 O día 4 de novembro de 1966 xuntanse na tenda da Paloma os vecinos da Castiñeira e do Cha da Mariña e deciden facer unha estrada que una o Cha coa praia a través da Castiñeira. A fórmula deseñada para costear a súa construcción será por prestacións persoais e con axudas do Concello, na que daquela era concelleiro Victoriano Rodriguez que prometeu todo o seu apoio.
Para xestionar e coordinar os traballos nomeouse unha comisión de veciños:
PRESIDENTE: Victoriano Rodríguez Barros
SECRETARIO: Manuel Lorenzo Ramos
VOCAIS: Higinio González López, Angel Díaz Lorenzo e Manuel Otero Díaz.
Os oito vecinos da Castiñeira tamén acordaron de forma voluntaria pagar unha cota mensual de 100 pesetas.
Traballaríase os domingos pola mañá.
As xestións co Concello diron resultado, xa que aportou a maquinaria necesaria (palas, camións, etc...) e os veciños pagaron aos conductores e manipuladores, así como o material necesario da canteira. Ademais, da oficina de Extensión Agraria conseguiuse unha axuda de 70000 pesetas que se pagaron en 2 anos (25000 no ano 68 e 45000 no ano 69).
As obras duraron dende o 6 de novembro de 1966 ata o 13 de agosto de 1969, e se traballou todos os domingos cunha media de 10 / 12 persoas. Para traballar na entrada da Castiñeira foi necesario utilizar voladuras con dinamita, para o que se necesitou un compresor que cedeu o Estado durante as vacacións do ano 67, na que se traballou 9 tardes. As voladuras realizounas un técnico das canteiras próximas.
Para realizar as obras necesitouse que os donos das fincas colindantes co antigo camiño cederan o terreo para darlle o ancho necesario. O principio as xestións foron dificiles porque había desconfianza en que a obra non se rematara, pero a medida que se avanzaba as cousas melloraron.
Recaudaronse 101272 pesetas, das que 14000 pesetas as aportaron os veciños, 17272 foron donativos varios e 70000 pesetas de Extensión Agraria. Estes cartos emplearonse en pagarlle os conductores, manipuladores, algúns xornais e ferramentas.
En resume, podemos afirmar que se traballaron 156 días.
Rematada a obra fíxose a inauguración o 27 de agosto de 1969, cunha comida no monte á sombra dos piñeiros. Degustouse empanada, sardiñas, viño, etc... todo amenizado por un grupo de gaitas. Participaron todos os veciños e as autoridades (O alcalde, os concelleiros e colaboradores).
Sirvan estas liñas de recoñecemento a todos os que co seu traballo e esforzo fixeron un deseo realidade, e así poder vivir mellor.
Extraído da Revista "Festas patronais Esmelle 97"
Autor: Manuel Lorenzo Ramos |