as camas das pulgas, enchíamos aqueles xergóns de folla, porque a folla desfollábamola na cociña polas noites.
....cando viña San Xoán, que non se lavaba máis que o día de San Xoán, os días aqueles lavábanse as mantas, as poucas que había, lavábanse os xergóns e algunhas persoas lavaban as follas porque non tiñan maínzo, e lavaban as do ano pasado.
CESAREO
Ah, si, poñiamos espadana nos tellados, enriba das portas, e por onde se pasaba. Póñase herba revellida,
CARMEN E BERNARDINO
Adornábase, póñase espadana polo suelo diante da casa, póñase a Reina Luísa polos tellados, amarrada, e romeu, malva de olor. E collían unha tiña de auga botábase herba de San Xoán, reina Luísa e romeu para lavarse ó outro día pola mañá. Deixábase fora. |