Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CARTA ABERTA OS VECIÑOS....
Querido veciño:
Un ano máis, e xa son tres, imos iniciar unha nova campaña de traballos voluntarios de limpeza e recuperación do noso patrimonio. Como sabes, o noso Proxecto Esmelle recolleu o pasado mes de febreiro un accésit do Premio AGADER ó embelecemento rural galego, sen dúbida un gran recoñecemento o labor que estades desenvolvendo, e un gran exemplo para o movemento social de Galicia, según palabras do propio Conselleiro do medio rural.
Este premio, a parte de recoñecer o proxecto en sí, fai especial fincape no feito que os traballos se realicen polos propios veciños da zona, o que lle da unha especial relevancia, xa que, proxectos de recuperación de muíños en Galicia hai moitos, promovidos por Concellos ou Deputacións, pero recuperados polos propios veciños só o noso.
Por iso, queremos que esta tempada que comezamos con ilusións renovadas, te xuntes a nós co teu esforzo e apoies esta iniciativa que fundamentalmente pretende recuperar un patrimonio olvidado e abandonado, un patrimonio que noutros tempos era o eixo do sustento das familias de Esmelle e que debemos manter vivo, para que non desapareza unha parte da nosa historia.
Sabemos que nos comezos deste proxecto houbo dúbidas con respecto ás nosas pretensións. Creo que os nosos actos nos avalan e hoxe se pode afirmar que unha parte dos nosos obxectivos se cumpren, gracias sobre todo, á que os propietarios confiaron en nós, e a que cumprimos cos nosos acordos.
Para rematar queremos convocaros a unha xuntanza no local social de Esmelle o vindeiro día 29 de setembro as 20.00 horas co fin de programar os traballos desta tempada.
Comentarios (0) - Categoría: fins - Publicado o 13-09-2006 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia